Auxilium Pallacanestro Torino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Auxilium Torino
PalaRuffini di Torino 1.jpg
Información xeral
Fundación 1974
Desaparición 28 de xuño de 2019
Cores                Amarelo, branco, azul
Presidente Italia Antonio Forni (último)
Localización
Cidade Italia Turín, Italia
Pavillón PalaRuffini
Capacidade 4 500
Inauguración 1961
Campionatos
Copa 1 (2018)
auxiliumcustorino.com

O Auxilium Pallacanestro Torino foi un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Turín, Piemonte. Fundado en 1974, tras compitir na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino, declarou a bancarrota e a súa disolución o 28 de xuño de 2019. O seu maior éxito a nivel deportivo foi o subcampionato da Copa Korać en 1976 tras perder coa Jugoplastika Split na final. O equipo foi sucedido polo Basket Torino.

Historia[editar | editar a fonte]

O Auxilium Pallacanestro Torino nace en 1974 a partir da fusión do Auxilium Agnelli Torino, club de baloncesto do Oratorio Salesiano Agnelli fundado por Don Gino Borgogno en 1996, o cal militaba na Serie A2, coa Libertas Pallacanestro Asti, club fundado en 1954, o cal en 1974 renuncia a súa inscrición na Serie A para participar na Seire A2. Competindo desde o seu primeiro ano na máxima categoría italiana, en 1976 consegue o seu maior éxito ao chegar a disputar a final da Copa Korać, caendo ante a Jugoplastika Split na final por 97-84 e 82-82.[1]

A súa última temporada na Serie A disputouna en 1993, acabando último da clasificación e descendendo á serie A2. Na categoría de prata xogou dúas temporadas, até que en 1995 decide renunciar á praza e autodescenderse á Serie B d'Eccellenza. No ano 2007 o equipo desaparece. Con todo, no ano 2015 a sociedade faise cos dereitos do PMS Torino, equipo creado en 2011 para traer de volta o baloncesto de elite na cidade, volvendo a competir na Serie A. O 10 de maio de 2019, o Consello Nacional quitou oito puntos ao Torino debido a irregularidades financeiras. En consecuencia, o equipo perdeu a categoría descendendo á Serie A2 tras acabar en último lugar. Porén, o 28 de xuño o club anuncia a súa disolución. Tras a desaparición do equipo, foi fundado o Basket Torino como equipo sucesor.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Saclà Torino (1974–1975)
  • Chinamartini Torino (1975–1979)
  • Grimaldi Torino (1979–1981)
  • Berloni Torino (1981–1987)
  • San Benedetto Torino (1987–1988)
  • Ipifim Torino (1988–1990)
  • Auxilium Torino (1990–1991)
  • Robe di Kappa (1991–1993)
  • Francorosso (1993–1995)
  • Kappa (1995–1998)
  • Caffarel (1998–1999)
  • Auxilium Torino (1999–2002)
  • Iscot Auxilium (2002–2008)
  • Manital Torino (2015–2016)
  • Fiat Torino (2016–2019)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións europeas[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copa Korać: Palmarés". Lingua Sport (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]