Dorell Wright
![]() | |
Lokomotiv Kuban – No. 3 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1985 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | Leuzinger (Lawndale, California) South Kent School (Connecticut) |
NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 19 Por Miami Heat |
Carreira | 2004−presente |
Historial de equipos | |
Miami Heat (2004−2010) → Florida Flame (2006) Golden State Warriors (2010−2012) Philadelphia 76ers (2012−2013) Portland Trail Blazers (2013−2015) Beikong Fly Dragons (2015−2016) Miami Heat (2016) Igokea (2017) Brose Bamberg (2017−2018) Lokomotiv Kuban (2018−presente) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2006) |
Dorell Lawrence Wright, nado nos Ánxeles (California) o 2 de decembro de 1985, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Lokomotiv Kuban da VTB United League.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Wright foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Miami Heat. Entrou na NBA directamente dende o instituto, tras acadar 29.4 puntos, 14 rebotes e 5 tapóns por partido no South Kent School en Connecticut.
En 2006, Wright foi o membro dos Heat máis novo no equipo que gañou o primeiro campionato da NBA para Miami. O 21 de agosto de 2008, Wright asinou un novo contrato cos Heat[1].
Wright asinou cos Golden State Warriors o 13 de xullo de 2010[2]. O 27 de novembro de 2010, Wright anotou 9 triplas, a marca máis alta da franquía, superando a marca de Jason Richardson, con 8 triplas o 29 de marzo de 2007[3].
O 9 de febreiro de 2011, Wright foi seleccionado para participar no concurso de triplas do NBA All-Star Weekend de 2011 en Los Angeles[4]. Ao remate da tempada 2010-11, Wright rematou 3º na votación polo xogador máis mellorado da NBA, detrás de LaMarcus Aldridge e Kevin Love.
O 11 de xullo de 2012, Wright foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos. O 10 de xuño de 2013, asinou un contrato cos Portland Trail Blazers.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Heat re-sign Wright
- ↑ Warriors Sign Free Agent Forward Dorell Wright
- ↑ "Wright's 9 3s lift Warriors over Timberwolves". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 27 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2010. Consultado o 28 de novembro de 2010.
- ↑ http://www.nba.com/warriors/news/dorell_wright_three_point_shootout.html
- ↑ "Trail Blazers Sign Dorell Wright". NBA.com. 10 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados nos Ánxeles
- Nados en 1985
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Alas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores do KK Igokea
- Xogadores do Brose Baskets
- Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban