Saltar ao contido

Biscaia

(Redirección desde «Provincia de Biscaia»)
Biscaia
 Nome orixinal
   Bizkaia (eu)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Bizkaia (eu)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua usada
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.160.133 (2024)
1.140.662 (2018)
1.144.214 (2014)
1.122.180 (2001)
1.120.591 (2002)
160.579 (1857)
311.361 (1900)
349.923 (1910)
409.550 (1920)
485.205 (1930)
511.135 (1940)
569.188 (1950)
754.383 (1960)
1.043.310 (1970)
1.181.401 (1981)
1.156.245 (1991)
1.140.026 (1996)
1.119.849 (2003)
1.119.697 (2004)
1.122.410 (2005)
1.127.291 (2006)
1.137.948 (2007)
1.144.424 (2008)
1.151.125 (2009)
1.151.708 (2010)
1.152.406 (2011)
1.154.134 (2012)
1.150.792 (2013)
1.141.442 (2015)
1.138.852 (2016)
1.139.426 (2017)
1.142.853 (2019)
1.149.044 (2020)
1.144.123 (2021)
1.139.209 (2022)
1.144.019 (2023)
1.132.729 (2000)
1.137.418 (1999)
1.137.594 (1998) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.217 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   1.481 m Gorbeia Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
Códigos e identificadores
Código postal48 Editar o valor en Wikidata
Código INE48 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap349034 Editar o valor en Wikidata
VIAF143051698 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01bcb2 Editar o valor en Wikidata
NUTSES213 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX4575392
Wikidata G:Commons C:Commons

Biscaia[1][2] (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao golfo de Biscaia e sitúase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa provincia de Guipúscoa e ao oeste con Cantabria. A súa capital é Bilbao.

A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo Biscaia ten unha etimoloxía discutida. Para algúns significa cima, e sería un sinónimo da actual palabra vasca bizkar 'touticeira'.[3] No ano 1141 en referencia á cima do monte Igeldo de Donostia, aparece inscrito o seguinte topónimo: Iheldo Bizchaya (cima de Igeldo); tamén en Navarra, hai unha comarca denominada "A Biscaia", que pode significar "A cima". Propuxéronse tamén outras etimoloxías, como bits-kaia (porto de espuma), menos probables.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo INE 2007, Biscaia tiña 1 141 457 habitantes (denominados "biscaíños") e a súa densidade de poboación era de 514,1 hab/km, só superada por Madrid e Barcelona. Quinta provincia española por poboación en 1981, a pesar da crise demográfica que vén sufrindo desde a Transición é aínda a novena provincia española en número de habitantes. Debido a que desde principios dos 80 presentou un forte saldo migratorio negativo cara a outras rexións de España, contaba no 2005 tan só cun 3,19% de estranxeiros, cinco puntos e medio menos que a media nacional.

Concellos máis poboados
(2010)[4]
Posición Concello Poboación
Bilbao353.187
Barakaldo99.321
Getxo80.277
Portugalete47.856
Santurtzi47.004
Basauri42.452
Leioa29.217
Sestao29.224
Galdakao29.254
10ªDurango28.261
11ªErandio24.294
12ªAmorebieta-Etxano17.969
13ªBermeo17.026
14ªMungia16.527
15ªGernika-Lumo16.295
Museo Guggenheim de Bilbao
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para biscaíño.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
  3. Auñamendi Eusko Entziklopedia - Etimoloxía
  4. Fonte: INE Instituto Nacional de Estadística (01-01-2010). Real Decreto 2124/2008, do 26 de decembro Arquivado 01 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.