Artea
Artea | ||
---|---|---|
![]() | ||
Localización | ||
País | España | |
Comunidade Autónoma | Comunidade Autónoma Vasca | |
Provincia | Biscaia | |
Xeografía | ||
Altitude | 130 msnm | |
Superficie | 12,4 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 675 hab. (2006) | |
Densidade | 54,68 hab./km² | |
Xentilicio | Arteagar | |
Outros datos | ||
Código postal | 48142 | |
Alcalde | Alberto Etxebarria Gurtubai (PNV) |
Artea (antes chamado oficialmente Castillo y Elejabeitia; usándose en éuscaro os nomes de Gaztelu-Elexabeitia e Arteaga) é un municipio do val de Arratia, na provincia de Biscaia, País Vasco (España).
Patrimonio[editar | editar a fonte]
En Artea atópase a pequena igrexa parroquial de San Miguel, de planta rectangular simple. Foi edificada a principios do século XVI e completada nos cen anos sucesivos con distintos elementos de carpintería de armar de certo interese: o coro tallado de celosía (1540 ca.), o teitume aparente de pares con almizate plano (1600 ca.) e a torre de campás, armada en 1621, deformada por Basterra en 1923 e completamente restaurada co resto do edificio en 1990. Dispón dun pórtico perimétrico envolvente que inclúe unha capela aberta e zona destinada a cemiterio ao redor da cabeceira.