Saltar ao contido

Igeldo

Igeldo
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Cordilleira
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   1.051 Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   413 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal20008 Editar o valor en Wikidata
Código INE20069000300 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap13973273 Editar o valor en Wikidata
VIAF316430809 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0zrsq2l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX460729
Wikidata C:Commons
Igeldo

Igeldo é un barrio da cidade de Donostia, en Guipúscoa, situado no oeste do concello, no macizo montañoso do mesmo nome. Tiña unha poboación de 1.105 habitantes en 2013.

Está formado por un pequeno casco urbano de carácter rural e unha ampla zona de poboación dispersa repartida en casarías e chalés. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste co concello de Orio, ao sur co concello de Usurbil e ao leste cos barrios donostiarras de Antigua e Ibaeta.

En decembro de 2013, despois de anos de movemento veciñal a prol da secesión, separouse de Donostia constituíndo o concello número 89 de Guipúscoa.[1] O 12 de febreiro de 2014 o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco anulou de forma cautelar o decreto de desconexión, polo que volveu converterse nun barrio da cidade donostiarra.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]