Zeanuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Zeanuri.

A elizate de Zeanuri é un concello da provincia de Biscaia, no País Vasco, que posúe unha área de 67 km² cunha poboación de 1242 habitantes (2004).

Pertence á comarca de Arratia-Nervión e limita polo nordeste con Dima, polo noroeste con Areatza, polo sur con Uribe e Zigoitia e polo oeste con Orozko.

Topónimo[editar | editar a fonte]

No nome aparece a palabra uri, que no dialecto occidental do éuscaro significa vila, pobo, cidade. Esta palabra adoita aparecer combinada con nomes propios ou nomes comúns para formar topónimos en Biscaia, Áraba e tamén na Rioxa. Así Basauri significa vila do bosque, Uribarri é vila nova ou Otxanduri, vila de Otxanda.

No caso de Zeanuri trataríase de vila de Cean; mais o primeiro termo do topónimo é descoñecido xa que non se corresponde con ningunha palabra do éuscaro nin con ningún nome propio recoñecible actualmente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]