Pomba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Pomba
Rango fósil: Mioceno – Actualidade
Columba livia voando
Columba livia voando
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Illiger, 1811
Distribución xeográfica da familia Columbidae

Distribución xeográfica da familia Columbidae
Subfamilias

Baixo o nome común de pomba (Columbidae) coñécense múltiplas especies de aves, todas elas agrupadas na subfamilia Columbinae.

A especie máis coñecida é a pomba brava (Columba livia) que deu orixe ás diferentes razas de pombas domésticas que se ven en cidades e vilas de todo o mundo. Quizais a característica máis sorprendente deste animal é a súa capacidade para volver ó seu niño desde os lugares máis remotos. Por iso, o ser humano empregouna para enviar mensaxes. A estas Pombas chámaselles pombas mensaxeiras e constituíu un eficaz medio de comunicación antes de que se inventara o teléfono ou o telégrafo.

Esta ave sóubose adaptar ó contorno urbano ata tal punto que se converteu nun tremendo problema en cidades como Venecia ou Santiago de Compostela, onde tiveron que tomar medidas porque a corrosión provocada polas defecacións deste animal están deteriorando gravemente o patrimonio artístico e arquitectónico da dita cidade.

Simbolismo[editar | editar a fonte]

O Porto (Portugal).

A pomba é tamén un animal con significado simbólico. Na Biblia relátase que Noé deixou ir unha pomba desde a arca despois do Diluvio para intentar encontrar terra firme e que esta regresou cunha póla de oliveira no bico. Ademais, no Novo Testamento, o Espírito Santo descende en forma de pomba sobre Xesuscristo no momento en que este é bautizado.

Actualmente, a representación dunha pomba branca cunha póla de oliveira no bico é un símbolo de paz e puridade nas sociedades occidentais.

En política, ós políticos que defenden solucións pacíficas ós problemas cualifícaselles de pomba, mentres que os que avogan por unha actuación agresiva denomínaselles falcóns.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]