Columbiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Columbiformes
Columbiformes

Pomba torcaz (Columba palumbus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Columbimorphae
Orde: Columbiformes
Latham, 1790
Familias

A das Columbiformes (Columbiformes) é unha orde de aves da subclase dos neornites, infraclase dos neognatos, superorde nas neoaves e granorde dos columbimorfos, que inclúe as pombas, rulas e formas afíns, xunto cos extintos dodo (Raphus cucullatus) e solitario de Rodrigues (Pezophaps solitaria).

Inclúe 307 especies actuais e 9 extintas en tempos históricos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1790 polo ornitólogo inglés John Latham, na súa obra A General Synopsis of Birds.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Columbiformes está formado polos elementos do latín científico columb- e -formes, unidos por un -i- epentético para facilitar a pronuncia. O primeiro é a raíz do xénero tipo, Columba. O segundo e un sufixo do latín científico tirado do latín clásico forma, -ae, "forma".[2] Literalmente: "os que teñen forma de pomba".

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo a case totalidade dos autores actuais, a orde é un taxon monotípico, xa que inclúe unha única familia, a dos colúmbidos:[3][4]

Orde Columbiformes Latham, 1790

Controversias taxonómicas[editar | editar a fonte]

A familia dos pteróclidos, anteriormente incluída nesta orde, clasifícase separadamente na orde dos pterocliformes;[1] no entanto, outros autores inclúena na orde dos ciconiiformes.[5]

Por outra parte, algúns autores consieran que a orde comprende tamén a familia dos ráfidos. Pero análises osteolóxicos e xenéticos suxiren que a ex-familia dos Raphidae debe considerarse mellor como unha subfamilia, a dos rafinos (Raphinae).[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Clements, J. F. (2007): The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press.
  2. Columbiformes no Merriam-Webster Unabriged dictionary.
  3. Order Columbiformes. Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional. Consultada o 28 de maio de 2019.
  4. Columbiformes en Dyntaxa.
  5. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2019. 
  6. Anwar Janoo (2005): "Discovery of isolated dodo bones [Raphus cucullatus (L.), Aves, Columbiformes] from Mauritius cave shelters highlights human predation, with a comment on the status of the family Raphidae Wetmore, 1930". Annales de Paléontologie 91: 167–180.
  7. Beth Shapiro, Dean Sibthorpe, Andrew Rambaut, Jeremy Austin, Graham M. Wragg, Olaf R. P., Bininda-Emonds, Patricia, L. M. Lee & Alan Cooper (2002): "Flight of the Dodo". Science 295: 1683.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • S. L. Pereira, K. P. Johnson, D. H. Clayton & A. J. Baker (2007): "Mitochondrial and Nuclear DNA Sequences Support a Cretaceous Origin of Columbiformes and a Dispersal-Driven Radiation in the Paleogene". Systematic Biology 56 (4): 656–672.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]