Cuculiformes
| Cuculiformes | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cuculiformes William Elford Leach 1820 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Cuculiformes | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
As cuculiformes son, segundo a ordenación taxonómica tradicional, unha orde de aves anatomicamente próximas ás psittaciformes. Coma estas teñen dous dedos anteriores e dous posteriores (cigodáctilas), pero as súas patas son menos prénsiles, cunha musculatura diferente. O bico non ten a parte superior móbil e en forma de gancho coma no caso das psittaciformes e tampouco teñen "cera" nas fosas nasais. As cuculiformes son aves de tamaño mediano, de entre 35 e 65 cm. de lonxitude. Sus extremidades presentan dos pares de dedos enfrontados (cigodáctilas).
A orde dividiuse tradicionalmente en tres familias:
- Cuculidae, que inclúe os cucos.
- Opisthocomidae, cunha sóa especie, o hoatzín.
- Musophagidae, composta polos turacos e outras aves relacionadas.
De tódolos xeitos a taxonomía da orde é moi controvertida na actualidade. A clasificación de Sibley-Ahlquist eleva a familia Musophagidae a rango de orde, co nome de Musophagiformes, e a situación do hoatzin, segue a ser enigmática e propúxose incluílo nunha orde propia, a orde Opisthocomiformes.
A familia Cuculidae, que inclúe unhas 140 especies, das que máis de 50 practican o parasitismo reprodutor, é a máis característica da orde. Está composta de aves de tamaño medio e forte dimorfismo sexual. O xénero Crotophaga, da familia Cuculidae constitúe segundo algúns unha familia propia, Crotophagidae.
Sistemática
[editar | editar a fonte]- Familia Opisthocomidae, composta por unha única especie, o Opisthocomus hoazin.
- Familia Cuculidae.
- Subfamilia Cuculinae. xéneros: Cuculus, Geococcyx, Clamator.
- Subfamilia Phaenicophaeinae, con , entre outros xéneros, Coccyzus e Couas.
- Subfamilia Crotophaginae, inclúe os xéneros Crotophaga e Guira.
- Subfamilia Neomorphinae.
- Subfamilia Centropodinae.
- Subfmilia Phaenicophaeinae, xénero Carpococcyx.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuculiformes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista de Alan Peterson (en inglés)
- Clasificación ITIS (en inglés)