Saltar ao contido

Gourinae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gourinae
Gurinos

Goura victoria no zoo de Bristol
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Columbimorphae
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Subfamilia: Gourinae
G. R. Gray, 1840
Especie tipo
Columba cristata
Pallas, 1764
= Goura cristata (Pallas, 1764)
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos gurinos (Gourinae) é unha subfamilia de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos.

A subfamilia comprende unicamente un só xénero, Goura, con catro especies.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Subfamilia

[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita polo naturalista inglés George Robert Gray,[2] na súa obra Genera of Birds (1844–1849).[3]

En canto ao xénero, fora descrito en 1819 polo tamén naturalista inglés James Francis Stephens,[4] na páxina 119 da súa obra General Zoology.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Gourinae está formado sobre a raíz do seu xénero tipo, Goura, coa adición do sufixo do latín científico -ínae, propio das familias dos animais.

Actualmente, segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional, recoñécense as catro species seguintes:[1]

A especie-tipo é Goura cristata, que foi descrita en 1764 por Peter Simon Pallas co nome de Columba cristata.[5][6]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Resultados de estudos filoxenéticos indican que Raphus e Pezophaps pertencen ao clado Gourinae, resultado similar ao que se desprende das análises moleculares. As diferenzas entre os resultados actuais e estes son probabelmente debidos a caracteres converxentes que afectan á colocación dos taxons.[7]

Un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 descubriu que as catro especies do xénero Goura formaban dous pares de clados: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria.[8]

Goura cristata

Goura sclaterii

Goura scheepmakeri

Goura victoria

Didunculus strigirostris

Pomba de Nicobar

Solitario de Rodrigues

Dodo

  1. 1,0 1,1 Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1, 2019, do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  2. Parish, Jolyon C. 2013, p. 296.
  3. The Penny Cyclopaedia of The Society for the Diffusion of Useful Knowlegge.
  4. Goura Stephens, 1819 no ITIS.
  5. Stephens, James Francis (1819). General Zoology, or Systematic Natural History (en inglés e latín). Volume 11 Part 1. London: G. Kearsley. p. 119. 
  6. Peters, James Lee, ed. (1937). Check-list of Birds of the World. Volume 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 140. 
  7. Parish, Jolyon C. 2013, p. 339.
  8. Bruxaux, J.; Gabrielli, M.; Ashari, H.; Prŷs-Jones, R.; Joseph, L.; Milá, B.; Besnard, G.; Thébaud, C. (2018). "Recovering the evolutionary history of crowned pigeons (Columbidae: Goura): Implications for the biogeography and conservation of New Guinean lowland birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 120: 248–258. doi:10.1016/j.ympev.2017.11.022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]