Saltar ao contido

Columbinae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Columbinae
 Nome taxon
    Columbinae
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeColumbiformes
FamiliaColumbidae
SubfamiliaColumbinae Editar o valor en Wikidata
Leach, 1820 Columbinae Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0_x5gpn Editar o valor en Wikidata
ITIS676884 Editar o valor en Wikidata
CoLJCZ Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Columba palumbus.
Nesoenas mayeri.
Streptopelia decaocto.

A dos columbinos (Columbinae) é unha subfamilia de aves pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, e orde das columbiformes.

De distribución mundial, é a subfamilia que inclúe a maior cantidade de xéneros da familia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach, na súa obra Synopsis of the Contents of the British Museum: Eleventh Room. 17th edition. Londres: British Museum.

A maioría dos autores recoñecen na subfamilia os xéneros seguintes:[1][2][3]

Tamén se coñecen tres xéneros monotípicos:

Controversia taxonómica

[editar | editar a fonte]

Porén, algúns autores inclúen catro xéneros: Geotrygon, Leptotila, Starnoenas e Zenaida na subfamilia Leptotilinae, que para a maioría é a tribo dos Zenaididini.[4]

A pomba é unha das especies que parece ter evolucionado co home desde a prehistoria. É difícil coñecer a densidade da poboación columbina prehistórica, pero sabemos que a prima norteamericana da pomba europea, a pomba viaxeira, constituíu até o século XVIII grandes poboacións en América do Norte onde só era cazada ocasionalmente polos amerindios. Os seus voos ocultaban o sol, segundo os cronistas. Cando a súa caza, nos tempos da colonización do medio oeste estadounidense se desenvolveu rápida e facilmente, xa que era pouco temerosa do home, trens enteiros cheos de cadáveres de pombas salvaxes foron enviados ás grandes cidades, até a súa extinción relativamente brutal ao final do século XIX.

A pomba foi domesticada desde a prehistoria. Desde a antigüidade, os militares utilizárona para transmitiren mensaxes. Tamén se usaban desde esa época para a alimentación.

  1. ↑ Columbinae no ITIS.
  2. ↑ Gill F. & Donsker D. (eds.): Order Columbiformes. Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1 (2019).
  3. ↑ Boyd, John: Columbidae: Doves, Pigeons.
  4. ↑ Banks, R. C. et al. (2013): "Classification of a clade of New World doves (Columbidae: Zenaidini)". Zootaxa 3669 (2): 184-188.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1.
  • Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]