Saltar ao contido

Fenicopteriformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Phoenicopteriformes»)
Fenicopteriformes
Phoenicopteriformes
Max Fürbringer 1888 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Data de comezo
hai 50 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
SubreinoBilateria
FiloChordata
ClaseAves
SuperordeNeoaves
OrdePhoenicopteriformes Editar o valor en Wikidata
Fürbringer, 1888 Phoenicopteriformes Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/075x78m Editar o valor en Wikidata
ITIS553433 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Os fenicopteriformes (Phoenicopteriformes) son unha orde de aves que inclúe os flamengos. Son aves que se distribúen polo Hemisferio occidental e polo Hemisferio oriental, existen catro especies nas Américas e dúas no Vello Mundo. Teñen cranio desmognato holorrino, con 16-20 vértebras cervicais e pés anisodáctilos.

Posición taxonómica

[editar | editar a fonte]

A orde Phoenicopteriformes foi durante moito tempo problemática. Tradicionalmente, as aves zancudas foron clasificadas na orde Ciconiiformes, e os flamengos incluíanse nel como familia Phoenicopteridae, sendo a familia Threskiornithidae considerada como a máis próxima aos Phoenicopteridae. No entanto, consideráronse tamén relacións cos Anseriformes.

Para reflectir a incerteza sobre esta materia, os flamengos comezaron a ser postos despois nunha orde de seu. Algúns científicos propuxeron que os flamengos estaban máis estreitamente vencellados coa familia Recurvirostridae.

En anos recentes, os estudos de ADN tiveron os resultados insospeitados: Sibley & Monroe puxo os flamengos dentro de Ciconiiformes. Máis recentemente, clasificáronos preto dos Podicipedidae, indicándoos como os parentes máis íntimos dos flamengos nos estudos de ADN. Se as dúas familias vanse poñer xuntas nunha orde ou se van ficar separadas é incerto.

Tradicionalmente, todas as especies estaban clasificadas no xénero Phoenicopterus, pero nas clasificacións máis modernas distínguense tres xéneros, como se pode ver no seguinte cladograma, que mostra as relacións filoxenéticas entre as seis especies existentes, baseado nun estudo de Roberto Frias-Soler e colaboradores publicado en 2022.[1]

Phoenicopteriformes
Phoeniconaias

Flamengo pequeno (Phoeniconaias minor)

Phoenicoparrus

Flamengo dos Andes (Phoenicoparrus andinus)

Flamengo de James (Phoenicoparrus jamesi)

Phoenicopterus

Flamengo de Chile (Phoenicopterus chilensis)

Flamengo rosado (Phoenicopterus roseus)

Flamengo do Caribe (Phoenicopterus ruber)

Phoenicopteridae

Os flamengos aliméntanse por filtración de crustáceos e algas. Os seus peteiros adaptáronse para separar a lama da comida que eles consomen, e úsase senlleiramente ao revés. A filtración de comida axúdase por estruturas filamentosas chamadas lamelas, pequenas láminas que están nas mandíbulas, e unha lingua áspera e grande.

Flamengos e capibaras en Caracas, Venezuela

Os flamengos novos saen das casca coa plumaxe branca, sendo as plumas dun adulto rosa a vermello luminoso, debido a carotenoides obtidos da súa subministración de comida. Un flamengo que se alimenta ben e saudable é rosa luminoso ou vermello. O flamengo máis rosa é o máis desexable como un compañeiro. Un flamengo branco ou pálido, está normalmente enfermo ou sufrido de falta de comida.

As especies seguintes clasificadas todas tradicionalmente no xénero Phoenicopterus, actualmente dividido en tres xéneros, que compoñen a familia Phoenicopteridae, a única da orde:

  1. Frias-Soler, R.C.; Bauer, A.; Grohme, M.A.; Espinosa López, G.; Gutiérrez Costa, M.; Llanes-Quevedo, A.; Van Slobbe, F.; Frohme, M.; Wink, M. (2022). "Phylogeny of the order Phoenicopteriformes and population genetics of the Caribbean flamingo (Phoenicopterus ruber: Aves)". Zoological Journal of the Linnean Society 196 (4): 1485–1504. doi:10.1093/zoolinnean/zlac040.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]