Lynx Edicions

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lynx Edicions
Fundación1989
LocalizaciónBellaterra, Barcelona
FundadorRamon Mascort Amigó, Jordi Sargatal e Josep del Hoyo
IndustriaEditorial
ProdutosLibros científico-técnicos de Fauna, Taxonomía e Bioloxía
Páxina webLynx Edicions website
editar datos en Wikidata ]

Lynx Edicions é unha editorial fundada en 1989 en Barcelona, España, polo avogado e coleccionista Ramon Mascort Amigó, o naturalista Jordi Sargatal e o médico Josep del Hoyo.

Foi creada inicialmente para publicar basicamente a enciclopedia Handbook of the Birds of the World (Manual das aves do mundo) que, iniciada en 1992 co primeiro volume, consta de 16 volumes. No ano 2002 trasladouse a Bellaterra.

O seu fondo editorial conta tamén con libros de divulgación da natureza relacionados coa flora, a fauna, guías, e itinerarios ecoturísticos. Tamén creaou unha nova colección infantil, Alas de Papel; os títulos desta serie constan de dúas seccións: narración dunha historia imaxinaria inspirada no mundo natural e amplamente ilustrada, e un apartado de coñecementos que trata sobre o personaxe do conto dunha maneira didáctica e fácil de comprender.

Relacións empresariais[editar | editar a fonte]

A editorial mantén acordos de colaboración con entidades como BirdLife International (a organización mundial máis importante para o estudo e a conservación das aves), o Instituto Smithsoniano de Washington, D.C., Conservation International, o American Museum of Natural History, de Nova York. En colaboración coa IUCN, The World Conservation Union e Conservation International publicou a obra Threatened Amphibians of the World (Anfibios ameazados do mundo).

Tras o Manual das aves do mundo, está preparando a serie equivalente, o Handbook of the Mammals of the World (Manual dos mamíferos do mundo), que constará de 9 volumes, en colaboración con Conservation International e a IUCN. O primeiro volume, dedicado aos carnívoros, saiu do prelo no mes de abril de 2009. En xullo de 2016 apareceu o volume 6, dedicado a lagomorfos e roedores, I.

En 2002 Lynx Edicions emprendeu un novo procecto: a IBC (Internet Bird Collection). Trátase dunha gran base de datos interactiva de acceso gratuíto, que pretende compilar vídeos, fotografías, gravacións e outra información relativa a todas as aves do mundo. Actualmente están dispoñíbeis case 30.000 vídeos que representan a máis de 7.000 especies (un 60 % das existentes), e vaise incorporando novo material diariamente. Até xaneiro de 2009 colaboraran 310 persoas de 85 países diferentes.

Popularización[editar | editar a fonte]

Lynx Editions deuse a coñecer internacionalmente cando comenzou a publicar o Manual das aves do mundo que, cando rematou en 2011, podíase documentar por primeira vez nunha soa obra todas as especies da clase, ilustradas e tratadas en detalle. Non existe un equivalente deste gran traballo integral que se completara antes del, ou de calquera outro grupo do reino animal.

Outros libros publicados[editar | editar a fonte]

  • Juan M. Varela (2016): La forma del viento / Shaped by the wind. (en castelán), (en inglés)
  • Enric Aparicio (2016): Peixos continentals de Catalunya. Ecologia, conservació i guia d'identificació. (en catalán)
  • Eduardo de Juana & Juan M. Varela (2016): Aves de España. (en castelán).
  • Barry Walker (2015): Field Guide to the Birds of Machu Picchu and the Cusco Region, Peru. (en inglés).
  • David W. Winkler, Shawn M. Billerman & Irby J. Lovette (2015): Bird Families of the World. A Guide to the Spectacular Diversity of Birds. (en inglés).

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]