Pelayo Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pelayo Novo García»)
Pelayo
Información persoal
Nome Pelayo Novo García
Nacemento 1 de novembro de 1990 (33 anos)
Lugar de nacemento Oviedo
Falecemento 28 de febreiro de 2023
Altura 1,83 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Lugo
Número 17
Carreira xuvenil
2006-2009 Real Oviedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2009 Real Oviedo B 6 (3)
2008–2012 Real Oviedo 94 (14)
2012– Elche 26 (1)
2013–2014Córdoba (ces.) 24 (1)
2014–2015Lugo (ces.) 14 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 14 de abril de 2015editar datos en Wikidata ]

Pelayo Novo García, coñecido habitualmente como Pelayo, nado en Oviedo o 1 de novembro de 1990 e finado en Asturias o 28 de febreiro de 2023, foi un futbolista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Oviedo, Pelayo comezou xogar nas categorías inferiores do equipo da súa cidade natal, o Real Oviedo. Alí subiu rapidamente ao primeiro equipo, onde xogou desde 2008 até o 2012. No seu último ano no club ovetense, marcou 7 goles en 34 partidos, nun total de 2.749 en minutos de xogo, para axudar aos asturianos a rematar na sexta posición. O 6 de xullo de 2012, asinou un contrato de tres anos co Elche CF na Segunda División.[1] O 19 de agosto fixo o seu debut oficial ao entrar en substitución de Carles Gil nos últimos minutos, partido que gañou o seu equipo na casa por 4-2 contra a Ponferradina.[2] O 6 de outubro do mesmo ano anotou o seu primeiro gol en liga, axudando ao seu equipo a gañar por 2-1 contra o Mirandés.[3]

Tras acadar o ascenso co club ilicitano, asinou un novo contrato por dous anos, sendo logo transferido en calidade de cedido ao Córdoba en xullo de 2013.[4] En Córdoba deu no decisivo partido polo ascenso o pase de gol que lle valía ao club andaluz xogar na seguinte tempada na Primeira División, nun estraño partido contra a Unión Deportiva Las Palmas. Así, Pelayo conseguiu dous ascensos nos seus dous primeiros anos na categoría de prata.[5] O 29 de xullo de 2014 anunciouse a súa cesión de novo a un club da Segunda división, esta vez ao Lugo.

Deixou o fútbol en 2018, despois dunha caída dende o terceiro piso dun hotel que o deixou nunha cadeira de rodas.[6] Faleceu o 28 de febreiro de 2023, con 32 anos, ao tirarse ás vías do tren na estación asturiana de La Corredoria.[7]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
2009-2010 Real Oviedo Segunda B 24 4
2010-2011 Real Oviedo Segunda B 19 2
2011-2012 Real Oviedo Segunda B 34 7
2012-2013 Elche CF Segunda 26 1
2013-2014 Córdoba CF Segunda 22 1
2014-2015 CD Lugo Segunda

Títulos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]