Jan Tinbergen
Jan Tinbergen | |
---|---|
![]() Jan Tinbergen | |
Nacemento | 12 de abril de 1903 |
A Haia | |
Falecemento | 9 de xuño de 1994 (91 anos) |
A Haia | |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Alma máter | Universidade de Leiden |
Ocupación | economista, profesor e profesor universitario |
Irmáns | Nikolaas Tinbergen |
Premios | Premio Erasmus, Four Freedoms Award - Freedom from Want, Premio Nobel de Economía, Gouden Ganzenveer, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Fellow of the Econometric Society e Fellow of the American Statistical Association |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jan Tinbergen, nado na Haia (Países Baixos) en 1903 e falecido na mesma cidade en 1994, foi un matemático e físico neerlandés galardoado co Premio Nobel de Economía o ano 1969.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 12 de abril de 1903 na cidade de A Haia, fillo de Dirk Cornelis Tinbergen e Jeannette van Eek, e irmán do médico Nikolaas Tinbergen, galardoado con o Premio Nobel de Medicina o ano 1973 e do botánico Luuk Tinbergen. Estudou matemáticas e física na Universidade de Leiden sob a dirección de Paul Ehrenfest, universidade na que tamén se doutorou en 1929. Entre este ano e 1945 foi profesor da Universidade Erasme de Rotterdam, ao tempo que se converteu en consultor da Sociedade de Nacións. En 1967 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]
Morreu o 9 de xuño de 1994 na súa cidade natal.
Investigación económica[editar | editar a fonte]
Especialista na investigación dos ciclos económicos, foi un dos pioneiros na aplicación de métodos matemáticos na economía, na que desenvolveu o modelo macroeconómico. Xuntamente con Ragnar Frisch desenvolveu métodos estatísticos para probar hipóteses económicas, creando modelos multiecuaciónais de economía e desenvolvendo un modelo de 48 ecuacións con o cal explicou os ciclos económicos norteamericanos.
No ano 1969, xunto con o seu compañeiro Ragnar Frisch, foi galardoado con o Premio Nobel de Economía, precisamente na súa primeira edición, pola análise dos procesos económicos e o desenvolvemento dinámico de modelos de decisión económica.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Consultado o 9 de novembro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jan Tinbergen |