Franco Modigliani
Franco Modigliani | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xuño de 1918 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 25 de setembro de 2003 (85 anos) |
Lugar de falecemento | Cambridge |
Nacionalidade | Italia, Estados Unidos de América e Reino de Italia |
Alma máter | The New School e New School for Social Research |
Ocupación | economista e profesor universitario |
Premios | Premio Nobel de Economía, Distinguished Fellow of the American Economic Association e Fellow of the Econometric Society |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Franco Modigliani, nado en Roma o 18 de xuño de 1918 e finado en Cambridge, Massachusetts o 25 de setembro de 2003, foi un economista italiano, naturalizado estadounidense. Foi galardoado con o Premio Nobel de Economía en 1985.
Biografía[editar | editar a fonte]
Modigliani naceu en Roma no seo dunha familia de xudía. Deixou a capital italiana en 1939 a causa das leis raciais fascistas contra os hebreos. Refuxiouse nos Estados Unidos, onde colleu a súa cidadanía en 1946.
Teorías[editar | editar a fonte]
Modigliani, xunto con Merton Miller, formulou o denominado Teorema de Modigliani-Miller sobre as finanzas empresariais, que explica que en determinadas condicións o valor dunha empresa permanece igual, ora che sexa financiada a través da captación de capitais no mercado accionario (emisión de accións), ora sexa financiada a través da adquisición de débeda (emisión de obrigacións). Porén os supostos do teorema fanno inverificábel desde o punto de vista empírico, mais con todo segue a ser un achado científico importante porque ten orixinado unha enorme literatura, aínda florecente, que busca explicar baixo que diversas condicións o resultado non é válido.
Modigliani foi tamén o creador da hipótese do ciclo vital, que explica como o aforro e o consumo mudan durante a vida dunha persoa. Os consumidores, segundo Modigliani, tende a efectuar as súas escollas de consumo non en base ao xuro corrente, senón en base ás súas expectativas de xuro e consumo total futuro. Por iso, os individuos tenden a aforrar nalgunhas fases da súa vida para logo gastar o diñeiro acumulado noutras fases, por exemplo durante a xubilación.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Autobiografía (en inglés, na páxina oficial do Premio Nobel nobelprize.org)