J. H. Elliott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
J. H. Elliott
Nacemento23 de xuño de 1930
Lugar de nacementoReading
Falecemento10 de marzo de 2022
Lugar de falecementoOxford
Causapneumonía
NacionalidadeReino Unido
Alma máterEton College e Trinity College
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario e hispanista
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Prêmio Balzan, Creu de Sant Jordi, Prêmio Wolfson de História, Orde de Santiago, Ordem de Calatrava, honorary doctorate of the Autonomous University of Madrid, doutor honoris causa, Orde de Isabel a Católica, Orde Civil de Afonso X o Sabio, Leo Gershoy Award, Francis Parkman Prize, sen etiquetar, Membro da Academia Britânica, honorary doctor of the University of Valencia, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Knight Bachelor, doutor honoris causa, honorary doctorate of Barcelona University, doctor honoris causa of the University of Warwick, Honorary doctorate from Brown University, honorary doctor of the University of Valencia, honorary doctorate of the University of Lleida, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, doutor honoris causa, doutor honoris causa e honorary doctorate of the University of Alcala
Na rede
Dialnet: 551973
editar datos en Wikidata ]

John Huxtable Elliott, nado en Reading, Berkshire, Reino Unido, o 23 de xuño de 1930 e finado o 10 de marzo de 2022, foi un historiador inglés e hispanista, Catedrático emérito na Universidade de Oxford e Socio honorario do Oriel College da Universidade de Oxford, e do Trinity College da Universidade de Cambridge dende 1991.[1]

Publicou baixo o nome de J. H. Elliott.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elliott foi educado na Universidade Eton e no Trinity College de Cambridge. Traballou como profesor axudante na Universidade de Cambridge dende 1957 até 1962, e como profesor de Historia dende 1962 até 1967. En 1968, conseguiu praza no King's College de Londres, onde permaneceu até 1973. En 1972 foi elixido como membro da Academia británica.[2]

De 1973 a 1990, foi profesor na Escola de Estudos Históricos no Instituto para Estudo Avanzado, na Universidade de Princeton, Nova Jersey; e dende 1990 até 1997, foi profesor desde 1973 a 1990, e foi caedrático de Historia Moderna en Oxford, entre 1990 e 1997.[2][3][4]

Destacou como hispanista, e os seus estudos sobre a península Ibérica e o Imperio español axudaron a comprender os problemas aos que se enfrontaba a España dos séculos XVI e XVII, e os intentos dos seus dirixentes de evitar o seu declive. Considérase, xunto con Raymond Carr e Angus Mackay, unha figura importante no desenvolvemento da historiografía española.[5]

As publicacións principais de Elliott son The Revolt of the Catalans (1963); The Old World and The New 1492–1650 (1970); e The Count-Duke Olivares: The Statesman in an Age of Decline (1986).[2] O seu Richelieu and Olivares (1984) gañou o ano seguinte o Premio Leo Gershoy da Asociación Histórica americana[6] e, en 1992, o XVII de Premioe. En 2006, a súa obra, Empires of the Atlantic World: Britain and Spain, 1492–1830, publicado por Yale University Press, gañou o Premio Francis Parkman o ano seguinte. En 2012 publicou as súas reflexións sobre o progreso da erudición histórica, History in the Making.[2]

Foi hospitalizado o 5 de marzo de 2022, debido a unha pneumonía e complicacións de ril e morreu o 10 de marzo á idade de 91 anos no John Radcliffe Hospital en Oxford, Inglaterra.[7]

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Revolt of the Catalans: A Study in the Decline of Spain, 1598–1640 (Cambridge University Press, 1963; reimpresión 1984)
  • Imperial Spain: 1469–1716 (Londres 1963; reimpresión revisada Penguin Books, 2002)
  • Europe Divided, 1559–1598 (Londres1963; reimpresión revisada 2002)
  • The Old World and The New 1492–1650 (Cambridge University Press, 1970; reimpresión , 1992)
  • Memoriales y cartas del Conde-Duque de Olivares, 2 vols. (with José F. de la Peña) (Madrid 1978–81)
  • Richelieu and Olivares (Cambridge University Press, 1984; reimpresión, 1989)
  • The Count-Duke Olivares: The Statesman in an Age of Decline (Yale University Press, 1986)
  • Spain and Its World, 1500–1700: Selected Essays (Yale University Press, 1989)
  • The World of the Favourite (edited, with L.W.B. Brockliss) (Yale University Press, 1999)
  • The Sale of the Century: Artistic Relations between Spain and Great Britain, 1604–1655 (con Jonathan Brown) (Yale University Press 2002)
  • A Palace for a King – with Jonathan Brown (Yale University Press, 2003)
  • Empires of the Atlantic World: Britain and Spain, 1492–1830 (Yale University Press, 2006)
  • Spain, Europe and the Wider World, 1500–1800 (Yale University Press, 2009)
  • History in the Making (Yale University Press, 2012)
  • Scots and Catalans: Union and Disunion (Yale University Press, 2018)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi doutor honoris causa pola Universidade Autónoma de Madrid (1983), de Xénova (1992), Portsmouth (1993), Barcelona (1994), Warwick (1995), Brown University (1996), Valencia (1998), Lleida ( 1999), Universidade Complutense de Madrid (2003), College of William & Mary (2005), Londres (2007), Universidade Carlos III de Madrid (2008), Sevilla (2011), Alcalá (2012) e Cambridge (2013).

Elliott foi nomeado cabaleiro nas honras do ano novo de 1994 por servizos á historia, e foi condecorado coa Orde de Isabel a Católica en 1987, e tamén ese ano recibiu a Medalla de Honra da Universidade da Universidade Intenacional Menéndez Pelayo;[4] Gran Cruz de Afonso o Sabio en 1988, a Gran Cruz de Isabel a Católica en 1996 e a Creu de Sant Jordi en 1999.

Eminentemente hispanista, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Letras en 1996 polas súas contribucións ás ciencias sociais.[7][8] Polas súas destacadas contribucións á historia de España e do Imperio español no período moderno temperán, Elliott, foi galardoado co Premio Balzan de Historia en 1999 por History 1500–1800.[4] E foi membro correspondente da Real Academia da Historia dende 1965.

Elliott foi membro do Instituto Americano Rothermere da Universidade de Oxford, de cuxo Consello Fundador tamén foi membro.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Honorary Fellows". trin.cam.ac.uk (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Sir John Elliott FBA". thebritishacademy.ac.uk (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  3. Redacción (2 de xullo de 1990). "Home Office". The London Gazette (en inglés) (52199): 11319. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "John Huxtable ELLIOTT". debretts.com (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  5. Delanty, Gerard (2006). Handbook of Contemporary European Social Theory (en inglés). Nova York: McGraw Hill Professional. ISBN 9780203086476. 
  6. "Leo Gershoy Award Recipients". historians.org (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  7. 7,0 7,1 De Miguel, Rafa (10 de marzo de 2022). "Muere John H. Elliott, el historiador británico maestro de hispanistas, a los 91 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  8. "John Elliott. Acta del Jurado". fundacionprincipedeasturias.org (en castelán). 2003. Consultado o 23 de xuño de 2020. 
  9. "Founding Council". rai.ox.ac.uk (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]