Ragnar Frisch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Ragnar Frisch
Ragnar Frisch


Datos persoais
Nacemento 3 de marzo de 1895
Khistiania, Oslo (Noruega)
Falecemento 31 de xaneiro de 1973
Profesión economista
Premio Nobel de Economía 1969

Ragnar Anton Kittil Frisch, nado o 3 de marzo de 1895 e finado o 31 de xaneiro de 1973, foi un economista noruegués, gañador do primeiro Premio Nobel das Ciencia Económicas xunto a Jan Tinbergen no ano 1969. Gran precursor da econometría, contibuíu cos seus traballos ó análise cuantitativo dos feitos da natureza a través dos termos microeconomía e macroeconomía, bautizados polo propio Ragnar.

Biografía[editar | editar a fonte]

Ragnar Frisch naceu o 3 de marzo de 1895 en Kristiania, Oslo (Noruega) dentro dunha familia adicada á xoiería, fillo de Anton Frisch e Ragna Fredrikke B. Kittilsen, iníciase como aprendiz no negocio familiar, pero ó mesmo tempo estuda economía no Royal Frederick University, xa que semellaba o camiño máis curto e sinxelo para acadar a unha titulación universitaria, a cal acada en 1919, mais tamén gradúase como artesán e en 1920 empeza a traballar como socio no taller do seu pai.

En 1921 Frisch recibiu unha bolsa da universidade que lle permitiu pasar tres anos estudando economía e matemáticas en Francia e Inglaterra. Tras o seu regreso a Noruega adquiriu unha praza como profesor asistente na universidade da capital, o que lle permitiu ler a tese e obter o seu doutorado en estadística matemática no 1926.

Un ano máis tarde, en 1927, desprazouse a Estados Unidos cunha bolsa da Fundación Rockefeller, onde estivo en contacto con outros economistas interesados en tratar a economía como ciencia, dándolle novos enfoques matemáticos e estadísticos, estes coñecidos economistas eran Irving Fisher, Wesley Clair Mitchell, Allyn Young e Henry Schultz.

Frisch prosegue coa súa bolsa viaxando a Italia e Francia para continuar coa súa formación, pero en 1928 falece o seu pai e regresa a Oslo, onde se encarga de xestionar o negocio familiar coa contratación de empregados e, ademais, obtén a praza de profesor asociado na universidade da capital.

En 1930 regresa ós Estados Unidos, onde impartiría clases nas universidades de Minnesota e Yale, para regresar en 1932 a Noruega e obter o título de catedrático na universidade Oslo.

Frisch casou con Marie Smedal en 1920 e tiveron unha filla, Ragna. Despois da morte da súa primeira esposa en [[1952, volve a casar un ano máis tarde coa súa amiga da infancia, Astrid Johannessen.

Durante a ocupación de Noruega pola Alemaña nazi, Frisch foi arrestado no de concentración Bredtveit o 17 de outubro de 1943, despois no campo de concentración Berg o 22 de novembro de 1943, e posteriormente no campo de concentración Grini de 09 de decembro de 1943 ao 8 de outubro de 1944.

Como economista[editar | editar a fonte]

Tamén fundou en 1932 na Universidade de Oslo o Instituto de Economía financiado pola Fundación Rockefeller e converteuse en director de Investigación. En 1926, Frisch publicou un artigo que presenta a súa visión de que a economía debe seguir o mesmo camiño teórica e empiricamente que outras ciencias, comparándoa sobre todo co que a física seguira no seu momento. Durante o mesmo ano, publicou o seu artigo "Sur un probleme d'économie puro"(nun problema de economía pura). Frisch tamén comezou a ensinar un curso sobre teoría da produción, introducindo as matemáticas na economía. Durante 1927 e 1928 Frisch publicou unha serie de artigos sobre as series temporais estatísticas.

En 1929 publicou o seu primeiro ensaio importante sobre a metodoloxía econométrica, "Correlación e dispersión en variables estatísticas", seguido no mesmo ano por "estática e dinámica na teoría económica", introducindo a dinámica na análise económica.

No último terzo da década dos anos vinte, cando Frisch aínda era profesor titular da Universidade de Oslo, empezouse a interesar no estudo dunha disciplina recén creada, a econometría. Esta inclinación investigadora condúxolle a fundar en 1930, xunto a Irwing Fisher y Charles F. Roos, a Sociedade Econométrica. Tres anos máis tarde e baixo a súa dirección, que se estendeu ata 1935, a Sociedade comezou a publicar a revista Econométrica.

Obras[editar | editar a fonte]

  1. Novos métodos de medición da utilidade marxinal "New Methods of Measuring Marginal Utility]" (1932).
  2. Propagación e impulso dos problemas dinámicos na economía "Propagation and Impulse Problems in Dynamic Economics" (1933).
  3. Mistura lineal e cuadrática da progamación polo método múltiple "Mixed Linear and Quadratic Programing by the Multiplex Method" (1951).
  4. Macroeconomía e programación lineal "Macroeconomics and Linear Programing" (1956).
  5. As leis técnicas e económicas da produción (1961) Ed. Sagitario, Barcelona, 1963.
  6. Econometrías no mundo de hoxe "Econometrics in the World of Today" (1970).

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibíu o Premio Nobel De Ciencias Económicas en 1969 conxuntamente con Jan Tirbergen polo seu traballo "having developed and applied dynamic models for the analysis of economic processes" (desenvolver e aplicar modelos dinámicos para a análise dos procesos económicos" O premio Antonio Feltrinelli da Nazionale Accademia dei Lincie en 1961.

Foi o presidente co comité económico e de emprego das Nacións Unidas e asesor económico de países como India e Exipto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]