Julio Caro Baroja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julio Caro Baroja
Juan Repiso, Julio Caro Baroja y Joaquín Muñoz Baroja en la plaza de Gipuzkoa (1 de 3) - Fondo Marín-Kutxa Fototeka (cropped).jpg
Nacemento13 de novembro de 1914
 Madrid
Falecemento18 de agosto de 1995
 Bera
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónantropólogo, lingüista, historiador e mestre
PaiRafael Caro Raggio
NaiCarmen Baroja
IrmánsPío Caro Baroja
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, Premio Nacional das Letras Españolas, Grande Cruz de Afonso X o Sabio e Menéndez Pelayo International Prize
Firma de Julio Caro Baroja.jpg
editar datos en Wikidata ]

Julio Caro Baroja, nado en Madrid o 13 de novembro de 1914 e finado en Bera o 18 de agosto de 1995, foi un antropólogo, historiador, lingüista, folclorista e ensaísta español, fillo da escritora e etnóloga Carmen Baroja e sobriño do escritor Pío Baroja e do pintor e escritor Ricardo Baroja.

O conxunto da súa obra alcanza unhas setecentas entradas, entre libros, artigos, prólogos e ensaios.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Julio Caro Baroja era fillo do editor Rafael Caro Raggio, que fundou a editorial Caro Raggio Madrid en 1917,[2] e de Carmen Baroja, escritora e etnólga que publicou co pseudónimo de Vera Alzate.[3] Era irmán do documentalista, etnógrafo e escritor Pío Caro Baroja.

Itzea, casa dos Baroja en Bera

De neno mudouse á vila navarra de Bera, onde pasou moito tempo co seu tío Pío Baroja, que tivo unha grande influencia na súa educación. A súa primeira escola foi no Instituto-Escuela de Madrid entre 1921 e 1931. Posteriormente asistiu á Universidade de Madrid. A guerra civil tomouno por sorpresa e volveu a Bera. O seu pai permaneceu en Madrid e perdeu a súa imprenta cando o edificio foi destruído nun bombardeo.[4]

Caro Baroja foi discípulo de Telesforo Aranzadi, José Miguel de Barandiarán, Hermann Trimborn e Hugo Obermaier, que o encamiñaron cara á historia e a etnografía.[1] Doutorouse en Historia antiga pola Universidade de Madrid, onde exerceu brevemente como profesor. Posteriormente dirisiu o Museo do Pobo Español de Madrid, mais traballou basicamente en solitario. Por distintas razóns, tanto persoais como circunstanciais, mantívose á marxe da universidade, agás durante dous curtos períodos de docencia, un en Coímbra e outro, moito máis tarde, no País Vasco.

En 1947, foi nomeado membro correspondente da Euskaltzaindia e da Real Academia de las Buenas Letras de Barcelona. Realizou numerosas viaxes por España e polo estranxeiro, con estadías prolongadas nos Estados Unidos e Inglaterra (entre 1951 e 1953). A súa tese de doutoramento (1941) foi a base dunha triloxía moi posterior sobre os ciclos das festas de inverno (El carnaval, 1965), de primavera (La estación de amor, 1979) e de verán (El estío festivo, 1984).[1]

Nos seus primeiros libros expuxo unha síntese da etnoloxía en España e particularmente da do País Vasco: Los pueblos del norte de la península Ibérica (1943), Los pueblos de España (1946), Los vascos (1949). Os seus estudos relacionados con aspectos tecnolóxicos veñen da época en que dirixiu o Museo do Pobo Español. Entre eles cómpre salientar os dedicados aos arados (1949) e aos muíños de vento (1952), publicados na Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, da que foi director durante quince anos.[1]

Unha viaxe ao Sáhara en 1952 orientou o seu interese cara ás minorías étnicas, que reflectiu en Estudios saharianos (1955). En 1957 publicou o seu estudo histórico Los moriscos del reino de Granada. Froito do seu intenso labor de investigación nos arquivos da Inquisición foron Las brujas y su mundo (1961),[5] Vidas mágicas e Inquisición (2 vols., 1967) e Los judíos en la España moderna y contemporánea (3 vols., 1961-1962). Tamén publicou diversos traballos sobre minorías como o pobo xitano, ou sobre sectores sociais marxinados como os mendigos ou os bandidos históricos da área mediterránea.[1]

Nos 18 volumes que compoñen os Estudios vascos recóllense artigos publicados entre as primeiras monografías e obras de madureza. Sobre o País Vasco e Guipúscoa en particular elaborou co seu irmán Pío un par de extensos filmes etnográficos. Nese ámbito tamén se inscribe Los vascones y sus vecinos, sobre a relación entre os vascóns e os seus veciños da Aquitania.[1] Sobre a súa familia construíu a memoria biográfica titulada Los Baroja.

Caro Baroja faleceu aos oitenta anos e foi enterrado en Bera (Navarra),[6] onde os Baroja posuían unha casa familiar chamada «Itzea», palacete que adquiriu o seu tío Pío.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi académico de número da Real Academia Española, da Real Academia da Historia e máis de Euskaltraindía (Real Academia da Lingua Vasca). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (1983),​[7] a Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes (1984), o Premio Nacional das Letras Españolas, o Premio Internacional Menéndez Pelayo (1989) e o Premio Príncipe de Viana da Cultura (1995).[8] Dende 1995, o Museo Etnolóxico de Navarra, en Estella, leva o seu nome.[9]

Obra[editar | editar a fonte]

A que se presenta é unha escolma da súa ampla obra.

  • Estudios vascos. San Sebastian: Txertoa, 1973.  ISBN 84-7148-009-3
  • Algunos mitos españoles: ensayos de mitología popular. Madrid: Edic. del Centro, 1974. ISBN 84-7227-007-6
  • Vasconiana. San Sebastian: Txertoa, 1974. ISBN 84-7148-014-X
  • Los pueblos del norte. San Sebastian: Txertoa, 1977.  ISBN 84-7148-007-7
  • La aurora del pensamiento antropológico: la antropología en los clásicos griegos y latinos. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 1983.
  • Los Baroja: (memorias familiares). Madrid: Taurus, 1978. ISBN 84-306-2050-8
  • Las formas complejas de la vida religiosa: (religión, sociedad y caracter en la España de los siglos XVI y XVII. Madrid: Akal, 1978.  ISBN 84-7329-359-2
  • El carnaval: (análisis histórico-cultural). Madrid: Taurus, 1979. ISBN 84-306-3502-5
  • La estación de amor: (fiestas populares de mayo a San Juan). Madrid: Taurus, 1979.  ISBN 84-306-3503-3
  • Sobre la lengua vasca y el vasco-iberismo. San Sebastián: Txertoa, 1979.  ISBN 84-7148-052-2
  • Los vascos. San Sebastián: Txertoa, 1982.  ISBN 84-7148-102-2
  • El laberinto vasco. San Sebastián: Txertoa, 1984.  ISBN 84-7148-041-7
  • Brujería vasca. San Sebastián: Txertoa, 1985.  ISBN 84-7148-017-4
  • Los judíos en la España moderna y contemporánea. Madrid: Istmo, 1986.  ISBN 84-7090-089-7
  • Las brujas y su mundo. Madrid: Alianza, 1988.  ISBN 84-206-1012-7
  • Los pueblos de la Península Ibérica: temas de etnografía española. San Sebastian: Crítica, 1991.  ISBN 84-7423-486-7
  • El carnaval: análisis histórico-cultural. Madrid: Círculo de Lectores, 1992.  ISBN 84-226-3902-5
  • El señor inquisidor y otras vidas por oficio. Madrid: Alianza Editorial, 1993.  ISBN 84-206-4620-2
  • Los moriscos del Reino de Granada. Madrid: Istmo, 1995.  ISBN 84-7090-076-5
  • Los pueblos de España. Madrid: Istmo, 2000.  ISBN 84-7090-115-X

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Departamento de Educación, Universidades e Investigación del Gobierno Vasco. "Julio Caro Baroja". Hiru.eus. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  2. "Editorial Caro Raggio Madrid | Baroja's World". Caroraggio.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 2014-01-03. 
  3. "Carmen Baroja Nessi :: Auñamendi Entziklopedia". Euskomedia. Consultado o 2014-01-03. 
  4. "Rafael Caro Raggio :: Auñamendi Entziklopedia". Euskomedia. Consultado o 2014-01-03. 
  5. "Julio Caro Baroja: 1914-1995". EMuseum at Minnesota State University, Mankato. Archived from the original on 2010-01-06.
  6. "El hombre múltiple y necesario". El Diario Vasco (en castelán). 2014-11-16. Consultado o 2020-08-07. 
  7. "PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 1983". fpa.es (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  8. "Julio Caro Baroja". hiru.eus (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2021. 
  9. "Museo Etnológico de Navarra "Julio Caro Baroja"". navarra.es (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Guillermo Díaz-Plaja Contestí
Coat of Arms of the Royal Spanish Academy.svg
Real Academia Española
(Cadeira P)

1986-1995
Sucesor:
Ángel González
Predecesor:
Ignacio Herrero de Collantes
Coat of Arms of the Spanish Royal Academy of History.svg
Real Academia da Historia
(Medalla 20)

1962-1995
Sucesor:
Álvaro Galmés de Fuentes