Erbo, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erbo
Igrexa de San Pedro de Erbo, Lalín.JPG
Igrexa de San Pedro de Erbo.
Concello Lalín
Área 2,2 km²
Poboación 47 hab. (2011)
Densidade 21,36 hab./km²
Entidades de poboación 3

San Pedro de Erbo foi unha parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2011 tiña 47 habitantes distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto do ano 2004 cando tiña 51 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

San Pedro de Erbo foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada na de San Xoán de Palmou. Os veciños loitaron para sobrevivir como parroquia, chegando incluso a facer marchas a Lugo para impedir a supresión.

Estaba formada polos lugares de Corvillón, Erbo de Abaixo e Regufe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]