Saltar ao contido

Paaliaq (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paaliaq
 Instancia de
 Epónimo
Paaliaq (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/2000 S 2 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,3631 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital45,083 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital686,9 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior15.024.000 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro25 km Editar o valor en Wikidata
Masa8,2 Eg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,04 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
7 de agosto de 2000 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Paaliaq é unha pequena lúa irregular de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, Hans Scholl, Matthew J. Holman, Brian G. Marsden, Philip D. Nicholson e Joseph A. Burns nos primeiros días de outubro do 2000[1][2], e déuselle a designación temporal de S/2000 S 2. En agosto do 2003 recibiría o seu nome oficial, Paaliaq, un chaman (de ficción) que aparece no libro The Curse of the Shaman, escrito por Michael Kusugak, quen forneceu a Kavelaars con nomes de xigantes da mitoloxía inuit que serían usados para bautizar outras lúas de Saturno.

Órbita e características físicas

[editar | editar a fonte]
Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul).

Esta lúa é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Paaliaq ten ó redor de 22 km de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 15,2 millóns de km en 687 días. Tamén posúe unha gran proximidade con outras nove lúas, chegando a estar tan só a uns 16 km da máis próxima. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.

Paaliaq amosa un vermello claro coma Siarnaq e Kiviuq, e un espectro infravermello é moi semellante ó destas lúas , o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande.[3][4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]