Farbauti (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Farbauti ou Saturno XL, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio do 2005, a partir de observacións feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 9 de marzo do 2005 e recibiu a designación temporal de S/2004 S 9.

Farbauti ten uns 5 kms de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 20,291 millóns de kms en 1079,099 días, cunha inclinación orbital de 58° respecto da eclíptica (131° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,209.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Fárbauti era o Jotun ou xigante das tempestades e pai de Loki.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]