Methone (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Methone
Methone (frame 15).jpg
Methone vista coma parte dunha secuencia
de imaxes tomadas cando se procuraban
novas lúas de Saturno a 1 de xuño do 2004.
Descubrimento
Descuberta por Equipo de imaxes da sonda Cassini
Descuberta no 1 de xuño do 2004
Designación alternativa Saturno XXXII
Características orbitais[1]
Época 20 de xuño do 2004 (DX 2453177,5)
Eixo semi-maior 194.440 ± 20 km km
Excentricidade 0,001
Período orbital 1,009573975 d
Inclinación 0,007 ± 0,003° respecto do ecuador de Saturno
Satélite de Saturno
Características físicas
Diámetro medio ≈ 3 km
Masa 0,7 - 3 x 1013 kg[2]
Densidade media descoñecida
Gravidade superficial descoñecida
Período de rotación asumida coma sincrónica
Albedo descoñecido
Oblicuidade descoñecida

Methone (en grego Μεθωνη) é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado.

Foi vista por primeira vez polo Equipo de Imaxes da Cassini[3][4] e recibiu a designación temporal de S/2004 S 1. Methone é tamén coñecida coma Saturno XXXII.

Methone está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Mimas. Isto causa unha perturbación orbital no semi-eixo maior duns 20 kms de variación respecto da lonxitude do citado semi-eixo, se este non estivese perturbado, e ademais 5° na lonxitude, estas variacións teñen lugar ó longo duns 450 días terrestres. A excentricidade e inclinación tamén varían pero en diferentes escalas de tempo, varía entre 0,0011 e 0,0037 para a excentricidade e entre 0,003° e 0,020° para a inclinación.[1] A proximidade ás órbitas de Pallene e Anthe suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.

O nome de Methone foi aprobado pola UAI o 21 de xaneiro do 2005 [5] e ratificado na Asemblea Xeral da UAI do 2006. Methone recibiría o nome dunha das sete fillas do xigante Alcioneo.[6]

Methone

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. DOI:10.1086/505206. http://www.iop.org/EJ/article/1538-3881/132/2/692/205235.html. 
  2. asumindo unha densidade de 0,5 - g/cm³
  3. * C.C. Porco, et al., IAUC 8389: S/2004 S 1 and S/2004 S 2 16 de agosto do 2004 (descubrimento)
  4. Porco, C. C.; e o seu equipo.; (2005); Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713, pp. 1226-1236
  5. IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (bautizando a lúa)
  6. Nos anuncios de prensa mencionábase á primeira persoa que avistara a lúa nas imaxes da Cassini. Aínda que algunhas fontes sinalaban ó descubridor, isto volveríase trivial ó longo dos seguintes meses xa que o descubrimento era froito dun traballo de equipo, con decenas de persoas implicadas e centos de horas de traballo colaborativo, nunha decisión consciente e a tenor dos datos, bastante correcta, a UAI outorgoulle a oficialidade do descubrimento ó "Equipo de Imaxes da Cassini".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Methone