Saltar ao contido

S/2004 S 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
S/2004 S 4
 Instancia de
 Astro pai
Características orbitais
Semieixo maior140.100 km Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
21 de xuño de 2004 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03wj4g Editar o valor en Wikidata
Wikidata

S/2004 S 4 é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte máis interior do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi detectado cando J. N. Spitale estaba tratando de confirmar outro obxecto provisional, S/2004 S 3 que fóra detectado 5 horas antes, xusto na parte exterior do anel F.[1] O anuncio foi feito o 9 de setembro do 2004.[2]

A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.[3]

Un interpretación suxire a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F.[2] Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.

Despois de todo, se S/2004 S 4 é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms.

  1. Martinez, C.; Ormrod, G.; and Finn, H.; Cassini-Huygens Press Releases: Cassini Discovers Ring and One, Possibly Two, Objects at Saturn Arquivado 16 de outubro de 2004 en Wayback Machine. September 9, 2004
  2. 1 2 IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 September 9, 2004 (descubrimento)
  3. Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 21 de maio de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]