Saltar ao contido

Xano (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xano
Imaxe de Xano tomada pola Cassini no 2006.
Descubrimento
Descuberta por Audouin Dollfus
Descuberta no 15 de decembro de 1966
Designación alternativa Saturno X
Características orbitais[1]
Época 31 de decembro do 2003 ( 2453005,5 XD)
Eixo semi-maior 151.460 ± 10 km
Excentricidade 0,0068
Período orbital 0.69466042 días
Inclinación 0,163 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 193×173×137 km[2]
Radio medio 89,4 ± 3,0 km[2]
Masa 1,912 ± 0,005 ×1018 kg[1]
Densidade media 0,64 ± 0,06 g/cm³
Gravidade superficial ~0,0137 m/s²
Período de rotación sincrónica
Albedo 0,71 ± 0,02 (xeométrico)[3]
Oblicuidade cero

Xano (en latín Ianus) é unha lúa interior de Saturno. Tamén coñecido coma Saturno X'. O seu nome oficial provén da mitoloxía romana.

Descubrimento e órbita

[editar | editar a fonte]
O que segue a continuación é resumo. Se quere ver unha información máis detallada deste apartado, vexase: Epimeteo.

Xano ocupa esencialmente a mesma órbita ca Epimeteo. Os astrónomos asumían que había un só corpo nesa órbita, e debido o feito de compartir órbita, os astrónomos tiveron bastantes dificultades a hora de establece-las súas características orbitais. Cando as observacións eran fotográficas e bastante espalladas no tempo, a presenza de dous corpos era pouco ou nada clara, o que facía cas observacións fosen moi difíciles de casar cunha órbita razoable'.

Audouin Dollfus observou a lúa o 15 de decembro de 1966.[4] O novo obxecto recibiu a designación provisional deS/1966 S 2. Previamente, Jean Texereau realizou fotografías de Xano o 29 de outubro de 1966 sen decatarse de que era un novo corpo, Dollfus sería tamén que propoñería o nome de "Xano".[5] O 18 de decembro, Richard Walker fixo unha observación semellante que hoxe en día está acreditada coma o descubrimento de Epimeteo.[6] Hai que subliñar, que nos tempos do descubrimento, pensábase que era só unha lúa, e aínda que non era oficial, ese único corpo recibiu o nome de Xano.

Doce anos máis tarde, en outubro de 1978, Stephen M. Larson e John W. Fountain déronse conta que as observacións de 1966 eran mellor explicadas por dous corpos distintos (Xano e Epimeteo) que compartisen órbitas moi semellantes.[7] Isto foi confirmado en 1980 pola sonda Voyager 1,[8][9] Larson e Fountain compartiron oficialmente o descubrimento de Epimeteo con Walker.

Xano foi observado en sucesivas ocasións e recibiu varias designacións provisionais. Foi observado pola sonda Pioneer 11 cando pasaba preto de Saturno o 1 de setembro de 1979: os detectores de partículas enerxéticas observaron a súa sombra (S/1979 S 2.[10]) Xano foi observado por Dan Pascu o 19 de febreiro de 1980 (S/1980 S 1,[11]) e o 23 dese mesmo mes por John W. Fountain, Stephen M. Larson, Harold J. Reitsema e Bradford A. Smith (S/1980 S 2.[12])

Todos estes astrónomos comparten en varios graos, o título de descubridores de Xano.

O nome de Xano procede da mitoloxía romana, onde Xano era o un deus de dúas caras, representante dos inicios e fins; aínda que informalmente foi bautizado xa con este nome polo seu descubridor ala polo 1966,[5] non recibiu o seu nome oficial ata o ano 1983.[13] O nome de Epimeteo foi aprobado pola UAI ó mesmo tempo, a lúa co-orbital de Xano.

Características físicas

[editar | editar a fonte]

Algúns dos cráteres de Xano teñen máis de 30 kms de diámetro, pero posúe moi poucos accidentes xeolóxicos lineais, coma cristas e sucos. A superficie de Xano asemella máis vella ca de Prometeo pero máis nova ca de Pandora. A partir da súa baixa densidade e o seu relativamente alto albedo, podemos deducir que Xano é un corpo xeado moi poroso.

Existe un feble anel de po na rexión que ocupan as órbitas de Epimeteo e Xano, coma revelan as imaxes tomadas pola sonda Cassini baixo luz difusa no 2006. Este anel estendese ó longo dun radio de 5000 km.[14] A fonte do po son as partículas arrincadas das lúas polos impactos de meteoritos, as cales forman un anel difuso ó redor das órbitas das dúas lúas.[15]

  1. 1,0 1,1 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768. 
  3. Verbiscer, A.; French, R.; Showalter, M. ; Helfenstein, P. (2007). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315 (5813): 815. PMID 17289992. doi:10.1126/science.1134681.  p. 815 (material con soporte en liña, táboa S1)
  4. IAUC 1987: Probable New Satellite of Saturn 3 de xaneiro de 1967 (descubrimento)
  5. 5,0 5,1 IAUC 1995: Saturn X (Janus) 1 de febreiro de 1967 (bautizo de Xano)
  6. IAUC 1991: Possible New Satellite of Saturn 6 de xaneiro de 1967
  7. Fountain, J (1978). "Saturn's ring and nearby faint satellites". Icarus 36: 92. doi:10.1016/0019-1035(78)90076-3. 
  8. Leverington, David (2003). Cambridge University Press, ed. Babylon to Voyager and beyond: a history of planetary astronomy. p. 454. ISBN 0521808405. 
  9. NASA (ed.). "Saturn: Moons: Janus". Solar System Exploration: Planets. Arquivado dende o orixinal o 05-03-2012. Consultado o 28-02-2009. 
  10. IAUC 3417: New Ring and Satellites of Saturn 25 de outubro de 1979
  11. IAUC 3454: Saturn 25 de febreiro de 1980
  12. IAUC 3456: 1980 S 2 29 de febreiro de 1980
  13. Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nomes de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn 30 de setembro de 1983)
  14. NASA Planetary Photojournal PIA08328: Moon-Made Rings
  15. Cassini-Huygens press release NASA Finds Saturn's Moons May Be Creating New Rings Arquivado 12 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., 11 de outubro do 2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]