Atlas (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Richard Terrile, Voyager 1 |
Descuberta no | Outubro do 1980 |
Designación alternativa | Saturno XV |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 137.670 ± 10 km |
Excentricidade | 0,0012 |
Período orbital | 0,6016947883 d |
Inclinación | 0,003 ± 0,004° |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 46 × 38 × 19 km[2] |
Diámetro medio | 15,3 ± 1,2 km [2] |
Área superficial | ~3.700 km² |
Volume | ~15.000 km³ |
Masa | 6,6 ± 0,6 x 1015 kg[1] |
Densidade media | 0,44 ± 0,11 g/cm³ |
Gravidade superficial | ~0,00083 m/s2 |
Velocidade de escape | ~0,0062 km/s |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Albedo | 0,4 |
Oblicuidade | cero |
Temperatura | ~81 K |
Atlas (en grego Άτλας) e un satélite interior de Saturno. Foi descuberto por Richard Terrile no 1980 (algúns días antes do 12 de novembro) a partir de imaxes do programa Voyager e foi temporalmente designado coma S/1980 S 28.[3] En 1983 recibiu oficialmente o nome de Atlas que provén da mitoloxía grega, porque el "sostén cos seus ombreiros os aneis" do mesmo xeito có Titán Atlas sostiña a Terra.[4] Foi tamén designado coma Saturno XV.
Características
[editar | editar a fonte]Atlas é o satélite máis próximo á beira externo do anel A, e a pesar do seu tamaño pensouse durante bastante tempo que era unha lúa pastor deste anel. Porén, agora é sabido que a beira exterior deste anel é mantido estable por unha resonancia orbital de 7:6 coas lúas moito máis masivas e distantes, Xano e Epimeteo.[5] No 2004, un anel moi feble e delgado que recibiu a designación provisional R/2004 S 1, foi descuberto dentro da órbita de Atlas.[6]
Imaxes de alta resolución feitas pola sonda Cassini en xuño do 2005 revelaron unha especie "cinto", unha especie de michelín ó longo do ecuador. A explicación máis plausible para esta rara e prominente estrutura é que o material que é varrido pola lúa, é acumulado por esta preferentemente no ecuador debido ó pequeno grosor do anel. De feito, o tamaño ecuatorial da lúa e comparable ó tamaño esperado para o seu lóbulo de Roche. Isto podería significar que chegados a certo punto, as partículas que pretendan acumularse no ecuador, veríanse arredadas da lúa ó supera-la forza centrifuga da lúa á da súa propia gravidade.[5]
Atlas está significativamente perturbada por Prométeo e dun xeito máis suave por Pandora, chegando a variacións na súa lonxitude (orbital) de 600 km (~0,25°) respecto do que debería se-la súa órbita kepleriana, estas variacións suceden ó longo dun período de 3 anos. Dende que se coñece que as órbitas de Prométeo e Pandora son caóticas, tamén se comezou a sospeitar que a órbita de Atlas tamén o é.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Atlas, vista pola Cassini o 8 de xuño do 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 05 de marzo de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768.
- ↑ IAUC 3539: 1980 S 28 13 de novembro do 1980 (descubrimento)
- ↑ IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn 30 de setembro de 1983 (nomeando a lúa)
- ↑ 5,0 5,1 E. Lakdawalla (13 de xuño do 2007). The Planetary Society weblog, ed. "Funny little Atlas". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de marzo de 2010.
- ↑ IAUC 8401: S/2004 S 3, S/2004 S 4, and R/2004 S 1 9 de setembro do 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Atlas ProfileArquivado 09 de xuño de 2007 en Wayback Machine. by NASA's Solar System Exploration (en inglés)
- The Planetary Society: Atlas (en inglés)
- NASA factsheet (en inglés)