Epimeteo (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Richard Walker |
Descuberta no | 18 de decembro de 1966 |
Designación alternativa | Saturno XI |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 151.410 ± 10 km km |
Excentricidade | 0,0098 |
Período orbital | 0.694333517 días |
Inclinación | 0,351 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 135 × 108 × 105 km [2] |
Radio medio | 56,7 ± 3,1 km[2] |
Área superficial | ~40.000 km2 |
Volume | ~760.000 km3 |
Masa | 5,304 ± 0,013 ×1017 kg[1] |
Densidade media | 0,69 ± 0,11 g/cm³ |
Gravidade superficial | ~0,0078 m/s² |
Velocidade de escape | ~0,032 km/s |
Período de rotación | sincrónica |
Albedo | 0,73 ± 0,03 (xeométrico)[3] |
Oblicuidade | cero |
Temperatura | ~78 K |
Epimetheus (ou en grego Επιμηθεύς) é unha lúa interior de Saturno. Tamén coñecida coma Saturno XI. Recibiu o nome oficial de Epimeteo, irmán de Prometeo na mitoloxía grega.
Descubrimento
[editar | editar a fonte]Epimeteo ocupa esencialmente a mesma órbita ca Xano. Os astrónomos asumen que había un só corpo nesa órbita, e debido o feito de compartir órbita, os astrónomos tiveron bastantes dificultades a hora de establece-las súas características orbitais. Cando as observacións eran fotográficas e bastante espalladas no tempo, a presenza de dous corpos era pouco ou nada clara, o que facía cas observacións fosen moi difíciles de casar cunha órbita razoable'.
Audouin Dollfus observou a lúa o 15 de decembro de 1966,[4] quen propuxo o nome de "Xano".[5] O 18 de decembro, Richard Walker fixo unha observación semellante que hoxe en día está acreditada coma o descubrimento de Epimeteo.[6] Hai que subliñar, que nos tempos do descubrimento, pensábase que era só unha lúa, e aínda que non era oficial, ese único corpo recibiu o nome de Xano.
Doce anos máis tarde, en outubro de 1978, Stephen M. Larson e John W. Fountain déronse conta que as observacións de 1966 eran mellor explicadas por dous corpos distintos (Xano e Epimeteo) que compartisen órbitas moi semellantes.[7] Isto foi confirmado en 1980 pola sonda Voyager 1,[8] Larson e Fountain compartiron oficialmente o descubrimento de Epimeteo con Walker.
Epimeteo recibiu o seu nome oficial no ano 1983.[9] O nome de Xano foi aprobado pola UAI ó mesmo tempo, aínda que xa era usado informalmente dende que Dollfus o propuxera no ano 1966.
Relación orbital entre Epimeteo e Xano
[editar | editar a fonte]Epimeteo e Xano son lúas co-orbitais: O radio medio orbital de Xano é actualmente só 50 km máis pequeno co de Epimeteo, distancia máis pequena que calquera dos diámetros das dúas lúas. En concordancia coas leis de Kepler, a órbita máis pequena é máis rápida, pero só por 30 segundos. Cada día a lúa interior gaña ¼° de distancia ó redor de Saturno respecto da lúa que vai polo exterior. Cando a lúa interior pilla á lúa exterior, a súa mutua atracción gravitatoria eleva o momentum da lúa interior e rebaixa o momentum da lúa exterior. Con este momentum engadido, a distancia da lúa interior respecto Saturno incrementase e o seu período orbital tamén aumenta, mentres que no caso da lúa exterior este parámetros decrecen. Nesta asistencia gravitatoria, onde as lúas negocian o intercambio das súas órbitas, nunca se achegan máis de 10,000 km. Este intercambio efectuase cada catro anos; o último achegamento foi o 21 de xaneiro do 2006,[10] e o seguinte será no 2010. Neste intres, o radio orbital de Xano aumenta ~20 km, mentres o de Epimeteo decrece ~80 km; a órbita de Xano vese menos afectada por que é catro veces máis masivo ca Epimeteo. Até o de agora, é o único caso coñecido de intercambio de órbitas dentro do Sistema Solar.
A relación orbital entre Xano e Epimeteo pode ser entendida coma un caso de problema restrinxido de tres corpos, coma neste caso onde as dúas lúas (o terceiro corpo sería Saturno) son semellantes en tamaño. Outros exemplos deste problema serían os que incluirían os puntos de Lagrange, asteroides troianos e lúas troianas, tamén a órbita en forma de ferrada de Cruithne con respecto á Terra, e moitos obxectos con órbitas potencialmente semellantes.[11]
Características físicas
[editar | editar a fonte]Algúns dos cráteres de Epimeteo teñen máis de 30 kms de diámetro, tamén posúe cristas e sucos de diverso tamaño. A intensa craterización de Epimeteo indica que debe ser bastante vello. Xano e Epimeteo posiblemente son o froito da ruptura dun corpo primixenio, para dar coma resultado dous corpos co-orbitais, pero se esta ruptura sucedeu, debe de ser nos primeiros tempos do sistema de satélites. A partir da súa baixa densidade e o seu relativamente alto albedo, podemos deducir que Epimeteo é un corpo xeado moi poroso.
O polo sur amosa o que parece ser un vestixio dun gran cráter de impacto que cobre gran parte desa cara da lúa, e que podería ser parcialmente a causa da forma aplanada de boa parte de polo sur de Epimeteo.
Aparecen dous tipos de terreo: áreas suaves e escuras, e por outra banda, áreas brillantes,lixeiramente amareladas e co terreo fracturado. Unha interpretación é a de que o material escuro moveuse costa abaixo, e probablemente conten menos xeo co material brillante, o cal asemellaríase máis a un campo de pedras. Pero hai que dicir en contra desta interpretación, que ambos tipos de material semellan te-la mesma cantidade abundante de xeo de auga.[12]
Anel
[editar | editar a fonte]Existe un feble anel de po na rexión que ocupan as órbitas de Epimeteo e Xano, coma revelan as imaxes tomadas pola sonda Cassini baixo luz difusa no 2006. Este anel estendese ó longo dun radio de 5000 km.[13] A fonte do po son as partículas arrincadas das lúas polos impactos de meteoritos, as cales forman un anel difuso ó redor das órbitas das dúas lúas.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 30 de maio de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768.
- ↑ Verbiscer, A.; French, R.; Showalter, M.; Helfenstein, P. (2007). (material con soporte en liña, táboa S1). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315 (5813): 815. PMID 17289992. doi:10.1126/science.1134681.
- ↑ IAUC 1987: Probable New Satellite of Saturn 3 de xaneiro de 1967 (descubrimento)
- ↑ IAUC 1995: Saturn X (Janus){ 1 de febreiro de 1967 (bautizo de Xano)
- ↑ IAUC 1991: Possible New Satellite of Saturn 6 de xaneiro de 1967
- ↑ Fountain, J (1978). "Saturn's ring and nearby faint satellites". Icarus 36: 92. doi:10.1016/0019-1035(78)90076-3.
- ↑ Leverington, David (2003). Cambridge University Press, ed. Babylon to Voyager and beyond: a history of planetary astronomy. p. 454. ISBN 0521808405.
- ↑ Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (confirmación de Xano, nomes de Epimeteo, Telesto, Calipso) (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn 30 de setembro de 1983)
- ↑ NASA JPL, Cassini-Huygens Multimedia: The Dancing Moons Arquivado 10 de xuño de 2011 en Wayback Machine., 3 de maio do 2006
- ↑ Lloyd, R.; More Moons Around Earth? Its Not So Loony, Space.com, 29 de outubro de 1999
- ↑ Catalog Page for PIA09813
- ↑ NASA Planetary Photojournal PIA08328: Moon-Made Rings
- ↑ Cassini-Huygens press release NASA Finds Saturn's Moons May Be Creating New Rings Arquivado 12 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., 11 de outubro do 2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Epimeteo |
- Epimetheus Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 10 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- The Planetary Society: Epimetheus (en inglés)
- Cassini Images of Epimetheus Arquivado 20 de agosto de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- 'Solar System Dynamics' by Murray and Dermott The standard text on the subject, describes the orbits in detail. (en inglés)
- Imaxe da Cassini de Xano e Epimeteo preto do intercambio orbital. (en inglés)