Saltar ao contido

Thrymr (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thrymr
 Instancia de
 Epónimo
Þrymr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Designación provisional
S/2000 S 7 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0,47 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital176 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital−1.094,3 DD Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior20.219.000 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Diámetro8 km Editar o valor en Wikidata
Masa210 Tg Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente23,9 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
23 de setembro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/02t0cw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Thrymr ou Saturno XXX, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman, e o seu equipo no ano 2000, e recibiu a designación temporal de S/2000 S 7.

Thrymr ten uns 5,6 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 20,810 millóns de km en 1120,809 días, cunha inclinación orbital de 175° respecto da eclíptica (151° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,453. Thrymr podería estar formado a partir dos cascallos expulsados dos grandes impactos recibidos pola lúa Febe.

Recibiu o seu nome oficial a partir da mitoloxía nórdica, onde Thrymr era un Jotun ou xigante, coñecido por rouba-lo Mjolnir a Thor. O principio o nome oficial anunciado foi Thrym tal coma se pode ver na IAU Circular 8177, pero a UAI decidiría máis tarde engadirlle o -r final para darlle o caso nominativo á palabra base Thrym.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]