Anthe (lúa)
| Descubrimento | |
|---|---|
| Descuberta por | Equipo de imaxes da sonda Cassini |
| Descuberta no | 30 de maio do 2007 |
| Designación alternativa | Saturno XLIX |
| Características orbitais[1] | |
| Eixo semimaior | 197.700 km |
| Excentricidade | 0,001 |
| Período orbital | 1,03650 d |
| Inclinación | 0,1° respecto do ecuador de Saturno |
| Satélite de | Saturno |
| Características físicas | |
| Diámetro medio | 1 km |
| Masa | 5 x 1012 kg[2] |
| Densidade media | descoñecida |
| Gravidade superficial | descoñecida |
| Período de rotación | asumida coma sincrónica |
| Albedo | descoñecido |
| Oblicuidade | descoñecida |
Anthe (en grego Άνθη) é unha lúa moi pequena de Saturno que descansa entre as órbitas de Mimas e Encelado. Coñecida tamén coma Saturno XLIX; a súa designación temporal foi S/2007 S 4. Recibiría o nome dunha das fillas de Alcioneo; significa florida. É a 60ª lúa confirmada de Saturno.[3]
Foi descuberta polo Equipo de Imaxes da Cassini a partir de imaxes tomadas o 30 de maio do 2007.[1] Unha vez descuberta, unha procura en imaxes máis vellas tomadas pola propia Cassini revelaron a pequena lúa en observacións feitas en xuño do 2004. O seu descubrimento foi anunciado o 18 de xullo do 2007.[1]
Anthe está visiblemente afectada por unha resonancia de lonxitude media coa moito máis grande e masiva Mimas. Isto causa unha perturbación orbital no semieixo maior duns 20 kms de variación respecto da lonxitude do citado semieixo, se este non estivese perturbado, está variación ten lugar ó longo duns dous anos (anos terrestres). A proximidade ás órbitas de Pallene e Methone suxire que estas lúas poderían formar parte dun grupo dinámico.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 C. Porco & the Cassini Imaging Team (18-07-2007). "S/ 2007 S 4". International Astronomical Union Circulars 8857.
- ↑ asumindo unha densidade de 1,2 g/cm³
- ↑ Agle, D. C. (19-07-2007). JPL (Cassini-Huygens), ed. "Saturn Turns 60". Arquivado dende o orixinal o 04-04-2012. Consultado o 19-07-2007.