Saltar ao contido

Prometeo (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir co asteroide chamado 1809 Prometheus.
Prometeo
 Epónimo
 Designación provisional
S/1980 S 27 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Semieixo maior139.400 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Masa160 Eg Editar o valor en Wikidata
Albedo0,6 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
outubro de 1980 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01gb6b Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Prometeo (en grego Προμηθέας) é unha lúa interior de Saturno. Foi descuberta en outubro de 1980 (algúns días antes do 25 de outubro) a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma S/1980 S 27.[1] A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Prometeo, un Titán da mitoloxía grega.[2] Tamén é coñecida coma Saturno XVI.[3]

Esta pequena lúa é extremadamente alongada, cunhas dimensións de 119 x 87 x 61 kms. Ten varias cristas, vales e un bo número de cráteres que poden acadar 20 kms de diámetro, con todo ten menos cráteres cás súas lúas veciñas Pandora, Epimeteo e Xano. A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Prometeo é un corpo xeado moi poroso.

Prometeo actúa coma lúa pastor da parte interior do anel F. Imaxes recentes tomadas pola sonda Cassini amosa que a gravidade de Prometeo crea ondas e regueiros de material no anel F, coma se a lúa lle roubase algo de material ó anel. A órbita de Prometeo é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Pandora. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos,[4] cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 kms. Prometeo tamén está visiblemente perturbada por Atlas.

Galería multimedia

[editar | editar a fonte]
  1. IAUC 3532: Satellites of Saturn 31 de outubro de 1980 (descubrimento)
  2. IAUC 4157: Satellites of Saturn and Pluto 3 de xaneiro de 1986 (bautizando a lúa)
  3. USGS Astrogeology, ed. (21 de xullo do 2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 07-08-2006.
  4. Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 28 de maio de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]