Eclesioloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A eclesioloxía é a parte da teoloxía cristiá que dedica o seu estudo ó papel que desempeña a Igrexa coma unha comunidade ou entidade orgánica, e á comprensión do que "Igrexa" significa: o seu papel na salvación, a súa orixe, a súa relación co Xesucristo histórico, a súa disciplina e o seu liderado. Trátase xaora dun estudo da institución eclesial e mais do seu papel no devir da historia.

Alén de describir un amplo campo da teoloxía, o termo "eclesioloxía" pode empregarse no contexto específico dunha igrexa particular ou denominación. Este é o sentido do termo en frases como "Eclesioloxía católica romana", "Eclesioloxía luterana" e "Eclesioloxía ecuménica".