Oscar Roty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oscar Roty

Oscar Roty ca. 1900

Nome completoLouis Oscar Roty
Nacemento12 de xuño de 1846.
  París.
Francia
Falecemento23 de marzo de 1911
 París.
EducaciónÉcole nationale supérieure des arts décoratif.
École des beaux-arts de Paris.
Obras"A Sementadora" (1887).
NacionalidadeFrancia Francés.
CónxuxeMarie Boulanger (1878).
editar datos en Wikidata ]

Oscar Roty, nado en París o 12 xuño de 1846 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1911,[1] foi un escultor, medallista e deseñador de moedas e de selos de correos francés.

A súa figura é destacable sobre todo como autor do deseño da "Sementadora", cuxa orixe se remonta a un proxecto de medalla inconcluso de 1887 que Roty retomou en 1896 para responder a unha encarga do Ministerio de Finanzas. Esta figura foi moi utilizada en moedas da República Francesa en diversas ocasións a partir de 1897, e tamén nos selos postais a partir de 1903.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Oscar Roty, fillo dun profesor particular, naceu o 12 de xuño de 1846[2] no daquela municipio de Belleville, do departamento do Sena, posteriormente anexionado a París.[3][4]

Na xuventude foi aprendiz dun gravador e polas tardes recibía clases de debuxo. Uns anos despois, na Escola das Artes Decorativas de París foi alumno de Horace Lecoq de Boisbaudran, e na Escola de Belas Artes desta cidade tivo como mestre a Hubert Ponscarme en 1864.[2][5]

Posteriormente aprobou o exame que o habilitaba como profesor de Debuxo nas escolas de París.[2]

Roty concoreu ao prestixioso Premio de Roma de gravado de medalla e pedra fina en tres ocasións: en 1869 acadou unha mención,[6] en 1872 o segundo posto e,[7] finalmente, en 1875 conseguiu o primeiro premio,[5][8] o que lle permitiu pasar unha estadía como bolseiro na Villa Medici, de Roma, entre 1876 e 1879.[5][9]

Á volta a París en 1879 atopouse con graves dificultades económicas e procurou un posto como profesor nas escolas nocturnas, que ocupou durante cinco anos, ao tempo que a súa obra, sinaladamente as súas medallas e as súas plaquetas, ían gañando reputación na capital francesa.[9]

Escultura en bronce de Théordore Rivière que representa a Oscar Roty de corpo enteiro (finais do s. XIX)

En 1878 casou con Marie Boulanger, filla do ferraxeiro de arte Pierre François Marie Boulanger,[8] autor dos tirantes de ferro das portas de Notre Dame de París.[9]

En 1888 foi elixido membro da Academia de Belas Artes de París, e en 1897 presidente da institución.[10] Así mesmo, foi membro da Sociedade de Amigos dos Monumentos Parisienses desde 1898.[5] entre as entidades estranxeiras máis salientables, foi tamén membro da Academia Real de Bélxica e da American Numismatic Society.[10]

Xa desde 1901, Oscar Roty padecía de arteriosclerose. Morreu en París o 23 de marzo de 1911,[1][3][4] na súa residencia do número 30 da rúa Luxembourg, en París, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio de Montparnasse,[11] nunha tumba que fora deseñada por el mesmo.[12]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Honras[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

O estilo de Oscar Roty pódese relacionar remotamente co da Art Nouveau, pola fluidez e a delecadeza dos trazos, cunha marcada influencia da arte antiga no gusto polas cortinas ben traballadas, aínda de moda na época. Algunhas das súas obras están cargadas dun profundo simbolismo tradicional.

A cera sobre lousa preparatoria da "Sementadora" de 1887 consérvase en París no Museo de Orsay,[14] que tamén alberga outras 150 obras de Roty.[15]

No Museo Oscar Roty, establecido en Jargeau (Loiret) polo seu fillo Georges Roty,[16] consérvase practicamente toda a obra gravada do artista, con debuxos e ceras, entre elas a cera de 1896 preparatoria das moedas que o ano seguinte comezou a cuñar a Monnaie de Paris coa imaxe da "Sementadora".[17]

Louis Oscar Roty asinaba os seus traballos coa marca "O. Roty".[8]

"A Sementadora" (La Semeuse)[editar | editar a fonte]

Rosalinda Pesce, modelo de Oscar Roty para a súa Sementadora (ca. 1896)

As orixes da Sementadora remóntanse a un proxecto de 1887, que ficou inconcluso, para a creación dunha medalla de premio que o Ministerio de Agricultura lle encargara a Oscar Roty.[14][18]

Cando en 1896 o Ministerio de Facenda encargou novos deseños para as moedas francesas, Roty reelaborou a súa figura alegórica de 1887 cun estilo menos naturalista máis próximo á Art Nouveau, e tamén máis adaptado ás esixencias técnicas da cuñaxe industrial da época.[18]

A modelo de corpo enteiro que aparece nas dúas fotografías da época coñecidas —unha conservada no Museo Roty e a outra no Musée de La Poste— foi identificada en ocasións como Charlotte Ragot,[19][20] que efectivamente era unha das cinco modelos profesionais que o artista empregaba con regularidade.[21] No entanto, esta muller tiña naquel momento máis de trinta anos e deixara a profesión de modelo logo do seu casamento en 1890.[22]

Xa que logo, e seguindo os pasos do conservador do Museo Roty, Pierre Marc Chantereau,[21] acéptase xeralmente que Oscar Roty non se inspirou para a súa "Sementadora" nunha das súas modelos habituais, senón nunha rapaza inmigrante italiana que residía no seu mesmo barrio, Montparnasse, chamada Rosalinda —ou Rosalina— Pesce,[16][23][24][25] cuxo aspecto respondía á idea que Roty tiña e a quen non volveu utilizar despois. Con todo, a data de nacemento desta rapaza, o 8 de marzo de 1885 en Gallinaro,[26] atribúelle só once anos no momento da creación da obra, no canto dos supostos quince anos,[23][24][25] o que levou a Chantereau á hipótese de que o artista tería empregado varias modelos e que a Rosalinda lle correspondería unicamente o perfil do rostro.[22]

Ademais de ser utilizada para as moedas francesas que comezaron a cuñarse en 1897, a figura da "Sementadora" de Roty retomouse en 1960 para as series do "novo franco" introducido nese ano.[27][28] Do mesmo xeito, unha imaxe modernizada da "Sementadora" aparece novamente nas moedas francesas da serie do euro con valores de 10, de 20 e de 50 céntimos, baixo o deseño de Laurent Jorio.[29][30]

Pola súa banda, a "Sementadora" que comezou a aparecer nos selos de correos francesas a partir de 1903 foi gravada orixinariamente por Louis-Eugène Mouchon, baseándose nunha placa en relevo subministrada polo propio Roty.[31]

Medallas[editar | editar a fonte]

Plaquetas[editar | editar a fonte]

Obra escultórica[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Para George Frederick Kunz, a data de falecemento é 23 de maio de 1911. Kunz, G. F. (1913). Páxina 95.
  2. 2,0 2,1 2,2 Kunz, G. F. (1913). Páxina 93.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Roty, Louis Oscar". Base de données Léonore. Archives nationales.
  4. 4,0 4,1 Foville, A. (1911). Páxinas 159-160.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Roty, Louis Oscar". Comité des travaux historiques et scientifiques. École nationale des chartes.
  6. "Beaux-Arts". En La Comédie.? 15 de agosto de 1869. Páxina 3.
  7. Foville, A. (1911). Páxina 159.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Oscar Roty". Fondation et Musée Oscar Roty (Oscar-Roty.fr).
  9. 9,0 9,1 9,2 Kunz, G. F. (1913). Páxina 94.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Kunz, G. F. (1913). Páxina 97.
  11. "Roty Oscar (1846-1911). Montparnasse - 1ère division". Cimetières de France et d'ailleurs.
  12. Kunz, G. F. (1913). Páxina 94.
  13. 13,0 13,1 13,2 Foville, A. (1911). Páxina 161.
  14. 14,0 14,1 "La Semeusse. 1887. Médaillon en cire sur ardoise". Musee-orsay.fr
  15. "Collections du musée: Oscar Roty". Musee-Orsay.fr
  16. 16,0 16,1 "Musée Roty Arquivado 05 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Jargeau.fr
  17. "Le musée Arquivado 07 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". Fondation et Musée Oscar Roty (Oscar-Roty.fr).
  18. 18,0 18,1 "La Semeuse Arquivado 23 de agosto de 2012 en Wayback Machine.". Fondation et Musée Oscar Roty (Oscar-Roty.fr).
  19. "La Semeuse". Musee de La Poste (vídeo en Youtube).
  20. "La Semeuse". Musée de La Poste.
  21. 21,0 21,1 "Trisième République". Infonumis.info
  22. 22,0 22,1 "La célébrissime Semeuse et ses secrets Arquivado 06 de febreiro de 2023 en Wayback Machine.". En Chantereau, P. M. (2012).
  23. 23,0 23,1 Bulletin de la Société archéologique et historique de l'Orléanais, Société archéologique et historique de l'Orléanais, 1992. Páxina 33.
  24. 24,0 24,1 Santulli, M. (2011).
  25. 25,0 25,1 "Una ciociara la donna più nota di Francia. E dalla Francia al mondo intero". Ascolta La Ciociaria.
  26. "Le saviez-vous ?[Ligazón morta]". En Gal'niar. Association "Gli amici di Gallinar". Nº 9. 2016. Páxina 8.
  27. "1 franc Semeuse O.Roty, tranche striée, nickel". fr.numista.com
  28. "1 Franc (O. Roty)". Colnect.com
  29. "Le concours de dessin pour les pièces de l'euro". Monnaises-rares.com
  30. Moedas creadas por Laurent Jorio. Numista.com
  31. "Liste des timbres au type 'semeuse' ". Philatelie-francaise.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]