Laurent Jorio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Bouaké, Costa do Marfil (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | artista ![]() |
Laurent Jorio, nado o 1 de xaneiro de 1973[1] en Bouaké, Costa de Marfil, é un deseñador francés, autor do anverso das moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Laurent Jorio diplomouse en 1990 do Bacharelato Internacional de Xenebra e en 1991 do bacharelato francés. Posteriormente cursou estudos superiores de Comercio Internacional e de Deseño e Comunicación Audiovisual na escola Créapole de París.[2]

Durante a súa estadía como estudante en París, en 1999 creou o deseño do anverso das moedas divisionarias francesas da serie do euro con valores de 10, de 20 e de 50 céntimos, consistente nunha reinterpretación da clásica "sementadora", creada en 1897 polo escultor e medallista francés Oscar Roty (1846-1911).[2][3]
A marca de gravador de Jorio nestas moedas consiste na inscrición da frase "L. JRIO d'ap. O. ROTY" ("Laurent Jorio a partir de Oscar Roty") en orientación vertical no seu anverso.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Laurent JORIO". Verif.com
- ↑ 2,0 2,1 "Le concours de dessin pour les pièces de l'euro". Monnaises-rares.com
- ↑ 3,0 3,1 Moedas creadas por Laurent Jorio. Numista.com