Villa Medici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°54′28.8″N 12°28′58.8″L / 41.908000, -12.483000

Villa Medici en Roma.

A Villa Medici é unha vila manerista[1] e un complexo arquitectónico cos xardíns Borghese no Pincio, preto da igrexa Trinità dei Monti en Roma, Italia. A Villa Medici, fundada por Fernando I de Medici e no presente propiedade do estado francés, foi a sede da Academia Francesa en Roma dende 1803. Unha evocación musical dos seus xardíns aparece no poema sinfónico de Ottorino Respighi Fontane di Roma.

Historia[editar | editar a fonte]

Xardín da Villa Medici en Roma pintado por Diego Velázquez.

Na Antigüidade, o terreo onde se ergue a Villa Medici formaba parte dos Xardíns de Lúculo, que pasaron pola mans da familia imperial a través de Mesalina, muller de Claudio, que foi asasinada alí.

En 1564, cando os sobriños do Cardeal Giovanni Ricci de Montepulciano adquiriron a propiedade, esta estaba abandonada á viticultura había moito tempo. A única habitación era o pavillón do Cardeal Marcello Crescenzi, o cal mantiña aquí un viñedo, comezando a facer melloras na vila baixo a dirección do florentino Nanni Lippi. Porén, Lippi finou antes de que as obras tiveran comezado. Os novos propietarios contrataron a Annibale Lippi, fillo do falecido arquitecto, para continuar o traballo. Intervencións de Michelangelo som unha tradición.

En 1576, a propiedade foi adquirida polo Cardeal Fernando de Medici, o cal concluíu a estrutura segundo deseños de Bartolomeo Ammanati. A Villa Medici converteuse na única propiedade dos Medici en Roma. Foi concibida para dar expresión concreta á ascendencia da familia entre os príncipes italianos e afirmar a súa presenza permanente en Roma. Baixo a insistencia do Cardeal, Ammanati incorporou no deseño baixos relevos e estatuas romanos. Como resultado, as fachadas da Villa Medici convertéronse nun museo virtual ee espazo aberto. Unha serie de grandes xardíns lembraban os xardíns botánicos creados en Pisa e Florencia polo pai do Cardeal, Cosme I de Medici, protexidos en plantacións de piñeiros, alciprestes e carballos.

Notas[editar | editar a fonte]