Giampaolo Menichelli
Menichelli | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Giampaolo Menichelli | ||
Nacemento | 29 de xuño de 1938 | ||
Lugar de nacemento | Roma | ||
Altura | 1,70 m. | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira xuvenil | |||
Roma | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1957–1963 | Roma | 81 | (14) |
1958–1959 | → Sambenedettese | 27 | (6) |
1959–1960 | → Parma | 37 | (8) |
1963–1969 | Juventus | 144 | (40) |
1969–1970 | Brescia | 23 | (6) |
1970–1971 | Cagliari | 13 | (0) |
Total | 325 | (74) | |
Selección nacional | |||
1962–1964 | Italia | 9 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Giampaolo Menichelli, nado en Roma o 29 de xuño de 1938, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.
É irmán do ximnasta artístico Franco Menichelli, gañador de cinco medallas nos Xogos Olímpicos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no barrio romano de Portuense e formouse na canteira da Roma, debutando co primeiro equipo na Serie A o 9 de febreiro de 1958.

Na tempada 1958/59 saíu cedido ao Sambenedettese, onde destacou inmediatamente, marcando un gol no seu debut ante o Catania (2-2). Na seguinte campaña volveu ir cedido, desta vez ao Parma, e a continuación regresou a Roma, onde xogou durante os seguintes tres anos. En 1961 conquistou a Copa de Feiras, contra o Birmingham City inglés, sendo este o único título dun equipo italiano en dita competición europea.
En 1963 fichou pola Juventus, onde xogou durante as seguintes seis campañas, acumulando 194 partidos e 59 goles na Serie A. No Piemonte foi protagonista na conquista da Copa Italia 1964/65, onde se alzou como máximo goleador da competición, asinando tamén o gol decisivo na final contra o Grande Inter de Helenio Herrera.[1] Gañou tamén a liga na tempada 1966/67, campionato lembrado pola remontada na clasificación sobre o Inter de Herrera, culminada na última xornada.[2] Menichelli foi o máximo goleador do seu equipo, contribuíndo con 11 goles en 33 partidos.
No verán de 1969 pasou ao a Brescia, onde xogou só un ano sen poder evitar o descenso do equipo á Serie B. Uns meses despois foi contratado polo Cagliari para substituír ao lesionado Gigi Riva.[3] Despois dunha tempada en Sardeña retirouse definitivamente do fútbol aos 33 anos.
Durante a súa carreira totalizou 261 partidos e 60 goles na Serie A, e 64 partidos e 14 goles na Serie B.
Selección italiana[editar | editar a fonte]
Foi 9 veces internacional coa selección italiana, coa que debutou nun partido amigable contra Francia no Stadio Comunale de Florencia o 5 de maio de 1962, formando na dianteira xunto con José Altafini, Humberto Maschio, Bruno Mora e Omar Sívori.[4] Marcou o seu único gol coa azzurra unha semana despois, noutro amigable contra Bélxica.[5]
Disputou o Mundial de 1962 en Chile, sendo titular en dous partidos, contra Alemaña Federal e Chile.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Roma
- Copa de Feiras (1): 1960/61.
- Juventus
- Serie A (1): 1966/67.
- Copa Italia (1): 1964/65.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Pozzo, Vittorio (30 de agosto de 1965). "Ha deciso Menichelli". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ Pozzo, Vittorio (2 giugno 1967). "La Juventus campione d'Italia". La Stampa (en italiano). p. 8. Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ "Menichelli (ufficiale) al Cagliari". La Stampa (en italiano). 11 de novembro de 1970. p. 18. Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ "ITALIA - FRANCIA 2 - 1". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 24 de marzo de 2022.
- ↑ "BELGIO - ITALIA 1 - 3". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 24 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Tavella, Renato (1997). Il romanzo della grande Juventus (en italiano). Roma: Newton Compton. ISBN 978-88-541-6598-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador na Federación Italiana de Fútbol (en italiano).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).