Cesare Maldini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cesare Maldini
NEC tegen Feyenoord 0-2. A. C. Milaan hulptrainer Maldini op tribune, Bestanddeelnr 922-9044.jpg
Información persoal
Nome Cesare Maldini
Nacemento 5 de febreiro de 1932
Lugar de nacemento Trieste
Falecemento 3 de abril de 2016
Lugar de falecemento Milán
Altura 1,83 m.
Posición defensa
Carreira xuvenil
1950–1952 Triestina
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1954 Triestina 32 (0)
1954–1966 Milan 347 (0)
1966–1967 Torino 33 (0)
Selección nacional
1960–1963 Italia 14 (0)
Adestrador
1972–1974 Milan
1974–1976 Foggia
1976–1977 Ternana
1978–1980 Parma
1986–1996 Italia sub-21
1996–1998 Italia
2001 Milan
2001–2002 Paraguai
Na rede
FIFA: 174729 UEFA: 36660 Find a Grave: 160388673 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Cesare Maldini, nado en Trieste o 5 de febreiro de 1932 e finado en Milán o 3 de abril de 2016, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como defensa.

Capitán histórico do Milan, disputou 412 partidos co club e liderouno na conquista da súa primeira Copa de Europa na tempada 1962/63, ademais de gañar catro títulos da Serie A coa camiseta rossonera. Foi tamén capitán da selección italiana, coa que disputou o Mundial de 1962 en Chile.

Como adestrador dirixiu o Milan en dúas ocasións, así como os equipos italianos Foggia, Ternana e Parma. Estivo durante unha frutífera década á fronte da selección italiana sub-21, gañando a Eurocopa sub-21 tres veces consecutivas, antes de converterse en seleccionador italiano en 1996. Dirixiu a azzurra no Mundial de 1998 e a selección de Paraguai no Mundial de 2002, xa con 70 anos de idade.

Foi o iniciador dunha saga de futbolistas que continuaron o seu fillo e os seus netos. O seu fillo Paolo Maldini foi tamén capitán do Milan e da selección italiana, e pasou á historia como un dos mellores defensas de todos os tempos, con 902 partidos coa camiseta milanista e 25 títulos, entre eles cinco Ligas de Campións. Os seus netos Christian e Daniel Maldini son tamén futbolistas, o segundo deles xogador tamén do Milan dende 2020.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Trieste, nunha familia de orixe eslovena, sendo fillo de Albino Maldini, un mariñeiro, e de Maria Vodeb.[1][2]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como xogador no Triestina da súa cidade natal, en 1952,[3] e debutou na Serie A o 24 de maio de 1953, nun empate a cero contra o Palermo.[4] Despois de dúas tempadas co Triestina, en 1954 pasou ao Milan, converténdose nos seguintes anos nun símbolo do club.[5]

Debutou coa camiseta do Milan o 19 de setembro de 1954, nunha goleada por 4-0 en liga sobre o seu antigo equipo. Fíxose inmediatamente coa titularidade, nun conxunto no que militaban destacados xogadores como Lorenzo Buffon, Zagatti, Nils Liedholm, Gunnar Nordahl ou Schiaffino. Na súa primeira tempada gañou o seu primeiro título da Serie A, aos que sumou os das tempadas 1956/57, 1958/59 e 1961/62, así como unha Copa Latina.[4] Xogou 347 partidos co Milan na Serie A, marcando 3 goles,[6] e sumou un total de 412 encontros co club en todas as competicións.[7][8]

O equipo do AC Milan na tempada 1957/58.

Foi capitán dende 1961 e en 1963 levantou a Copa de Europa tras derrotar na final no estadio de Wembley ao Benfica de Mário Coluna e Eusébio por 2-1, con dous goles de José Altafini.[8][9][10][11] Deste xeito, o Milan converteuse no primeiro equipo italiano en gañar o trofeo continental, mentres que Maldini foi o primeiro capitán italiano en erguer a copa.[12][13]

Xogou o seu último partido co Milan o 22 de maio de 1966, na vitoria por 6-1 ante o Catania.[4] A continuación deixou o club lombardo, despois de doce tempadas, sendo sucedido como capitán por Gianni Rivera, e fichou polo Torino. Xogou unha soa tempada no equipo de Turín, antes de retirarse en 1967. Disputou o seu último encontro na Serie A o 28 de maio, nunha derrota por 2-1 ante o Napoli no estadio San Paolo.[4]

Selección italiana[editar | editar a fonte]

Foi 14 veces internacional coa selección italiana entre 1960 e 1963, e dende 1962 foi o seu capitán, sucedendo ao gardameta Lorenzo Buffon.[14] Debutou o 6 de xaneiro de 1960, na vitoria por 3-0 sobre Suíza na Copa Internacional de Europa Central de 1955/60.[14] Capitaneou o equipo no Mundial de 1962 en Chile, no que disputou dous encontros, contra Alemaña Occidental e Suíza. O equipo sufriu unha inesperada e controvertida eliminación na primeira rolda, aínda que Maldini foi elixido no Once Ideal do torneo debido ás súas boas actuacións.[15] Xogou o seu derradeiro partido coa selección en 1963 en Moscova, nun partido de clasificación para a Eurocopa contra a Unión Soviética, que rematou con vitoria da URSS por 2-0.[3]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Despois de retirarse dos terreos de xogo comezou unha carreira de adestrador. Os seus primeiros pasos deunos como axudante de Nereo Rocco no Milan en 1970, e en 1972 colleu as rendas do equipo, pasando Rocco a exercer como director técnico do club. O primeiro partido oficial de Maldini como adestrador do Milan produciuse o 6 de setembro de 1972, nunha vitoria por 1-4 sobre o FA Red Boys Differdange luxemburgués na Recopa de Europa.[4] O equipo de Maldini acabou gañando a Recopa e tamén a Copa de Italia, e perdeu por pouco a liga, que acabou en mans da Juventus por un punto de diferenza.[5][16]

A seguinte tempada comezou cunha derrota por un resultado global de 6-1 ante o Ajax na Supercopa de Europa, a peor derrota dun equipo italiano nunha final europea.[17] Foi destituído en abril de 1974, tras unha decepcionante derrota por 2-1 ante o Verona, e foi substituído por Giovanni Trapattoni.[4] Nos seguintes anos foi adestrador do Foggia, o Ternana e o Parma, este último na Serie C1, e co que logrou o ascenso á Serie B.[16]

De 1980 a 1986, foi un dos axudantes de Enzo Bearzot na selección italiana, e foi o segundo adestrador deste no Mundial de 1982 en España, que acabou gañando Italia.[16][18]

Selección italiana sub-21[editar | editar a fonte]

En 1986 fíxose cargo da selección italiana sub-21, á que adestrou durante os seguintes dez anos, gañando a Eurocopa sub-21 en tres ocasións consecutivas entre 1992 e 1996.[19] Como seleccionador sub-21 de Italia, foi mentor de moitos xogadores que máis tarde tiveron importantes carreiras, como Fabio Cannavaro, Gianluigi Buffon ou Francesco Totti. Tamén adestrou as seleccións olímpicas representaron a Italia nos Xogos Olímpicos de 1992 e 1996.[16][18]

Mundial de 1998[editar | editar a fonte]

Tralos seus éxitos coa sub-21, foi nomeado adestrador da selección absoluta en 1986, en substitución de Arrigo Sacchi.[3] Logrou unha crucial vitoria por 0-1 sobre Inglaterra no estadio de Wembley,[3] e mantívose invicto durante a fase de clasificación para o Mundial de 1998, conseguindo o pase na repesca, na que superou a Rusia.[18] A pesar das dificultades para clasificarse, os medios e seareiros italianos tiñan grandes expectativas do equipo de 1998, que incluía unha forte defensa, e varios destacados xogadores de ataque, como Christian Vieri, Alessandro Del Piero ou Filippo Inzaghi, que estaban no seu mellor momento. O fillo de Cesare Maldini, Paolo, era o capitán do equipo.[9][12][18]

Italia quedou encadrada no grupo B do torneo con Chile, Camerún e Austria, e logrou o primeiro posto do grupo.[20] Nos oitavos de final derrotou a Noruega por 1-0, caendo finalmente eliminada nos cuartos de final contra a anfitrioa e máis tarde campioa, Francia, na quenda de penaltis.[18]

Aínda que Italia non perdeu ningún partido no Mundial, Maldini dimitiu tralo torneo debido ás fortes críticas dos medios italianos polas súas tácticas "ultradefensivas" e "anticuadas", inspiradas no catenaccio.[3][21][18][22][23][24] Tamén foi criticado por deixar a Gianfranco Zola fóra do equipo e pola súa reticencia a aliñar xuntos a Roberto Baggio e Alessandro Del Piero, optando no seu lugar por que un xogador substituíse ao outro na segunda metade.[18][25] Estas controvertidas substitucións foron comparadas coas que realizaba Ferruccio Valcareggi alternando a Sandro Mazzola con Gianni Rivera na Copa do Mundo de 1970.[26]

Volta ao Milan e Mundial de 2002 con Paraguai[editar | editar a fonte]

Despois de traballar como observador do Milan desde febreiro de 1999, volveu brevemente ao banco do equipo en marzo de 2001, exercendo como adestrador interino do club (cuxo capitán era o seu fillo Paolo)[27] xunto a Mauro Tassotti, tralo despedimento de Alberto Zaccheroni.[28] A pesar dos malos resultados durante a tempada e a rematar a liga no sexto lugar, Maldini conseguiu unha histórica vitoria por 0-6 ante o Inter no Derbi de Milán, na que foi a peor derrota como local do Inter na Serie A e a maior goleada do Milan no Derbi.[29] Para a seguinte tempada foi substituído por Fatih Terim, aínda que permaneceu no club como axudante do adestrador.

Maldini co equipamento do Milan.

En xaneiro de 2002 converteuse no novo seleccionador de Paraguai.[30] O seu nomeamento causou certa polémica por non ter en conta aos adestradores locais e porque falaba pouco castelán.[3] Con todo, Maldini contou co apoio do porteiro estrela José Luis Chilavert e de varios outros xogadores.[22] O equipo estaba xa clasificado para o o Mundial de 2002 no momento no que accedeu ao cargo. Converteuse, aos 70 anos, no adestrador de máis idade en dirixiu unha selección nun Mundial, aínda que no Mundial de 2010 foi superado polo seleccionador de Grecia, o alemán Otto Rehhagel.[31]

A pesar de perder a Chilavert no primeiro partido por sanción, Paraguai conseguiu avanzar aos oitavos de final, despois do empatar 2-2 con Suráfrica,[32] perder por 3-1 contra España e gañar 3-1 a Eslovenia.[33][34] Nos oitavos foi eliminado por Alemaña, cun solitario gol de Oliver Neuville no minuto 89.[35]

Trala retirada[editar | editar a fonte]

Despois do Mundial de 2002, regresou ao Milan como observador de novos talentos.[36] Tamén traballou como analista deportivo para varias emisoras de radio e cadeas deportivas, como beIN SPORTS, e tamén para Al Jazeera en 2012, xunto con Alessandro Altobelli.

Faleceu o 3 de abril de 2016, aos 84 anos.[3] Na súa honra, gardouse un minuto de silencio antes de cada partido de liga en Italia ese fin de semana, mentres que os xogadores do Milan levaron brazaletes negros no seu partido ante a Atalanta. Un dos netos de Maldini, Christian, capitaneou o equipo xuvenil nun partido amigable na súa honra.[37] O seu funeral celebrouse o 5 de abril, na Basílica de Sant'Ambrogio de Milán, e contou coa asistencia de importantes figuras do fútbol.[38] A súa muller morreu ese mesmo ano, o 28 de xullo.[39]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1962 con Maria Luisa Mazzucchelli,[40] coa que tivo seis fillos: tres homes e tres mulleres.[3] Un dos seus fillos, Paolo, foi tamén futbolista, e do mesmo xeito que seu pai, capitaneou o Milan e a selección italiana, sendo un dos defensas máis destacados de ambos conxuntos e da historia do fútbol.[41] Os dous fillos de Paolo, Christian e Daniel, son tamén futbolistas e formáronse ambos na canteira do Milan, chegando Daniel ao primeiro equipo en 2020.[12][42] Cesare é ademais tío de Pero Maldini, coñecido analista político de Croacia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Milan

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Milan

Italia sub-21

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Federico Buffa (11 de abril de 2015). Storie di Campioni: Dinastia Maldini [Historia de campións: Dinastía Maldini] (en italiano). Italia: Sky Sport. 
  2. "I Maldini, dinastia rossonera: da Cesare a Paolo, poi a Christian e Daniel". Corriere della Sera (en italiano). 3 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Glanville, Brian (5 de abril de 2016). "Cesare Maldini obituary". The Guardian (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Cesare MALDINI". magliarossonera.it (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Milan great Cesare Maldini dies aged 84" (en inglés). 3 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  6. https://www.acmilan.com/en/cesare-maldini. Consultado o 1 April 2015.  Falta o |title= (Axuda)
  7. "Estatísticas de Maldini co Milan". acmilan.com (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  8. 8,0 8,1 Butler, Michael (3 de abril de 2016). "Cesare Maldini, former Milan captain and Italy manager, dies aged 84". The Guardian (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Italy place faith in family values". The Irish Times. 11 de outubro de 1997. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  10. "Milan maestros recall Wembley joy in 1963". UEFA (en inglés). 29 de abril de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  11. "Morto Cesare Maldini, aveva 84 anni". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 3 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Mendelsohn, Tom (3 de abril de 2016). "Cesare Maldini obituary: Italy and AC Milan legend dies at 84" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  13. "1963, Cesare Maldini primo italiano ad alzare la Coppa Campioni: Milan sul tetto d’Europa". Corriere della Sera (en italiano). 3 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  14. 14,0 14,1 "Convocazioni e presenze in campo". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  15. "FIFA World Cup All-Star Team". football.sporting99.com (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Costa, Alberto. "Maldini, Cesare". Enciclopedia dello Sport (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  17. "Ajax enjoy early success". UEFA (en inglés). 1 de marzo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2008. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 "Capitolo II: Le scelte di Cesare". storiedicalcio.altervista.org (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  19. "Italy beats Spain: third European title for Cesare Maldini" (PDF). Federación Italiana de Fútbol (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  20. "Vieri, Baggio goals help Italy win 2-1, avoid Brazil". Sports Illustrated (en inglés). 15 de setembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2007. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  21. "Il paradosso di Cesarone: le ‘Maldinate’ in campo, il gioco all’italiana in panchina" (en italiano). 3 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  22. 22,0 22,1 "Cesare Maldini". BBC (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  23. "Test per la difesa a tre Spazio a Cossu e Maggio". la Repubblica (en italiano). 2 de marzo de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  24. "Zoff: «Berlusconi, Bearzot e Totti. Vi svelo tutto»" (en italiano). 12 de setembro de 2015. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  25. Curro, Enrico (15 de xuño de 1998). "Maldini sceglie Baggio, ma Alex vuole il posto". la Repubblica (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  26. "Messico 70 e quei 6 minuti che sconvolsero l’Italia" (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  27. "Prima trasferta". Rai Sport (en italiano). 7 de abril de 2001. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2005. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  28. "Professor Seedorf needs time for right chemistry at Milan" (en inglés). 20 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  29. "Inter-Milan 0-6, la partita che ha cambiato la storia del derby di Milano" (en italiano). 11 de maio de 2021. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  30. "Maldini viaja para firmar como nuevo seleccionador de Paraguay". As (en castelán). 27 de decembro de 2001. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  31. "Maldini, dalla Coppa Campioni a c.t. del figlio: una carriera straordinaria". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 3 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  32. "South Africa peg back Paraguay". BBC (en inglés). 2 de xuño de 2002. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  33. "Spain reach last 16". BBC (en inglés). 7 de xuño de 2002. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  34. "Eslovenia - Paraguai". Sky Sports (en inglés). 12 de xuño de 2002. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  35. "Germany edge out Paraguay". BBC (en inglés). 15 de xuño de 2002. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  36. "Mondiali, Cesare Maldini: farò l'osservatore del Milan" (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  37. "Former Italy coach Maldini passes away" (en inglés). 3 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  38. "AC Milan legends lead the tributes as famous faces from the world of football turn out in force at Cesare Maldini's funeral" (en inglés). 5 de abril de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  39. "Milan, lutto in casa Maldini: è morta Marisa, moglie di Cesare" (en italiano). 28 de xullo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  40. "Paolo Maldini ricorda mamma Marisa: "Non potevi vivere senza papà"". TgCom24 (en italiano). 30 de xullo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  41. Radaelli, Roberta (29 de maio de 2009). "Retiring Maldini celebrates the beauty of Milan". UEFA (en italiano). Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  42. "Daniel Maldini, hijo de Paolo y nieto de Cesare, debuta con el Milan" (en castelán). 3 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]