Glee
Glee | |
---|---|
![]() Logo de Glee. | |
Formato | Musical, comedia, drama |
Creado por | Ryan Murphy Brad Falchuk Ian Brennan |
Desenvolvido por | Alexis Martin Woodall Michael Novick Kenneth Silverstein Robert Del Valle Roberto Aguirre-Sacasa |
Intérpretes | Dianna Agron Jacob Artist Melissa Benoist Chris Colfer Darren Criss Jessalyn Gilsig Blake Jenner Dot-Marie Jones Jane Lynch Jayma Mays Kevin McHale Lea Michele Cory Monteith Heather Morris Matthew Morrison Alex Newell Mike O'Malley Chord Overstreet Amber Riley Naya Rivera Mark Salling Harry Shum, Jr. Becca Tobin Jenna Ushkowitz |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 121 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Ryan Murphy Brad Falchuk Dante Di Loreto Ian Brennan Russel Friend Garrett Lerner Bradley Buecker |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 40–48 minutos 56 minutos ("Born This Way") |
Distribuidor | 20th Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Fox |
Formato de imaxe | 720p (16:9 HDTV) |
Primeira emisión | 19 de maio de 2009 |
Derradeira emisión | 20 de marzo de 2015 |
Ligazóns externas | |
Páxina web | |
Ficha na IMDb |
Glee (estilizado como glee) é unha serie de televisión estadounidense do xénero musical, comedia e drama que foi emitida a través da canle Fox dende o 19 de maio de 2009 até o 20 de marzo de 2015. Céntrase nos estudantes do instituo ficticio William McKinley High School, no que os seus membros fan espectáculos musicais ó tempo que teñen que afrontar os comúns problemas de instituto, a aceptación social, as relacións sexuais e a discriminación para aprender a traballar como un equipo. Entre os actores iniciais están Matthew Morrison, que interpreta o director do club Will Schuester, Jane Lynch como a adestradora Sue Sylvester, Jayma Mays como a conselleira estudantil Emma Pillsbury, Jessalyn Gilsig como a muller de Will Terri e Dianna Agron, Chris Colfer, Kevin McHale, Lea Michele, Cory Monteith, Amber Riley, Mark Salling e Jenna Ushkowitz como os oito membros do club. O elenco principal da serie variou ó longo da serie.
A serie foi creada por Ryan Murphy, Brad Falchuk e Ian Brennan, sendo este último o que concibía orixinalmente Glee como un filme. Os tres escribiron tódolos episodios das dúas primeiras tempadas, e Murphy e Falchuk exerceron nun principio como os directores principais da serie. O episodio piloto emitiuse o 19 de maio de 2009, e a primeira tempada estreouse do 9 de setembro de 2009 até o 8 de xuño de 2010. As seguintes tempadas estreáronse en setembro e concluíron en maio. A sexta e derradeira tempada emitiuse dende xaneiro a marzo de 2015.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Stanhope, Kate (20 de novembro de 2014). TV Guide, ed. "Fox Announces Premiere Dates for Glee's Goodbye, The Following's Return". Consultado o 21 de novembro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glee ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- Glee na IMDb (en inglés).
![]() |
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |