Grease (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Grease
Ficha técnica
Título orixinalGrease
DirectorRandal Kleiser
Produtor
GuiónBronte Woodard
Baseado enGrease de Jim Jacobs
Warren Casey
Intérpretes
MúsicaMichael Gibson
FotografíaBill Butler
Montaxe
  • John F. Burnett
  • Robert Pergament
Estudio
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea16 de xuño de 1978
Duración110 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia musical
Orzamento6 millóns de dólares
Recadación366,2 millóns de dólares

Grease é un filme musical de 1978 ambientado nos anos 50, escrito por Bronte Woodard[1] e dirixido por Randal Kleiser. Está protagonizado por John Travolta e Olivia Newton-John. A cinta está baseada no musical homónimo de 1972, creado por Jim Jacobs e Warren Casey. O filme narra a historia de amor entre o rebelde Danny Zuko (John Travolta) e a inocente Sandy Olsson (Olivia Newton-John).

Estreado o 16 de xuño de 1978, Grease foi un grande éxito comercial e da crítica, converténdose no musical con maior recadación de tódolos tempos.[2] O álbum da súa banda sonora foi o segundo máis vendido en 1978 nos Estados Unidos, só por detrás da banda sonora do filme Saturday Night Fever (que tamén protagonizou Travolta)[3] e conseguiu un nomeamento ós Óscar pola canción "Hopelessly Devoted to You" na 51ª edición dos premios. En 2020, o filme foi escollido para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[4]

Tivo unha secuela, Grease 2, que se estreou en 1982, protagonizada por Maxwell Caulfield e Michelle Pfeiffer. Poucos membros do elenco orixinal retomaron os seus papeis na secuela. En 2020, Grease: Rise of the Pink Ladies, unha serie de Paramount+ baseada no filme, así como a súa precuela, Summer Lovin', estaban en fase de produción.[5][6]

Argumento[editar | editar a fonte]

O filme comeza cos protagonistas principais, Danny Zuko (Travolta) e Sandy Olsson (Newton-John), pasando o verán xuntos e formalizando unha relación. Desgraciadamente, ambos teñen que despedirse ao termo das vacacións debido a que ela e a súa familia teñen que regresar a Australia. Con todo e para a súa sorpresa, os pais cambian de opinión e quedan nos Estados Unidos e inscríbese no instituto Rydell (un instituto ficticio en California), onde estuda a súa amiga Frenchy, membro dun grupo feminino chamado As Damas Rosas (The Pink Ladies no orixinal en inglés). O que non sabe é que nese mesmo instituto tamén estuda Danny.

Danny, pola súa banda, é o colíder dun grupo de catro mozos, os T-Birds (Thunder Birds). Kenickie, primeiro ao mando dos T-Birds, anima a Danny para que lles conte a súa experiencia de vacacións, mentres que as Damas Rosas interrogan a Sandy. Este escenario desemboca na canción "Summer Nights" ("Noites de verán"), na que ambos relatan o seu punto de vista sobre a súa relación de verán co outro. Vese claramente que Danny esaxera e ningún dos dous sabe da presenza do outro no instituto. Animada por Patty Simcox, unha moza popular do instituto, Sandy apúntase ao equipo de animadoras de Rydell. As Damas Rosas fan coincidir a Danny e a Sandy, pero Danny ten que protexer a súa imaxe de tipo duro e o seu comportamento cara a Sandy fai que ela se vaia correndo entre bágoas. Frenchy tenta animar a Sandy convidándoa a unha festa de pixamas na súa casa co resto das rapazas. Sandy apúntase, pero o seu comportamento de nena boa que nunca rompeu un prato remata coa paciencia de Rizzo, xa que Sandy se atraganta cun cigarro, non lle gusta o sabor do viño e aterrorízalle a idea de que Frenchy lle perfore os lóbulos das orellas para levar pendentes. Ante a insistencia de Frenchy, Sandy vai con ela ao baño e alí ponse enferma con só ver o sangue. Frenchy comunica ás súas amigas que vai deixar o instituto para ir a unha escola de beleza. Rizzo non pode máis e mófase de Sandy xunto con todas as demais cantando a sarcástica "Look at me, I'm Sandra Dee".

Os T-Birds chegan á casa de Frenchy e Rizzo deslízase polo tellado para ir con eles. Ela e Kenickie flirtean un pouco e Kenickie convídaa a subir ao coche. Danny vaise pola súa conta e Kenickie e Rizzo marchan no coche, deixando tirados aos demais T-Birds, que deciden ir comer unha pizza. Sandy sae afora e decide que, a pesar de todo, segue namorada de Danny, cantando a canción "Hopelessly Devoted to You", unha canción de amor engadida expresamente para o filme e que foi un gran éxito como sinxelo.

A escena cambia a Rizzo e Kenickie bicándose apaixonadamente no asento traseiro do coche. Queren levar as cousas un paso máis aló, pero o condón que Kenickie levaba na carteira rompe. Rizzo, incapaz de resistir aos encantos de Kenickie, lánzase sobre Kenickie e seguen adiante sen protección. Axiña son interrompidos por Leo, líder da banda dos Escorpions (The Scorpions), rivais dos T-Birds, que causa algúns danos ao coche de Kenickie e insulta a ambos.

Mentres traballan na reparación do coche, os T-Birds fantasean sobre como quedará o coche unha vez estea posto a punto e pintado, cantando "Greased Lightning". Danny atópase máis tarde no Palacio do xeado (Frosty Palace) e téntase desculpar con ela pola súa actitude. Ao ver que Sandy está a compartir un refresco con Tom Chisum, un deportista, decide que se ese é o tipo de home que a ela lle gusta, el pode converterse nun apuntándose a algún deporte no instituto.

O seguinte que se ve é a desastrosa exhibición de Danny en baloncesto, loita libre e béisbol, disciplinas nas que sempre perde a paciencia e termina pegando a alguén. Finalmente ve que o seu deporte ideal é o atletismo, pola falta de contacto co opoñente. Mentres Danny está a adestrar en carreira de valos, ve a Sandy e tropeza. Sandy deixa a Tom Chisum para ver se Danny está ben, reconciliándose con el. Danny tenta ir ao Palacio do xeado con Sandy para estar sós e non preocuparse por arruinar a súa imaxe diante dos seus amigos. Alí descobre que tanto os T-Birds como as Damas Rosas xa están alí, e a Danny resúltalle moi complicado seducir a Sandy sen parecer brando diante do seu grupo. Cando todo o mundo se foi da xeadaría, Frenchy, que estivo ocultando a cor do seu pelo baixo un pano, revela que está a ter problemas na escola de beleza xa que ten o pelo de cor rosa por un erro na tinguidura. Entón imaxínase que ten un anxo da garda emulando á película "Tammy" con Debbie Reynolds, que lle di que debe facer coa súa vida. Este anxo resulta ser Frankie Avalon, ídolo adolescente de fins da década dos anos 1950 que a anima a volver ao instituto cantando "Beauty School Dropout".

O programa de televisión National Bandstand ten pensado emitir en directo precisamente desde o ximnasio do instituto Rydell, motivo polo cal se organiza un concurso de baile ao que Danny leva a Sandy. Rizzo, enfadada con Kenickie, leva ao baile a Leo, o líder da banda rival, obrigando a Kenickie a levar á noiva deste, ChaCha DiGregorio, quen á súa vez foi noiva de Danny hai tempo. O presentador do programa, Vince Fontaine, ten un flechazo con Marty, das Damas Rosas. O baile presenta moitas cancións coñecidas dos anos 1950 versionadas polo grupo Xa Na Na. Durante o baile, Rizzo abandona o recinto enfadada cando ve a Kenickie con ChaCha, mentres que Danny e Sandy son das poucas parellas que van quedando no concurso. Nun momento dado, Sonny tira de Sandy deixando a Danny bailando con ChaCha. Sandy dáse conta de que ChaCha é unha exmoza de Danny e moito mellor bailarina que ela, abandonando o ximnasio enfadada. Danny e ChaCha gañan o concurso de baile.

Máis tarde, Danny leva a Sandy a un autocinema onde se desculpa por tela deixado desa maneira. A desculpa non significa demasiado para Sandy, de modo que Danny tenta quitar o anel que leva para darllo a ela pero ao facelo, accidentalmente crávalle o cóbado no peito. Ao darllo, Sandy bícalle na fazula dicindo que agora se dá conta de que de verdade a respecta. O plano cambia a Marty e Rizzo nos lavabos do mesmo cine. Alí, Rizzo dille a Marty que ten unha falta e está aterrada xa que tivo sexo con Kenickie sen protección. Ao saír dos lavabos a Marty escápaselle un comentario con respecto ao embarazo de Rizzo, que Sonny ouve de casualidade. A murmuración propágase como a pólvora até chegar ao propio Kenickie. Cando este lle pregunta a Rizzo se é verdade, ela pregúntalle por que lle preocupa e Kenickie di que non escapa dos seus erros, e Rizzo dille que non se preocupe, que non foi o seu erro. El dálle as grazas sarcasticamente e déixaa alí.

De novo no coche, Danny ten o brazo ao redor de Sandy, e tenta descaradamente meterlle man a Sandy e enrolarse con ela. A ela non parece entusiasmarlle a idea e sae do coche enfadada dando unha portada que golpea a Danny na entrepierna. Tras tirarlle de volta o anel, abandona o cine. Danny laméntase por perder de novo a Sandy e revela o auténtico alcance dos seus sentimentos cara a ela na canción "Sandy".

A seguinte escena é a carreira entre Leo e Kenickie na canle. Kenickie pídelle a Danny que sexa o seu padriño no desafío, e Marty dálle a Kenickie un penique que se atopou para que lle dea sorte. Ao deixalo caer, Kenickie agáchase a recollelo e un dos T-Birds abre a porta sen verlle, golpeándoo na cabeza. Deciden que Danny correrá no seu lugar e mentres, Sandy ve o espectáculo desde a distancia. A carreira (que resulta ser unha parodia da famosa carreira de Ben-Hur) está moi disputada aínda que finalmente Danny gaña. Alegrada polo triunfo de Danny, Sandy dáse conta dos seus sentimentos cara a Danny e considera que a súa imaxe e a súa actitude son demasiado puritanas, coa canción "Look at Me, I'm Sandra Dee (reprise)". Mentres Danny vai celebrar a carreira cos T-Birds, Frenchy ve a Sandy e quedan para facerlle a Sandy un completo cambio de imaxe.

É xa o último día de clase e organizouse unha feira no instituto Rydell. Rizzo está montada nunha nora con Frenchy, e Kenickie dille que se baixe porque está nunha certa condición e ela dille que foi unha falsa alarma. Kenickie e Rizzo reconcílianse. Danny aparece alí coa sudadera deportiva do equipo de atletismo, e Doody, Sonny e Putzie dinlle que agora é un atleta e que iso significa que deixará aos T-Birds. El di que si porque iso é o que Sandy quere. De súpeto Sandy aparece cunha chaqueta de coiro negro, sandalias de tacón alto, un top cos ombreiros ao aire, o pelo rizado e pantalóns axustados e fumando un cigarro. Danny atópaa extremadamente atractiva, caendo aos seus pés. Ambos volven estar xuntos e cantan "You're the One That I Want" ("Es o que eu quero"), (outra canción engadida para a película e un gran éxito mesmo antes de que a película estreárase), chegando ao número un da lista de popularidade de Billboard en 1978. Todos cantan o gran finale, "We Go Together", e Danny e Sandy vanse voando nun convertible, desaparecendo no ceo (versión máis longa).

Durante os créditos, que ten a forma dun anuario escolar, pode escoitarse "Grease (reprise)".

Elenco[editar | editar a fonte]

John Travolta

Principal[editar | editar a fonte]

Protagonistas[editar | editar a fonte]

T-Birds[editar | editar a fonte]

Pink Ladies[editar | editar a fonte]

Secundarios[editar | editar a fonte]

Estudantes[editar | editar a fonte]

Persoal do instituto[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Nomeamento ao Óscar 1978 á mellor canción por «Hopelessly Devoted to You» (composta por John Farrar).
  • Candidaturas aos Globos de Ouro 1978 por mellor película (musical ou comedia), mellor actor (musical ou comedia) (John Travolta), mellor actriz (musical ou comedia) (Olivia Newton-John), mellor canción orixinal («You're the One That I Want» por John Farrar e «Grease» por Frankie Valli).
  • Premio á mellor película nos Golden Screen alemáns 1979.
  • Premio á mellor película musical nos People's Choice Awards 1978.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grease movie soundtrack earns its second #1 hit". History.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2012. Consultado o 2012-10-30. 
  2. Hofler, Robert (2010). Party Animals: A Hollywood Tale of Sex, Drugs, and Rock 'N' Roll Starring the Fabulous Allan Carr. ReadHowYouWant.com. p. 145. ISBN 9781459600072. Despite the fact that Grease was well on its way to becoming the highest-grossing movie musical in the world, and eventually grossed over $341 million... 
  3. "Year End Charts—Year-end Albums—The Billboard 200". Billboard.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2007. Consultado o 2010-12-20. 
  4. Alter, Rebecca (2020-12-14). "Shrek Has Been Inducted Into the National Film Registry". Vulture. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020. 
  5. Nick Vadala (17 de outubro de 2019). "'Grease's' Rydell High, inspired by Radnor High School, is getting an HBO Max series". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  6. Kit, Borys (9 de abril de 2019). "'Grease' Prequel 'Summer Lovin'' in the Works With John August Writing (Exclusive)". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 9 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]