Gene Kelly
Eugene Curran Kelly, nado en Pittsburgh, Pensilvania o 23 de agosto de 1912 e finado en Beverly Hills, California o 2 de febreiro de 1996 foi un actor, director, bailarín e coreógrafo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos oito anos el e o seu irmán máis vello James foron apuntados pola súa nai nunha escola de danza. Ambos os dous rebeláronse, mais Gene acabaría volvendo á danza por iniciativa propia. Marchou á universidade para estudar xornalismo, pero a crise económica fixo que tivese que buscar traballo, bailando co seu irmán máis novo, Fred, en concursos de talento e clubs nocturnos.
En 1931 comezou os estudos de economía na University of Pittsburgh, chegando a ser director do Cap and Gown Club, entre 1934 e 1938. Durante eses anos a súa familia creou un estudio de baile, na que Kelly era profesor.
Finalmente decidiu dedicarse exclusivamente á danza, conseguindo o seu primeiro traballo en Broadway en 1938. Pouco despois comezaron a chegar ofertas de Hollywood, mais non marchou de Nova York ata 1941, ano no que asinou un contrato con David O. Selznick.
Kelly levou a Hollywood a Stanley Donen como axudante de coreografía, pero finalmente ambos os dous codirixirían varios filmes, sendo o primeiro On the Town. Tras a idade de ouro dos musicais volveu ao teatro, facendo algunhas aparicións no cinema e na televisión.
A finais da década de 1980 a súa saúde declinou, finando en 1996 por complicacións tras un infarto.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1942 | For Me and My Gal |
| 1943 | Du Barry Was a Lady |
| 1943 | Thousands Cheer |
| 1944 | Cover Girl |
| 1945 | Levando áncoras |
| 1945 | Ziegfeld Follies |
| 1947 | Living in a Big Way |
| 1948 | The Pirate |
| 1948 | The Three Musketeers |
| 1949 | Take Me Out to the Ball Game |
| 1949 | On the Town |
| 1950 | "Black Hand" |
| 1950 | Summer Stock |
| 1951 | An American in Paris |
| 1952 | Singin' in the Rain |
| 1954 | Brigadoon |
| 1954 | Deep in My Heart |
| 1955 | Sempre fai bo tempo |
| 1956 | Invitation to the Dance |
| 1957 | Les Girls |
| 1958 | Marjorie Morningstar |
| 1960 | Inherit the Wind |
| 1960 | Let's Make Love |
| 1964 | What a Way to Go! |
| 1966 | Les Demoiselles de Rochefort |
| 1974 | That's Entertainment! |
| 1980 | Xanadu |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wise, James (1997). Naval Institute Press, ed. Stars in Blue: Movie Actors in America's Sea Services. Annapolis, MD. ISBN 1557509379.