Obelisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un dos obeliscos do Templo de Luxor na Praza da Concordia de París.

O termo de orixe grega obelisco designa un pilar labrado isolado, con remate en forma de pirámide, de sección cadrada ou rectangular que se estreita na parte superior e que ten función ornamental. Os obeliscos antigos facíanse dunha única pedra (monólitos).

Obeliscos antigos[editar | editar a fonte]

Obeliscos exipcios[editar | editar a fonte]

"A Agulla de Cleopatra", na marxe do Río Támesis, en Londres

Os obeliscos constituían unha parte relevante da arquitectura dos antigos exipcios, que os colocaban en pares a ambos os dous lados da entrada dos templos. O material máis habitual era o granito, pero tamén se utilizaban a cuarcita e o basalto. O remate, ou piramidión, recobríase frecuentemente de láminas de ouro. Os primeiros construíronse durante o Imperio Antigo, mais o máis antigo que se conserva é de Sesostris I, faraón da XII dinastía, en Heliópolis. Sobreviven vinte e sete, máis un incompleto que fica nunha canteira de Asuán.

O obelisco simbolizaba a "colina primordial", o denominado benben, sobre o cal apareceu o sol por primeira vez. Este símbolo solar difundíuse por todo o Exipto desde Heliópolis. Simbolizada posteriormente o deus sol Ra e durante o breve período de reforma relixiosa de Akhenatón dicíase que era o raio petrificado de atón, o disco solar. Pensábase tamén que o deus existía dentro da estrutura.

Os obeliscos exipcios fóra de Exipto[editar | editar a fonte]

Aos romanos marabillábanlles os obeliscos, de tal xeito que hai o duplo de obeliscos en Roma dos que fican en Exipto. Nesta cidade o máis notábel é o que se ergue na Praza de San Pedro, que mide 25 m. e fora colocado no ano 37 no muro do Circo de Nerón. Para transportalo desde Exipto foi preciso construir unha embarcación xigantesca, como narra Plinio o Vello. Máis de 1500 anos despóis, Sixto V quíxoo desenterrar e erguer de novo en fronte da nova Basílica de San Pedro, para o que fixeron falta 1000 homes, 140 carros e 47 grúas.

Herodes o Grande imitou aos seus patronos romanos erguendo outro obelisco de granito exipcio no hipódromo da súa capital nova de Cesarea, no norte de Xudea. Descoberto polos arqueólogos, foi reposto no seu lugar.

En Constantinopla, o emperador Teodosio I tamén ergueu un obelisco en 390 no seu hipódromo, onde ainda se atopa.

Outros obeliscos recorreron distancias ainda máis longas. Fora do mundo romano, os máis coñecidos son os dous que se chaman Agulla de Cleoplatra en Londres e Nova York e o da Praza da Concordia de París.

Os 28 obeliscos exipcios coñecidos atópanse nas seguintes localizacións:

Punta do obelisco caído de Hatshepsut, Karnak

Os romanos tamén esculpiron os seus propios obeliscos ao estilo exipcio e coñécense cinco obeliscos romanos antigos en Roma. Na Praza da República de Arles, Francia, hai un do século IV.

Asiria[editar | editar a fonte]

Os obeliscos tamén eran coñecidos para os asirios. Un deles é o Obelisco Negro do rei Shalmaneser III, do século IX a.C., actualmente no Museo Británico.

Obeliscos axumitas[editar | editar a fonte]

No Reino axumita da Etiopia erguéronse moitos obeliscos, o máis notábel dos cales é o Obelisco de Axum, de 24m., esculpido arredor do século IV. Foi saqueado polos italianos despóis da Segunda guerra italo-abisinia, levado a Roma en 1937 e colocado na Piazza di Porta Capena. En 2003 o goberno italiano decidiu devolvelo, o que se levará a cabo durante 2005.

Obeliscos modernos[editar | editar a fonte]

Desde o Renacemento, o obelisco convertiuse nunha forma arquitectónica habitual, especialmente funeraria, e pódense achar obeliscos por todo o mundo. Son moi frecuentes, por exemplo, nos cemiterios norteamericanos.

Destacan os seguintes:

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O nome do personaxe Obélix da banda deseñada Asterix deríva da palabra obelisco e el mesmo traballa nunha canteira de menhires. Porén, o seu nome deriva do símbolo de puntuación tipográfica daga, coñecido tamén como obelisco, da mesma maneira que o nome de Asterix deriva de asterisco.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes de obeliscos de Galicia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]