Saltar ao contido

Muhammad Iqbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMuhammad Iqbal

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ur) علامه محمد اقبال‎ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1877 Editar o valor en Wikidata
Sialkot (Raj Británico) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1938 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Lahore (Raj Británico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForte de Lahore (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLahore (1908–1938)
Sialkot (pt) Traducir (1877–1897) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic - Doutor en filosofía (1907–1907)
Universidade de Cambridge - grao en Artes (1905–1907)
Trinity College - grao en Artes (1905–1908)
Government College University (en) Traducir - mestría en artes (1897–1899)
Government College University (en) Traducir - grao en Artes (1895–1897)
Murray College (en) Traducir - faculty of arts (en) Traducir (1893–1895)
Universidade de Heidelberg
Oriental College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, filosofía e política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor de literatura infantil, político, poeta, escritor, avogado Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeKarim Bibi
Mukhtar Begum
Sardar Begum Editar o valor en Wikidata
FillosJavid Iqbal
 () Sardar Begum Editar o valor en Wikidata
PaisNoor Muhammad Editar o valor en Wikidata  e Imam Bibi Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina weballamaiqbal.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1207093 Musicbrainz: fc7dc796-48a9-4a6a-a52a-d2bbb967bd12 Editar o valor en Wikidata

Muhammad Iqbal (en urdú: محمد اقبال ‎), nado en Sialkot o 9 de novembro de 1877 e finado en Lahore o 21 de abril de 1938, tamén coñecido como Allama Iqbal (علامہ اقبال), foi un avogado, político, poeta e filósofo da India británica, considerado o inspirador do Movemento de Paquistán.[1] e como tal denominado o "pai espiritual de Paquistán".[2] Unha das figuras máis importantes da literatura urdú, foi tamén un destacado poeta en persa. Ordenado cabaleiro por Xurxo V,[3] tiña o título de sir.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A nai de Iqbal.

Iqbal naceu na provincia de Punjab, entón na India británica e despois parte de Paquistán. Os seus avós eran pandits de Caxemira, brahmanas do clan Sapru que se converteran ao islam.[4] No século XIX ao conquistar o Imperio Sikh Caxemira, a familia de seu avó emigrou ao Punjab. Iqbal mecionou a miúdo e conmemorou a súa liñaxe nos seus escritos.[4] Seu pai, Sheikh Noor Muhammad (morto en 1930), era un xastre, sen educación formal, e fondamente relixioso.[5][6] Súa nai chamábase Imam Bibi e era coñecida na veciñanza por axudar os pobres, morreu o día que seu fillo fixo os 37 anos en Sialkot.[7][8] Iqbal queríaa moito e na súa morte expresou os seus sentimentos en forma de elexía.[5]

Fotografía de mozo de Allama Iqbal 1899

Cando tiña catro anos entrou na escola da mesquita para aprender o Corán e árabe. Xa máis tarde, o seu profesor foi Syed Mir Hassan, o director da madrasa e profesor de árabe na universidade da misión escocesa en Sialkot, onde Iqbal se matriculou en 1893. En 1895 graduouse na Facultade de Artes,[4][8][9] e comezou estudos na Universidade Gobernamental de Lahore en filosofía, árabe e literatura inglesa rematando en 1897, gañando a medalla Khan Bahadurddin F.S. Jalaluddin polas súas cualificacións en árabe.[8] En 1899 realizou o posgrao na mesma universidade e logrou un posto como lector de árabe na Universidade de Punjab en Lahore.[4][8][9]

Educación superior en Europa

[editar | editar a fonte]

Iqbal quedou moi influído polas ensinanzas de Thomas Arnold, o seu profesor de filosofía na Universidade Gobernamental, e foi decisivo para que proseguise a súa educación en Europa, e así en 1905 marchou cunha bolsa de estudos para o Trinity Collegue e ese mesmo ano exerceu como barrister en Lincoln Inn. En 1907, Iqbal mudouse a Alemaña para facer o doutoramento en filosofía na Universidade Maximilian Ludwig de Múnic baixo a dirección de Friedrich Homme, a súa tese titulouse The Development of Metaphysics in Persia e publicouse en 1908.[4][10] Durante a súa estada en Heidelberg en 1907 estudou coa profesora de alemán Emma Wegenast, diversas obras e autores como Fausto de Goethe, Heine e Nietzsche. Foi nesta época en Europa cando Iqbal empezou para escribir poesía en persa, e nesa lingua continuaría a escribir durante toda a súa vida.[4]

Vida académica

[editar | editar a fonte]

En 1908 logo de volver de Europa ensinou de novo na universidade, filosofía e literatura inglesa.[5] Asemade practicaba a avogacía nos tribunais de Lahore, deixándoo ao pouco para centrarse na actividade literaria. Fondamento influído polas súas viaxes a Europa e pola filosofía occidental, foi un membro activo da organización reformisma musulmá Anjuman-e-Himayat-e-Islam.[8] Converténdose en 1919 no seu secretario xeral.

A poesía e filosofía do sufí Mawlana Rumi tamén deixou unha profunda pegada en Iqbal. Moi imbuído pola relixión desde a infancia concentrouse no estudo do islam, da cultura e historia da civilización islámica e no seu futuro político, tendo sempre a Rumi como o seu guía,[5] presentándoo en moitos dos seus poemas como o guieiro. Nas súas obras adoita lembrar aos lectores as glorias pasadas da civilización islámica, levando unha mensaxe de pureza espiritual do islam como fonte da liberación sociopolítica, denunciando as divisións políticas dentro das nacións islámicas e falando frecuentemente en termos da comunidade musulmá global ou Ummah.[5][11]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
Iqbal exercendo de avogado
Iqbal co seu fillo Javed en 1930

En 1933, despois de regresar dunha viaxe a España e Afganistán, Iqbal padeceu unha misteriosa enfermidade na gorxa.[5] Pasou os seus últimos colaborando con Chaudhry Niaz Ali Khan para establecer o Dar ul Islam Trust Institute en Jamalpur, preto de Pathankot, centro no que se había ensinar estudos en islam clásico e ciencias sociais contemporáneas.[12]

Iqbal cesou de exercer a avogacía en 1934 retirándose cunha pensión concedida polo Nawab de Bhopal. Nos seus anos finais, frecuentemente visitou o dargah (santuario) de famoso hazrat sufí Ali Hujwiri en Lahore como orientación espiritual. Despois de padecer durante meses un agravamento da súa enfermidade morreu en Lahore o 21 de abril de 1938.[4][11] A súa tumba está en Hazuri Bagh, o xardín entre a entrada da mesquita Badshahi e o forte de Lahore, e alí o goberno de Paquistán mantén unha garda permanente. En Paquistán está considerado como o fundador ideolóxico do seu Estado, conmemóranse oficialmente os seus aniversarios como o Día de Iqbal, que é festivo. Moitas institucións públicas do país levan o seu nome. O seu poema Tarana-e-Hind (1904) converteuse ao pouco nunha canción patriótica contra o goberno británico na India, e aínda segue a ser popular na India.

Actividade pública

[editar | editar a fonte]

Política

[editar | editar a fonte]

Iqbal foi un membro activo da Liga Musulmá, amosouse en contra da implicación da India na primeira guerra mundial, próximo a dirixentes como Mohammad Ali Jouhar e Muhammad Ali Jinnah. Era crítico co Congreso Nacional Indio, ao que consideraba dominado polos hinduístas. Así e todo quedou decepcionado coa Liga cando na década de 1920 se dividiu entre a facción probritánca de Muhammad Shafi e o grupo liderado por Jinnah.

En novembro de 1926 presentou a súa candidatura para a Asemblea Lexislativa de Punjab polo distrito musulmán de Lahore, derrotando ao seu adversario por unha marxe de 3177 votos.[11] Apoiou as propostas constitucionais e traballou co Aga Khan e outros dirixentes islamitas para superar as divisións e unificar a Liga Musulmá.[13] No entanto non adoptou o papel dun dirixente político, cumprindo a función de ideólogo e polo tanto por riba das loitas partidistas.[14]

Iqbal, Jinnah e o concepto de Paquistán

[editar | editar a fonte]

Ideoloxicamente arredado dos líderes musulmáns do Congreso Nacional Indio e desilusionado cos políticos da Liga Musulmá, Iqbal cría que só Jinnah era capaz de preservar a unidade da Liga e conseguir os obxectivos desa organización para darlle poder os musulmáns. A súa correspondencia con Jinnah foi fundamental para convencelo no abandono do seu autoexilio en Londres e a súa volta á India para asumir o liderado da Liga.

Non obstante, Iqbal expoñer a idea da separación das provincias de maioría musulmán da India en 1930, Jinnah continuou a intentar chegar a un acordo co Congreso Nacional Indio e só adoptou a idea de Paquistán en 1940, e Iqbal, como presidente da Liga Musulmá do Punjab, criticou durante as accións de Jinnah, especialmente o seu acordo en 1937 co líder punjabí Sikandar Hyat Khan, a quen Iqbal vía como representante da clase feudal. Secasí, Iqbal traballou constantemente para que o pobo e os líderes musulmáns mantivesen o apoio a Jinnah e á Liga.

Pensamento islamita

[editar | editar a fonte]

Iqbal publicou en Lahore en 1930 unha serie de cinco conferencias que deu en inglés en Madras, Hyderabad e Aligarh, nunha nova edición publicada por Oxford Universtiy Press como The Reconstruction of Religious Thought in Islam en 1934 engadíulle unha sexta. Os textos tratan da función do islam como relixión así como tamén a súa función como filosofía política e legal na época moderna.[11] Nestas conferencias Iqbal rexeita firmemente as actitudes políticas e a conduta dos líderes políticos musulmáns, aos que vía errados moralmente, suxeitos ao poder e arredados das masas musulmás.

Iqbal expresou o seu temor a que non só o secularismo debilitase os alicerces espirituais do islam e da sociedade musulmá, senón tamén ao perigo que a maioría hinduísta da poboación eclipsase a súa influencia política e debilitase a súa herdanza e cultura. Nas súas viaxes por Exipto, Afganistán, Irán e Turquía promoveu ideas dunha meirande unidade e cooperación política, chamando a superar as diferenzas nacionalistas.[5] Tamén arelaba acordos para garantir o poder político musulmán, e así nun diálogo con B. R. Ambedkar, Iqbal expresou o seu desexo de ver as provincias indias como unidades autónomas baixo o control directo do goberno británico e sen a existencia dun goberno indio central, temía que unha unión india marxinaría politicamente os musulmáns, deixando os musulmáns sen unha entidade política separada.[11]

Cando a Liga musulmá o elixiu presidente en 1930 na súa sesión de Allahabad nas Provincias Unidas, deu o que se considera o seu discurso máis coñecido, o 29 de decembro de 1930, onde trazou a visión dun estado independente para provincias de maioría musulmá do noroeste da India,[11] Iqbal resaltou que a diferenza do cristianismo, o islam era tamén un concepto xurídico e os seus ideais relixiosos eran inseparables da orde social: "polo tanto, a construción dunha política de liñas nacionais, de significar un desprazamento do principio islámico de solidariedade, é sinxelamente impensable para un musulmán."[15] Iqbal acentuou así non só a necesidade da unidade política das comunidades musulmás mais a súa oposición a unir á poboación nunha sociedade máis ampla non baseada nos principios islámicos.

Converteuse así no primeiro pensador en artellar o que se coñecería como a Teoría das dúas nacións, no que se establecía que os musulmáns son unha nación distinta e así merecen a independencia política des outras rexións e comunidades da India. Así e todo non especificaba que o estado islamita debera ser unha teocracia, aínda cando rexeitaba o secularismo e o nacionalismo, así e todo tiña unha concepción do islam moderada, para el o islam non podía ser un xustificante para poñer límites ao progreso.[16] Existe unha importante controversia na teoloxía islámica sobre a concepción da divindade en Iqbal e ata que punto é fiel ás ensinanzas do islam ou non.[17] Os últimos anos dedicounos a percorrer Europa e o oeste de Asia na procura de apoio político e económico para a Liga, reiterou as ideas do seu discurso de 1930 e durante as conferencias que o goberno ;británico organizou en 1930-32 para tratar das reformas constitucionais na India, opúxose ao Congreo Nacional Indio e ás propostas de transferencia de poder sen unha considerable autonomía ou independencia para as provincias musulmás.

A tumba de Muhammad Iqbal na entrada da mesquita Badshahi en Lahore

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

En 1915 publicou a súa primeira colección de poesía en persa Asrar-e-Khudi, neses poemas resalta o espírito e o individuo desde unha perspectiva relixiosa, espiritual. Iqbal explica a súa filosofía do khudi,[5][11] que Iqbal emprega como sinónimo da palabra "rooh" mencionada no Corán. "Rooh" é a faísca divina presente en cada ser humano, e tamén en Adán, polo que Deus lles pediu a todo dos anxos que se prostrasen diante de Adán. Cada individuo ten que facer a súa gran viaxe de transformación para realizar ese espírito divino.[11]

En Rumuz-e-Bekhudi (1918), Iqbal pretende probar que o xeito de vida islámico é o mellor código de conduta para a viabilidade dunha nación. Unha persoa pode manter as súas características individuais intactas, mais unha vez conseguido ha sacrificar as súas ambicións persoais polas necesidades da nación, xa que o home non se pode realizar fóra da sociedad. Esta colección de poemas ten como temas principais a comunidade ideal, os principios éticos e sociais islámicos, e a relación entre o individuo e a sociedade.[11] Non obstante, Iqbal tamén recoñece os aspectos análogos positivos doutras relixións. Rumuz-e-Bekhudi complementa a énfase no individuo de Asrar-e-Khudi e as dúas coleccións edítanse con frecuenca nun único volume co título Asrar-e-Rumuz .[11]

'Payam-e-Mashriq (1924) ten unha gran influencia da obra de Goethe, West-östlicher Diwan'. Iqbal traza a súa obra como recordatorio ao Oeste da importancia da moralidade, a relixión e a civilización para subliñar a necesidade de cultivar o sentimento, o fervor e o dinamismo. Explica que un individuo non pode aspirar a dimensións máis altas a non ser que aprenda da natureza da espiritualidade.[11] Na súa primeira visita a Afganistán, presentou o seu libro ao ;rei Amanullah Khan, admirado dos movementos liberais de Afganistán contra o Imperio Británico.

Zabur-e-Ajam (1927), inclúe os poemas Gulshan-e-Raz-e-Jadeed e Bandagi Nam, neste último denuncia a escravitude, insistindo en lembrar o pasado, facer o ben no presente e preparar o futuro, mentres enfatiza o amor, o entusiasmo e a enerxía para acadar a vida ideal.[11]

En Javed Nama segue as obras de Ibn Arabi e á Divina Comedia de Dante presentándose Iqbal Zinda Rud guiado por Rumi "o mestre" ao longo de varios ceos e esferas, tendo a honra de aproximarse á divindade entrando contacto con iluminacións divinas. No final da obra, dirixíndose ao seu fillo Javid, fala á xente nova, nunha sorte de guía á nova xeración[11]

Bang-e-Dara (1924) foi a súa primeira colección de poesía en urdú. Escribiuna en tres fases diferentes da súa vida.[11] Aqueles poemas escritos ata 1905, ano da súa marcha a Inglaterra, reflicten patriotismo e imaxes da natureza, entre eles salientan Tarana-e-Hind e Tarana-e-Milli. O segundo conxunto de poemas datan de 1905-1908, cando Iqbal estudaba en Europa, e analizan a natureza da sociedade europea, que para el perdera os valores espirituais e relixiosos. O terceiro grupo de poemas tratan da herdanza cultural e histórica do islam e da comunidade musulmá, cunha perspectiva global.[11]

A partir de 1930 escribiu maioritariamente en urdú, sen deixar o persa. As súas obras dirixíanse ás masas musulmás da India, cunha énfase aínda máis forte no islam e no rexurdir espiritual e político islámico. En 1935 publicou Bal-e-Jibril, inspirada na súa viaxe a España, onde visitou monumentos da época de Al-Andalus. Consiste en ghazals, poemas, epigramas dunha forte paixón relixiosa.[11]

En Pas Cheh Bayed Kard ai Aqwam-e-Sharq, que inclúe o poema Musafir, de novo Iqbal representa a Rumi como un personaxe e dá unha exposición dos misterios das leis islámicas e do sufismo e láiase das disensións e da desunión entre os musulmáns indios, e tamén entre as nacións islámicas.Musafir é unha crónica poética dunha das súas viaxes a Afganistán, na que aconsella ao pobo pashtu a aprender os segredos do islam.[11] A última obra de Iqbal foi Armughan-e-Hijaz, que se publicou póstuma en 1938. A primeira parte contén cuartetos en persa, e a segunda algúns poemas e epigramas en urdú.

  •  Ilm ul Iqtisad (1903, urdú)

Poesía en persa

[editar | editar a fonte]
  • Asrar-i-Khudi (1915)
  • Rumuz-i-Bekhudi (1917)
  • Payam-i-Mashriq (1923)
  • Zabur-i-Ajam (1927)
  • Javid Nama (1932)
  • Pas Cheh Bayed Kard ai Aqwam-e-Sharq (1936)
  • Armughan-e-Hijaz (1938) (en persa e urdú)

Poesía en urdú

[editar | editar a fonte]
  • Bang-i-Dara (1924)
  • Bal-i-Jibril (1935)
  • Zarb-i Kalim (1936)

Ensaios en inglés

[editar | editar a fonte]
  • The Development of Metaphysics in Persia (1908)
  • The Reconstruction of Religious Thought in Islam (1930)
  1. Rehman, Javaid (2005). Islamic State Practices, International Law and the Threat from Terrorism: A Critique of the 'Clash of Civilizations' in the New World Order. Bloomsbury. p. 15.
  2. Albert M. Craig et al. (2011). The heritage of world civilizations. (9ª ed.). Harlow: Pearson Education. p. 800.
  3. The London Gazette (Supplement) no. 32782. p. 2, 29 de decembro de 1922.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Imran, Sharif (21 de abril de 2011). "Allama Iqbal's 73rd death anniversary observed with reverence". Pakistan Today. Consultado o 6 de agosto de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Annemarie Schimmel (1962). Gabriel's wing: a study into the religious ideas of Sir Muhammad Iqbal. Brill Archive. p. 34–45. 
  6. Mustansir Mir (2006). Iqbal. I.B. Tauris. ISBN 1-84511-094-3. 
  7. Jai Narain Sharma (2008). Encyclopædia of eminent thinkers, volume 17. Concept Publishing Company. p. 14. ISBN 978-81-7022-684-0. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "Iqbal in years" Arquivado 11 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Iqbal Academy Pakistan
  9. 9,0 9,1 Taneja, V.R e Taneja, S. (2004) Educational thinkers. Atlantic Publisher. p. 151. ISBN 81-7156-112-8.
  10. Jackso, Roy (2006). Fifty key figures in Islam. Routledge. p. 181. ISBN 978-0-415-35467-7.
  11. 11,00 11,01 11,02 11,03 11,04 11,05 11,06 11,07 11,08 11,09 11,10 11,11 11,12 11,13 11,14 11,15 11,16 Biography Arquivado 19 de novembro de 2010 en Wayback Machine., Iqbal Academy Pakistan
  12. Azam, K.M., Hayat-e-Sadeed: Bani-e-Dar ul Islam Chaudhry Niaz Ali, Lahore: Nashriyat, 2010 (583 pp., en urdú) [ISBN 978-969-8983-58-1]
  13. "In Memory of Com Ranjoor" Arquivado 25 de marzo de 2016 en Wayback Machine. New Age Weekly
  14. Graciela de la Lama "Muhammad Iqbal: pensador de la India musulmana del siglo XX, creador de Paquistán" Arquivado 15 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Estudios de Asia y África. Vol. 13, No. 1 (36) (Jan. - Apr., 1978), pp. 61-70
  15. Naipaul, V. S. Beyond Belief: Islamic Excursions Among the Converted Peoples. pp. 250–52. 
  16. Zahid Munir Amir "Muhammad Iqbal’s Concept of Islam" Kyoto Bulletin of Islamic Area Studies, 2-2 (marzo de 2009), pp. 22–35
  17. Yaseen Noorani "Muhammad Iqbal and the Immanence of God in Islamic Modernism" Religion Compass Volume 8, Issue 2 de febreiro de 2014, pp. 60–69

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]