Misericordia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Misericordia e Verdade mostradas xuntas nunha representación do século XIII dos Salmos 85 (10).

A misericordia é unha actitude bondadosa de compaixón cara a outra persoa, xeralmente do ofendido cara ao ofensor ou dende o máis afortunado cara ao máis necesitado. No cristianismo, é un dos principais atributos divinos. A súa etimoloxía, do latín misere ('miseria', 'necesidade'), cor, cordis ('corazón') e ia ('cara aos demais'); significa ter un corazón solidario con aqueles que teñen necesidade.