Miguelanxo Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguelanxo Prado Plana»)
Infotaula de personaMiguelanxo Prado

Miguelanxo Prado durante a inauguración do festival Viñetas desde o Atlántico do ano 2017 (2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista de banda deseñada , realizador , ilustrador , escritor Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMiguel Ángel Prado
Miguel Anxo Prado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webwww.miguelanxoprado.com/gl/
IMDB: nm0695046 Bitraga: 2781 Editar o valor em Wikidata

Miguelanxo Prado Plana, nado na Coruña o 16 de xullo de 1958, é un autor de banda deseñada galego. As súas obras van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo formou parte do Colectivo Xofre. Autor con gran proxección internacional,[1] os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas.[2] Outra faceta importante é a de ilustrador. Algúns dos seus traballos son os de La ley del amor (1995) de Laura Esquivel e para libros infantís e xuvenís, como Cando o mar foi polo río, de Manuel María; O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz; ou Bala perdida de Manuel Rivas. As súas historias adoitan ser emotivas e dotadas dunha forte sensibilidade galega.[3]

Ademais da súa actividade artística, Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador. É o director, desde a súa creación en 1998, do salón Viñetas desde o Atlántico, que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.[4]

Estilo[editar | editar a fonte]

Jesús Cuadrado, pola súa banda, destacou o seu "catálogo tipolóxico"[5] e situouno, xunto a Antoni Garcés, entre

os francotiradores que en todo grupo desorganizado conviven en harmonía: ambos teñen nos seus estilos esa dobre continuidade da defensa da estética da exteriorización da posta en escena, e a aventura como leit motiv na guionización.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra abrangue dende bandas deseñadas completas ata ilustracións de revistas ou filmes de animación.

Banda deseñada[editar | editar a fonte]

Ademais, realizou colaboracións de maior ou menor importancia, como a historia curta para o álbum de BD que conmemora os douscentos anos da revolución francesa, ou as súas colaboracións coa desaparecida revista infantil-xuvenil de BD galega Golfiño.

Cine e animación[editar | editar a fonte]

Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do elenco da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do Camiño.

Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. Foi producida por Steven Spielberg a través de Dreamworks.

En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha longametraxe sen diálogos dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García. Foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de 2006. Este traballo experimental foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Miguelanxo Prado nunha entrevista no 2012.
  • Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta. Cruz de Tenerife en 1984).
  • Premio Semana de la Historieta de Madrid ao mellor libro do ano en 1986.
  • Premio Génie da Convention de Paris en 1988.
  • Premio Salão Internacional da BD do Porto, 1988.
  • Premio ao mellor libro do ano Charleroi en 1988.
  • Premio Buenaventura, Treviso Comics, Treviso en 1989.
  • Premio do Saló Internacional del Còmic de Barcelona á mellor obra de 1988 en 1989.
  • Premio Simão, no Porto en 1989.
  • Premio ao mellor autor no Salón Internacional de Grenoble en 1990.
  • Premio Grand Prix des Alpages no Salón Internacional de Sierre en 1990.
  • Premio Philip Morris no Salón Internacional do Libro de Xenebra en 1990.
  • Premio Max und Moritz do Salón Internacional de BD (Alemaña, 1990).
  • Premio l'Alph’Art ao mellor libro estranxeiro Salón Internacional de Angouleme en 1991.
  • Premio Asociación Nacional de Ilustradores (Madrid, 1992).
  • Premio ao mellor autor estranxeiro no Salón de BD de Chile en 1992.
  • Premio da Crítica (Artes), Fundación da Crítica Galega (Vigo, 1993).
  • Premio ao mellor libro do ano no Salón da BD (Francia, 1993).
  • Premio da Asociación de Libreiros Especializados de Francia ao mellor libro do ano en 1993.
  • Premio Diario de Avisos á mellor obra gráfica (Sta Cruz de Tenerife en 1993).
  • Premio Diario de Avisos ao mellor guión (Sta Cruz de Tenerife, 1993).
  • Premio Ourense de BD por toda a súa traxectoria en 1993.
  • Premio l'Alph-art ao mellor álbum estranxeiro no Festival de Banda Deseñada de Angoulême, por Trazo de Xiz en 1994.
  • Premio do Saló Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra de 1993 en 1994.
  • Premio Especial do Xurado do Festival Internacional de Sierre en 1994.
  • Premio ao mellor guión no Festival de Coxyde en 1994.
  • Premio de Honra da Câmara Municipal de Amadora no Festival de Amadora en 1994.
  • Premio da crítica ao mellor guión (Austria, 1994).
  • Premio da crítica ao mellor libro do ano (Austria, 1994).
  • Premio Fernández Latorre (A Coruña, 1996).
  • Premio de Honra ao mellor libro estranxeiro do Festival de Amadora.
  • Premio BD Boum (XVIII edición, Blois, Francia, 2001).
  • Premio ao mellor autor completo do Salón do Cómic de Granada en 2002.
  • Premio Eisner á mellor antoloxía en 2004.
  • Grande premio do Saló del Comic de Barcelona en 2007.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador de 2012.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de Banda Deseñada do 2012, por Ardalén.
  • Premio Nacional del Cómic 2013, por Papeles dispersos II.[20]
  • Prémios Bandas Desenhadas 2020 en Portugal: Melhor Publicação Estrangeira O Pacto da Letargia, o primeiro volume da Trilogia do Tríscelo, editada pola Ala dos Livros.[22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miguelanxo Prado consigue con 'Ardalén' el premio a la mejor obra de autor español en el Salón Internacional del Cómic, Teinteresa.es, 13 de abril de 2013 (en castelán).
  2. El gallego Miguelanxo Prado publicará su último cómic, 'Ardalén', en nueve idiomas, Faro de Vigo, 19 de xaneiro de 2013 (en castelán).
  3. Ficha Arquivado 04 de agosto de 2020 en Wayback Machine., Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia.
  4. Redacción. Babelia (7 de agosto de 2019). "Miguelanxo Prado: “El cómic se ha hecho mayor”". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  5. Cuadrado, Jesús en "Década tras década, hasta el desplome final", presentación no catálogo Certamen de Cómic Injuve de 1998, Madrid, 10/1998.
  6. Cuadrado, Jesús en Traficantes de viñetas, prólogo á monografía-catálogo Una historieta democrática, Dirección General de Bellas Artes y Archivos (Ministerio de Cultura), Madrid, 04/1991.
  7. Os Compañeiros. A Orde da Pedra Arquivado 31 de xullo de 2020 en Wayback Machine., Miguelanxo Prado con guión de Tino Fernández Maceiras, 2008, El Patito Editorial
  8. Os Compañeiros da Orde da Pedra na páxina web de Miguelanxo Prado
  9. Ficha da obra na web CulturaGalega.gal
  10. Fragmentos da enciclopedia délfica na web oficial de Miguelanxo Prado
  11. Stratos na web oficial de Miguelanxo Prado
  12. "Ficha do libro". normaeditorial.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  13. Ficha de Miguelanxo Prado Arquivado 09 de setembro de 2017 en Wayback Machine. na web Guía del Comic.es
  14. Crónicas Incongruentes na web oficial de Miguelanxo Prado
  15. Quotidianía delirante na web oficial de Miguelanxo Prado
  16. Manuel Montano. O Manantial da Noite na web oficial de Miguelanxo Prado
  17. MANUEL MONTANO, EL MANANTIAL DE LA NOCHE 1ª EDICION 1989 (FERNANDO LUNA - MIQUELANXO PRADO)
  18. MANUEL MONTANO. EL MANANTIAL DE LA NOCHE na web de Norma Editorial
  19. Ficha do libro en todostuslibros.com
  20. 20,0 20,1 "Ficha do libro". normaeditorial.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 
  21. Ficha do libro
  22. Ramos, Rodrigo. "Prémios Bandas Desenhadas 2020". Bandas Desenhadas (en portugués). Consultado o 2021-03-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]