El Jueves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Jueves
La revista que sale los miércoles
TipoHistorieta, humor gráfico
Nº de páxinas72-80
Cor4 cores e branco e negro
Fundación1977
Empresa editoraEdiciones El Jueves
EditorJ.L. Martín, Jordi Sellas
TendenciaEsquerda
LinguaCastelá
LocalidadeBarcelona
ÁmbitoNacional (España)
PeriodicidadeSemanal
Prezo2,50
ISSN1695-4181
Número OCLC931803724
Na rede
http://www.eljueves.es/ e http://eljueves.kioskoymas.com/epaper/viewer.aspx
Twitter: eljueves Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

El Jueves, la revista que sale los miércoles, coñecida simplemente como El Jueves, é unha publicación española de humor e sátira política editada semanalmente en Barcelona. Naceu en 1977 durante o período da Transición Española e durante un tempo denominouse "El Jueves, la revista que sale los viernes". Dende os seus inicios, viuse implicada en procesos xudiciais e polémicas. O símbolo da revista é un bufón nu, que aparece tradicionalmente na cabeceira das portadas.

Dende outubro de 2013 é a revista de humor máis lonxeva de España, ao superar os 1898 números da publicación La Codorniz.

Composición[editar | editar a fonte]

A publicación conta con 72 ou 80 páxinas, vinte delas dedicadas á actualidade política, económica ou social, sempre en ton humorístico e en forma de tira, e o resto historietas dos distintos autores con carácter semanal. Cada tres meses publícase unha edición “extra” de entre 104 e 120 páxinas sobre un tema determinado: a monarquía, as relixións, os videoxogos, ou algunha noticia de interese.

El Jueves critica desde a sátira a Institucións, organizacións e protagonistas do panorama español: a monarquía española, os partidos políticos, a relixión, a prensa rosa e a sociedade en xeral.

Seccións[editar | editar a fonte]

Entre as seccións recorrentes de El Jueves atópanse as seguintes:

  • Portada, realizada baixo o estilo dalgún dos debuxantes de El Jueves sobre algunha cuestión candente. Outras portadas que poderían ter aparecido tamén se publican.
  • O editorial, que trata do tema de actualidade elixido para esa semana que se desenvolverá nas primeiras páxinas da revista. Nas primeiras follas, a pé de páxina, en branco sobre negro, hai escritas mensaxes con linguaxe SMS.
  • "Nonoticiero semanal", parodia de noticias, en particular das edicións dixitais dos xornais, que ocupa unhas catro páxinas, onde se mesturan viñetas, breves textos cómicos e fotomontaxes, todo sobre a actualidade nacional e internacional. Inclúe "El gilipollas de la semana", sobre o personaxe máis ridículo da semana en opinión dos debuxantes de El Jueves.
  • "La pregunta de la semana".
  • "Lo que nunca sale por la tele".
  • "Recortes de la prensa seria", unha sección de recortes con titulares estraños ou curiosos provenientes de distintos xornais.
  • Un póster, xeralmente debuxado por Vizcarra.
  • "En familia", sección de cartas ó director.
  • "La guinda final".

Historietas[editar | editar a fonte]

Algunhas das historietas de El Jueves son:

Co número extra sobre Estados Unidos (nº 1.428) empezou a publicarse "la otra revista que sale los miércoles", Mister K, orientada a un público infantil e xuvenil.

En 2003 apareceu El Jueves Campus, un suplemento do xornal 20 minutos con varias historietas, habitualmente centradas no mundo do estudante. Repártese gratuitamente o segundo xoves de cada mes en zonas universitarias. En 2006, a revista, en colaboración co grupo El Terrat, fundou a revista BF, dedicada ó programa diario da televisión dirixido polo xornalista e presentador Andreu Buenafuente.

As súas homólogas estranxeiras son a revista MAD nos Estados Unidos, a revista Barcelona na Arxentina e Charlie Hebdo en Francia.

Polémicas[editar | editar a fonte]

Saída da Audiencia Nacional do debuxante Guillermo, acusado dun delito de inxurias á Coroa despois da publicación dun chiste na portada de do semanario.

Dado o carácter crítico e satírico da publicación, ó longo da súa historia viuse implicada en diversas polémicas.

En 2002, a revista amosou no seu número 1.299 de abril unha caricatura de Ariel Sharon con trazos porcinos e cunha esvástica nazi; Shimon Peres, ministro israelí de exteriores, púxoa como exemplo do sentimento antiisraelí en Europa. Debido á exposición desa portada ante as cámaras por parte de Peres, a revista apareceu en medios de comunicación de todo o mundo.

O 20 de xullo de 2007, por orde de Juan del Olmo, xuíz da Audiencia Nacional, a revista foi secuestrada a petición da fiscalía por un suposto delito de inxurias á Coroa [1]. Na portada do número 1.573 [2], publicado o día 18 de xullo do mesmo ano, aparecía unha caricatura dos Príncipes de Asturias mantendo relacións sexuais, cualificada como "claramente denigrante e obxectivamente infamante" no auto xudicial.

Segundo o autor, "o mellor é que me corten a man dereita" e alude a que en ningún lugar da portada "se di que os debuxos sean de Felipe e Letizia" [3] e que "a quen dibuxei é a Tom Cruise e Katie Holmes" e a decisión xudicial é "para rir" [4]. Pola súa parte, o director de El Jueves afirmou que "a nosa idea era burlarnos da medida electoralista de Zapatero e os 2.500 euros").

Esta orde xudicial, lonxe de impedir a difusión da caricatura, produciu un efecto de "mercadotecnia viral", en virtude do cal a polémica portada terminou aparecendo en multitude de medios de comunicación, tanto en papel como dixitais, así coma nunha gran cantidade de páxinas web, blogs e foros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]