Festival de Banda Deseñada de Angoulême

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posto de Cómics no festival.

O Festival de Banda Deseñada de Angoulême, (Festival International de la Bande Dessinée) é unha reunión de autores, editores e lectores de cómics, celebrada anualmente dende 1974 na cidade francesa de Angoulême, que constitúe unha importante referencia tanto para os propios franceses como para o propio sector do cómic.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais de 1972, ao pé do cómic Dez millóns de imáxenes, nace a idea de organizar un encontro anual dedicado ao medio. O 25 de xaneiro de 1974 inaugúrase o festival, cuxo cartel é obra de Hugo Pratt; ao encontro acudiron importantes autores, como André Franquin, Burne Hogarth e Harvey Kurtzman. Nos anos setenta o festival afianzase como un evento de magnitude internacional, ao que egrexios debuxantes como Hergé, Will Eisner, Moebius, Enki Bilal ou Jacques Tardi; ao mesmo tempo, o concello de Angulema comprométese na tarefa de facer da cidade un centro do cómic mundial, con iniciativas tales como a creación do Taller-escola de BD, en 1982.

Premios[editar | editar a fonte]

O Festival concede varios premios, que recompensan, en diferentes categorías, os mellores traballos do ano anterior editados en Francia. O xurado escolle aos ganadores de entre unha previa selección de nomeados, non superior a sete. Os premios son entregados a tarde do primeiro día do Festival, no teatro de Angulema.

O Festival concede premios en 14 categorías diferentes, entre os cales os máis destacados son:

  • Gran Premio: concedido a un autor polo conxunto da súa obra. Á produción deste autor dedícase cada ano o Festival, con abundantes exposicións, mesas redondas e actividades doutro tipo sobre a súa obra.
  • Premio Alph-Art ao mellor álbum
  • Premio ao debuxo
  • Premio ao guión
  • Premio ao primeiro álbum

Palmarés[editar | editar a fonte]

Gran Premio[editar | editar a fonte]

Premio Alph-Art ao mellor álbum[editar | editar a fonte]

Premio Alph-Art ao mellor álbum estranxeiro[editar | editar a fonte]

Este premio só se concedeu nos anos 1976-1978 e 1986-2001.

Premio Tornasol[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]