Nani García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNani García
Biografía
Nacemento25 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista , produtor musical , compositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0306398 Discogs: 2518716 Editar o valor em Wikidata

Nani García, nado na Coruña o 25 de abril de 1955, é un compositor, arranxador, produtor e pianista galego. Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de televisión, conta con máis de 100 publicacións entre obras de jazz, producións audiovisuais e producións para outros artistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa formación musical en composición e jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980, ao tempo que cursaba estudos de lingüística nas Universidades de Uppsala e Estocolmo. Ao seu retorno a Galicia formou parte dos diversos grupos de jazz da época. Fundou o grupo Clunia con Baldo Martínez e Fernando Llorca, e a principios dos anos 80 a súa carreira comezou como pianista de jazz, actividade que mantén alternou coa faceta de compositor. O seu selo persoal queda plasmado en obras do cine de animación como De Profundis, Engurras ou a multigalardoada curtametraxe de animación O Xigante, o cal o sinala como un dos especialistas no xénero.

Dende o ano 2009 dirixe o Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" e dende o 2010 é membro do trío de Jazz "Nani García Trío", aínda en activo.

En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Discos[editar | editar a fonte]

Discografía de Jazz

  • Clunia Jazz (Clunia, 1982)
  • Afueras Periódicas (Clunia, 1984)
  • Rúa Cega (Clunia, 1986)
  • Carpe Diem (Clunia, 1995)
  • 5 (Clunia, 2009)
  • Renaissance (Nani García Trío, 2012)
  • Serendipia (Nani García Trío, 2014)
  • Cinematojazzía (Nani García trío, 2016)
  • Coruña Rendez-vous (Chefa Alonso & Nani García, 2017)

Bandas sonoras publicadas

  • Compostela 93 (Corisco, 1993)
  • Un viaje por Galicia (Edigal,1996)
  • Blanca Madison (Xingra, 2003)
  • As leis de Celavella (Xingra, 2004; piano, teclados, programación e dirección)
  • Océanos (serie documental; compositor)
  • De Profundis (Xingra, 2007)
  • O Neno De Barro (Xingra, 2008)
  • Engurras (Xingra, 2011)
  • Música de Cine 2000-2009 (Xingra, 2011)
  • Onde está a felicidade? (Xingra, 2013)

Obras[editar | editar a fonte]

Cine

  • Blanca Madison (Longametraxe de ficción, 2000)
  • Ojos que no Ven (Longametraxe de ficción, 2003)
  • Autópsia (Longametraxe para TV, 2003)
  • Fragments (Longametraxe para TV, 2003)
  • Un Bosque de Música (Longametraxe documental, 2003)
  • De Profundis (Longametraxe de animación, 2006)
  • De Bares (Longametraxe de ficción, 2006)
  • O Neno de Barro (Longametraxe de ficción, 2007)
  • Catalina (Longametraxe de ficción, 2007)
  • A Casa da Luz (Longametraxe de ficción infantil, 2010)
  • Onde está a Felicidade? (Longametraxe de ficción, 2011)
  • Engurras (Longametraxe de animación, 2011)
  • A palabra Xusta (Longametraxe documental, 2016)
  • Una Mujer Fantástica (Longametraxe de ficción, 2017)

Series de televisión

  • Os Outros Feirantes (Serie de ficción para TVG, 1988)
  • Pratos Combinados (Serie de ficción para TVG, 1995)
  • A Familia Pita (Serie de ficción para TVG, 1997)
  • Avenida de América (Serie de ficción para TVG, 2001)
  • As Leis de Celavella (Serie de ficción para TVG, 2003)
  • E Por Que? (Mini-serie de animación de 52 capítulos, 2005)
  • A Vida Por Diante (Serie de ficción para TVG, 2006)
  • Patricia Marcos: Desaparecida (Serie de ficción para TVE, 2007)
  • Guante Blanco (Serie de ficción para TVE, 2008)

Curtametraxes

  • O resplandor da Morte (Curtametraxe de ficción, 1991)
  • Atlántico Express (Curtametraxe de ficción, 1993)
  • Vete, Davis (Curtametraxe de ficción, 1994)
  • Coser e Cantar (Curtametraxe de ficción, 2004)
  • O Xigante (Curtametraxe de animación 2D, 2012)
  • Morti (Curtametraxe de animación 3D, 2013)
  • Carne de Gaviota (Curtametraxe de ficción, 2014)
  • The Neverending Wall (Curtametraxe animación, 2017)

Teatro

  • A Fiesta Valdeira de Rafael Dieste (CDG, 1994)
  • Tolos de Amor de Sam Sheppard (Teatro do Atlántico, 1995)
  • Casa de Bonecas de Henrik Ibsen (Teatro do Atlántico, 1995)
  • Vapor de Nell Dunn (Espello Cóncavo, 1996)
  • A Noite das Tríbades de Pär Olof Enqvist (Teatro do Atlántico, 1996)
  • Bailando en Verán de Brian Friell (Espello Cóncavo, 1996)
  • Farsa Plautiana de Agustín Magán (Grupo de Teatro da Once, A Coruña, 1997)
  • As Troianas de Eurípides, adaptación de Manuel Lourenzo (Espello Cóncavo, 1997)
  • Don Perlimplín con Belisa no Xardín de F.G. Lorca (Teatro do Atlántico, 1998)
  • Peter Pan de J.M.Barrie (Espello Cóncavo, 1998)
  • Marsal, Marsal de Sanchís Sinisterra (Talía Teatro, 1998)
  • O Cerco de Leningrado de Sanchís Sinisterra (Teatro do Atlántico, 1999)
  • Footing de Gustavo Pernas (Áncora Produccións, 2001)
  • La Dama del Abanico Verde de Teresa Núñez (Fundación María Xosé Love, 2004)
  • Limpeza de Sangue de Rubén Ruibal (Espello Cóncavo, 2010)

Documentais

  • Compostela 93 (Longrametraxe documental con motivo do Xacobeo 93, 1993)
  • Galicia Terra Única (Vídeo-Documental, 1997)
  • Océanos (Serie documental de 10 capítulos da TVG e FoMar, 1998)
  • Gran Sol (Longametraxe documental para Canal+ España, 2002)
  • Un Bosque de Músicas (Documental sobre o grupo de folk Luar Na Lubre, 2004)
  • Pensando en Soledad (Documental sobre a figura de José Ernesto Díaz-Noriega, 2006)
  • Gallaecia Petrae (Vídeo-Documental, 2012)

Obra de concerto

  • A Berenguela (Opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes, 2009)
  • O factor Vento (Concerto para clarinete baixo, orquestra e vento, 2010)
  • Salgueiro que contempla unha ventá que contempla un salgueiro (Reflexións musicais para orquestra, 2011)
  • Audiovisualism (Suite para Jazz Ensemble, 2012)
  • For whom the idiophones toll? (Overtura para banda sinfónica, 2016)

Taller de Músicas Tradicionais

  • Arrolín, Arrolán (Edicións Fontel, 1994)
  • Vente vindo, ven cantando (Edicións Fontel, 1997)
  • Cantos de Berce (Galinova)

Outros

  • Luar na lubre: Espiral (Warner, 2002; arranxos orquestrais)
  • Luar na lubre: Saudade (Warner 2005; teclados)
  • Uxia: Danza das areas (1999-2005; produtor)
  • Luar na lubre:Torre de Breoghán (Arranxos e orquestación, 2014)
  • Andrea Pousa: Respirar (Produción musical, composición, arranxos e orquestación, 2017)

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor música orixinal Pratos combinados Nomeado
2003 Mellor música orixinal As Leis de Celavella Gañador
2005 Mellor Son Un Bosque de Músicas Gañador
2007 Mellor Son De Profundis Gañador
2007 Mellor música orixinal De Profundis Gañador
2008 Mellor música orixinal O Neno de Barro Gañador
2012 Mellor música orixinal Engurras Gañador

Outros Premios

Ano Premio Produción Resultado
1983 Premio Especial Jazz Stop

(Festival Internacional de Donostia)

Grupo Clunia Gañador
2007 Premios Nacionais da Crítica De Profundis Finalista
2012 Premios Nacionais da Crítica Engurras Finalista
2012 Peer Raben European Music Awards

SoundTRack_Cologne 9.0

O Xigante Nomeado
2012 Premio Alerta Sonora

XXIV Festival de curtametraxes de Castela e León

O Xigante Gañador
2013 Venus de Badalona 

Badalona Film Festival

O Xigante Gañador
2013 Festival Cinemacurtas en A Coruña O Xigante Gañador