Trazo de xiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
M. Prado cun exemplar de Trazo de xiz, durante unha entrevista no 2012.

Trazo de xiz é unha historieta serial de Miguelanxo Prado.[1]

Traxectoria editorial[editar | editar a fonte]

Foi publicada paralelamente na revista Cimoc co nome de Trazo de tiza[2] e na revista À Suivre co nome de Trait de craie en 1992.[3] Máis adiante, en 1993, sería publicada en álbum por Norma Editorial[4], que levaría a cabo no 2012 unha reedición mellorada e con material adicional[5].

No 1994, Trazo de xiz obtivo o premio á mellor obra de autor español no Salón do Cómic de Barcelona[6] e á mellor historieta estranxeira na edición de 1994 do Festival de Angulema.

Trazo de Xiz foi publicada por Glénat en catalán (Traç de Guix) no 2008[7], e por El Patito Editorial en galego (Trazo de Xiz) no 2012.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

Trazo de xiz é unha historia onde aparentemente nada pasa. É a historia dun mariño que chega a unha pequena illa case abandonada onde só hai un faro que non funciona e unha pensión onde habitan tres acodes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Prado, Miguelanxo, (2012). Trazo de Xiz. Santiago de Compostela: El Patito Editorial (Primeira edición en galego). ISBN 978-84-939434-1-7. OCLC 969360611. 
  2. Prado, Miguelanxo (1992). "Trazo de tiza". CIMOC (Norma) (134). 
  3. Prado, Miguelanxo (1992). "Trait de craie". (A suivre) (Casterman) (174-180). 
  4. Miguelanxo., Prado, (1993). Trazo de tiza. Barcelona: Norma Editorial. ISBN 8479041994. OCLC 36461267. 
  5. Miguelanxo,, Prado,. Trazo de tiza. Barcelona. ISBN 978-84-679-0805-3. OCLC 795907390. 
  6. "Miguelanxo Prado gana por tercera vez el premio a la mejor obra en el Salón del Cómic de Barcelona". La voz de Galicia. Consultado o Outubro 2018. 
  7. 1958-, Prado, Miguelanxo, (2008). Traç de guix. Barcelona: Glénat. ISBN 9788483574720. OCLC 804622682.