Merópidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Meropidae»)
Meropidae

Seis abellarucos africanos comúns
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Aves
Orde: Coraciiformes
Familia: Meropidae
Rafinesque, 1815
      Área aproximada na cal se reproducen regularmente as especies de abellarucos
      Área aproximada na cal se reproducen
regularmente as especies de abellarucos

      Área aproximada na cal se reproducen
regularmente as especies de abellarucos
Xéneros

Os merópidos (Meropidae), coñecidos como abellarucos[1] ou abelleiros, son unha familia de aves que comprende 3 xéneros e 27 especies. A maioría das especies encóntranse en África e Asia, cunhas poucas no sur de Europa e Australia e Nova Guinea. En Galicia atópanse o abellaruco común (Merops apiaster) e, máis raramente, o abellaruco de cara azul (Merops persicus). A familia caracterízase por ter unha plumaxe ricamente coloreada, corpos esveltos, e xeralmene plumas centrais da cola alongadas. Todas as especies teñen longos bicos curvados cara a abaixo e ás de tamaño medio a longo, que poden ser apuntadas ou arredondadas. A plumaxe de machos e femias xeralmente é similar.

Como o seu nome suxire, os abellarucos comen predominanemente insectos voadores, especialmene abellas e avespas, que capturan no aire botándose a voar desde un pousadeiro aberto. Eliminan o aguillón dos insectos elimínano golpeándoos repetidamene e fretándoos sobre unha superficie dura. Durante este proceso, aplican presión sobre o insecto para extraerlle a maioría do veleno.

A maioría dos abellarucos son gregarios. Forman colonias, aniñan en buratos escavados en bancos de area verticais, a miúdo na beira dun río, ou nun chan plano. Como viven principalmentre en colonias, poden verse un gran número de niños xuntos. Os ovos son brancos, e a posta normalmente é de cinco ovos. A maioría das especies son monógamas, e ambos os pais coidan as crías, ás veces coa axuda douros paxaros emparentados da colonia.

Aos abellarucos poden matalos aves de presa, os seus niños son saaqueados por roedores e serpes. Poden portar varios parasitos. Algunhas especies víronse afectadas negativamente pola actividade humana ou a perda de hábitats, pero ningún deles é considerado vulnerable segundo os criterios da Unión Intrernacional para a Conservación da Natureza, e todos están avaliados como en situación "menos preocupante". A súa rechamante aparencia fixo que fosen mencionados por escritores antigos e incorporáronse á mitoloxía.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Merops ornatus

Os abellarucos foron agrupados cientificamente por primeira vez polo erudito francés Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, que creou a para eles a subfamilia Meropia en 1815.[2][3] O nome, agora denominado Meropidae, deriva de Merops, o nome do grego antigo do "abellaruco".[4]

Os abellarucos considéranse relacionados con outras familias, como as Coraciidae (carracas entre outros), Upupidae (bubelas) e Alcedinidae (picapeixes ou martiños peixeiros), pero os devanceiros desas familias diverxeron dos abellarucos hai polo menos corenta millóns de anos, polo que o seu parentesco é distante.[5] Os fósiles de abellarucos son escasos. Hai fósiles desde o Plistoceno (desde hai 2 588 000 a hai 11.700 anos) que se encontraron en Austria, e hai outros do Holoceno (desde hai 11.700 anos á actualidade) atopados en Israel e Rusia, pero todos son do actual abellaruco común europeo (Merops apiaster).[6] As opinións varían en canto a cales son os parentes máis próximos dos abellarucos. En 2001, Fry considerou que os picapeixes eran os parentes máis probables,[5] mentres que un amplo estudo publicado en 2008 encontrou que os abellarucos son un grupo irmán de todos os Coraciiformes (Coraciidae, Brachypteraciidae de Madagascar, Todidae do Caribe, Motmotidae e Alcedinidae).[7] Un libro de 2009 apoiou a opinión de Fry,[8] pero un estudo posterior de 2015 indicou que os abellarucos son irmáns dos Coraciidae.[9] Os traballos de 2008 e 2015 ligaban ambos os picapeixes cos motmótidos do Novo Mundo.[7][9]

Os abellarucos teñen xeralmente un aspecto moi similar, aínda que están normalmente divididos en tres xéneros. O xénero Nyctyornis comprende dúas grandes especies con longas plumas na gorxa, o N. athertoni e o N. amictus, ambos de ás arredondadas, un bordo dorsal da mandíbula superior cristado, orificios nasais con plumas e un estilo de vida relativamene pouco activo. O Meropogon forsteni é o único membro do xénero Meropogon, que é intermdio entre Nyctyornis e os abellarucos típicos, e ten ás arredondadas e unha "barba", pero a parte dorsal da mandíbula superior é máis suave e non teñen plumas nos orificios nasais. Todas as demais especies clasifícanse normalmente no xénero Merops. Algúns teñen estreitas relacións con outros dentro do xénero; por exemplo, o Merops bulocki e o Merops bullockoides forman unha superespecie, pero xéneros que anteriormente se propuxeran, como Aerops, Melittophagus, Bombylonax e Dicrocercus,[10] non foron xeralmente aceptados durante décadas desde que un artigo de 1969 os uniu na disposición actual nun só xénero, Merops.[5][11]

Especies en orde taxonómica[editar | editar a fonte]

Nyctyornis amictus
Relacións evolutivas
 
 
 
 
   

Merops boehmi

 
 
 
 
 
 
 
 

M. apiaster

M. ornatus

 

M. persicus

M. superciliosus

M. philippinus

 
 

M. viridis

M. leschenaulti

M. orientalis

M. malimbicus

M. nubicus

M. albicollis

 
 
 

M. muelleri

 

M. gularis

 
 

M. oreobates

 

M. pusillus

M. variegatus

M. hirundineus

 

M. breweri

Meropogon forsteni

 

M. bulocki

M. bullockoides

Nyctyornis

Árbore filoxenética (máxima parsimonia) baseado nun estudo de 2007. Nyctyornis athertoni e Merops revoilii non foron incluídos no estudo. A situación de Meropogon (en verde) non está clara.[12]

A familia dos abellarucos comprende as seguintes especies:

Algunhas autoridades dividen Merops orientalis en tres especies, unha asiática, Merops orientalis,[13] outra de Arabia, M. cyanophrys, e outra africana, M. viridissimus.[14][15]

Un estudo de 2007 de ADN nuclear e mitocondrial deu lugar a unha posible árbore filoxenética, aínda que a posición do Meropogon forsteni parece anómala, xa que aparece entre as especies de Merops.[12]

Descrición[editar | editar a fonte]

Especies de Merops como o Merops bullockoides xeralmente teñen unha banda de cor negra nos ollos.

Os abellarucos son un grupo morfoloxicamente bastante uniforme. Comparten moitas características co grupo relacionado dos Coraciiformes, como os picapeixes, carracas e outros, como ter cabezas grandes (aínda que menos que os seus parentes), pescozo curto, plumaxe rechamante e patas curtas. As súas ás poden ser arredondadas ou puntiagudas, e a forma das ás correlaciónase estreitamete co hábitat onde procuran comida as distintas especies e as súas tendencias migratorias. As ás máis curtas e arredondadas encóntranse en especies que son sedentarias e fan normalmete voos curtos para buscar comida en bosques densos e xunqueiras. As que teñen ás máis alongadas son máis migratorias. Todos os abellarucos son moi aéreos; engalan con potencia desde os sitios onde pousan, voan directamente sen ondulacións e poden cambiar de dirección rapidamente, aínda que raramente pairan.[5]

As plumas de voo das ás constan de 10 rémixes primarias, das cales as máis externas son moi pequenas, e 13 secundarias e teñen 12 rectrices na cola.[16]

Os bicos dos abellarucos son curvados, longos e de punta moi aguda. Poden peteirar con moita forza, especialmente coa punta, pero tamén usan o bico como uns fórceps cos cales atrapar insectos no aire e esmagar presas pequenas. As curtas patas teñen pés febles e cando se moven no chan camiñan arrasrando os pés. Os pés teñen garras agudas usadas para agarrarse a superficies verticais e tamén para a escavación dos niños.[5]

A plumaxe da familia é xeralmente moi rechamante e na maioría das especies é principalmente ou polo menos parcialmente verde, aínda que Merops nubicus e Merops nubicoides son principalmente de cor rosa. A maioría dos Merops teñen unha banda negra na zona do ollo e moitos teñen gorxas e caras de diferentes cores. A extensión da cor verde nestas especies varía desde case cubrir practicamente todo o corpo no Merops orientalis a case nada no Merops albicollis. Tres especies, de África ecuatorial, non teñen nada de cor verde na plumaxe, o Merops gularis, o Merops muelleri e o Merops malimbicus. Moitas especies teñen as plumas centrais da cola alongadas.[5]

A maioría das especies da familia teñen pouco dimorfismo sexual visible, aínda que en varias especies o iris é vermello nos machos e vermello acastañado nas femias, e en especies con plumas longas na cola estas poden ser lixeiramene máis longas nos machos. Tanto o Merops apiaster europeo coma o Nyctyornis amictus teñen diferenzas baseadas no sexo na cor da plumaxe, e a femia do Merops ornatus ten unhas plumas da cola máis curtas que o macho, e estas terminan cunha forma de maza que non teñen os machos.[5] Hai exemplos nos que os abellarucos son sexualmente dicromáticos na parte ultravioleta do espectro de cor, que os humanos non poden ver. Un estudo feito no Merops philippinus encontrou que os machos eran máis coloridos que as femias en luz ultravioleta. A súa cor global tamén estaba afectada pola mellor ou peor condición corporal, o que suxire que había un compoñente de sinalización na cor da plumaxe.[17] Os individuos novos son xeralemne similares aos adultos, excepto nas dúas especies de Nyctyornis nas que os individuos novos son principalmente verdes.[5]

Os abellarucos emiten chamadas que son características para cada especie. A maioría soan bastante simples aos oídos humanos, pero mostran variabilidade significativa cando se estudan en detalle, e dan información significativa para as aves.[5]

Distribución e hábitats[editar | editar a fonte]

O Nyctyornis athertoni está asociado cos bosques, onde se alimenta no límite dos hábitats.

Os abellarucos están distribuídos no Vello Mundo e viven desde Europa a Australia. O centro da diversidade da familia é África, aínda que varais especies tamén aparecen en Asia. Unha soa especie vive en Europa (Merops apiaster), Australia (Merops ornatus) e Madagascar (Merops supercilliosus, que tamén se encontra na África continental). Dos tres xéneros da familia, Merops, que contén a maioría das especies, dáse en toda a área de distribución da familia. Nyctyornis está restrinxido a Asia, estendéndose desde India ao sur da China e ás illas indonesias de Sumatra e Borneo. O xénero Meropogon ten unha soa especie endémica de Sulawesi, Indonesia.[5]

Os abellarucos son bastante indiscriminados na súa elección de hábitat. Os seus requirimentos son simplemente ter un pousadeiro elevado desde o cal observar a presenza de presas e un terreo cun substrato axeitado no cal escavar os seus buratos para nidificar. Como capturan as súas presas no aire non dependen de ningún tipo de vexetación. Unha soa especie, a Merops muelleri, encóntrase en bosques pechados nos que se alimenta preto do chan con pouca luz nos espazos entre grandes árbores. Outras seis especies están tamén moi asociadas coas selvas, pero aparecen nos límites do hábitat, como ao longo dos ríos, en espazos deixados por árbores caídas, en árbores en cantís ou sobre copas de árbores senlleiras que asoman no dosel do bosque.[5]

As especies que se reproducen en áreas de climas tropicais e subtropicais ou temperadas de Europa, Asia e Australia son todas migratorias. O abellaruco común europeo que se reproduce no sur de Europa e Asia migra ao oeste e leste de África. Outra poboación da mesma especie reprodúcese en Suráfrica e Namibia; estas aves móvense cara ao norte despois de reproducírense. En Australia o Merops ornatus é migratorio nas áreas do sur da súa área de distribución, migrando a Indonesia e Nova Guinea, pero permanece todo o ano no norte de Australia. Varias especies de abellarucos, migran dentro de África;[5] o Merops albicollis, por exemplo, reprodúcese no límite sur do Sáhara e pasa o inverno máis ao sur na selva ecuatorial.[18] A migración máis peculiar é a do Merops nuibicoides, que ten unha migración en tres etapas; despois de reproducirse nunha faixa entre Angola e Mozambique desprázase ao sur de Botswana, Namibia e Suráfrica antes de irse cara ao norte aos seus principais territorios de invernada no norte de Angola, Congo e Tanzania.[19]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Os abellarucos son aves diúrnas, aínda que unhas poucas especies poden migrar durante a noite se o terreo durante a ruta non é axeitado para facer unha parada ou se teñen que atravesar o mar. Os abellarucos son moi sociais e sitúanse ou pousan xuntos a miúdo tan preto que se poden tocar. Moitas especies son coloniais durante a estación reprodutora e algunhas especies son tamén moi gregarias cando non están nidificando.[5]

As estruturas sociais do Merops bulocki e o Merops bullockoides foron descritos como as máis complexas nunha especie de aves.[5] Viven en colonias localizadas en cantís de nidación, e teñen unha estrutura estable durane todo o ano. Estas colonias conteñen normalmente de 5 a 50 buratos de nidación, ocasionalmente ata 200 e están compostos por clans de dúas ou tres parellas, os seus axudantes, e os seus descendentes.[20] Os axudantes son os fillos machos do ano anterior.[5] Dentro da colonia, os machos alternan entre vixiar a súa parella e intentar forzar copulacións con outras femias.[20] As femias á súa vez intentan poñer ovos nos niños dos seus veciños, un exemplo de parasitismo de crianza. Algúns individuos tamén se especializan no cleptoparasitismo, roubando as presas capturadas por outros membros da colonia. A rutina diaria da colonia é saíren dos buratos de nidación ou das pólas onde pousan de mañanciña en canto amanece, acicálarense e tomar o sol durante unha hora, e despois dispersárense para procurar alimento. Os territorios de alimentación están divididos por clans, e cada clan defende o seu territorio de todos os outros individuos da mesma especie, incluíndo clans da mesma colonia.[21] Os clans volven á colonia antes de escurecer e dedícanse a un comportamento máis social antes de retirarse para pasar a noite. As colonias sitúanse separadas varios centos de metros e teñen pouca relación entre elas, aínda que os individuos novos poden dispersarse entre colonias. Como estas especies pode pensarse que teñen catro niveis de parentesco social: a parella, a unidade familiar, o clan e a colonia no seu conxunto.[5]

Os abellarucos pasan un 10% do día en actividades dedicadas a estar confortables. Estas inclúen tomar o sol e darse baños de po ou auga. O comportamento de tomar o sol axuda a que as aves quezan pola mañá, reducindo a necesidade de usar enerxía para aumentar a súa temperatura. Isto tamén ten un aspecto social. Finalmente, poden axudar a estimular os parasitos que viven entre as súas plumas, que ao estaren máis activos son máis fáciles de atopar e eliminar pola ave. Debido ao seu estilo de nidificar en buratos, os abellarucos acumulan diversos parasitos externos como ácaros e moscas. Xunto con tomar o sol, darse baños de po (ou de auga onde se dispón desta), e acicalarse exhaustivamente, manteñen as plumas e pel en bo estado. Bañarse con auga implica ter que facer pequenos mergullos pouco profundos nun corpo de auga e despois regresan a un pousadeiro para acicalarse.[5]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Macho de Merops viridis ofrecendo á súa parella un insecto capturado.

Os abellartucos cazan insectos case exclusivamente no aire. Capturan as presas en voo continuo ou máis comunmente botándose desde un pousadeiro desde onde vixían o paso de presas. Os abellarucos máis pequenos de ás arredondadas cazan normalmente desde ramas preto do chan, mentres que as espcies maiores cazan desde as copas das árbores ou desde cables de telégrafo. Unha técnica pouco común que usan con frecuencia os Merops nubicus e Merops nubicoides é montar ás costas de aves máis grandes otídidas (avetardas, sisóns).[5]

As presas poden ser detectadas a distancia; os abellarucos comúns europeos poden detectar unha abella a 60 m de distancia, e os abellarucos de cara azul foron observados voando 100 m para capturar grandes avespas. Aproxímanse ás presas directamente ou desde atrás. As presas que aterran no chan ou sobre plantas normalmente non son perseguidas. Poden comer as pequenas presas en voo, pero levan as presas máis grandes ao seu pousadeiro, onde as golpean ata matalas e rompelas. Os insectos con aguillóns velenosos son primeiro golpeados contra unha rama, despois, cos ollos das aves pechados, fretan o insecto para que descargue o saco do veleno e o aguillón. Este comportamento é innato, como se demostrou con paxaros novos en catividade, que podían realizar a tarefa cando se lles presentaban por primeira vez abellas. Estas aves eran picadas nos primeiros cinco intentos, pero á décima abella, eran xa tan hábiles manipulando as abellas coma os adultos.[5]

Os abellarucos consomen unha ampla variedade de insectos; agás unhas poucas bolboretas de sabor desagradable comen case calquera insecto, desde as pequenas moscas Drosophila a grandes escaravellos e libélulas. Comen certas cantidades de escaravellos, efémeras, plecópteros, cigarras, térmites, grilos e saltóns, barbantesas, moscas e avelaíñas. Porén, para moitas especies as presas dominantes son himenópteros con aguillón, como avespas e abellas. Nun exame de 20 estudos realizados a proporción da dieta baseada en abellas e avespas variaba entre o 20% e o 96%, e a media era 70%. Deste 70%, as abellas do mel formaban a maior parte da dieta. A preferencia polas abellas e avespas puido orixinarse debido á abundancia destes insectos do tamaño axeitado.[5] Unha das especies que comen frecuentemente é a abella xigante, as cales intentan congregarse nunha masa de defensa contra os abellarucos.[22]

Igual que os picapeixes, os abellarucos regurxitan unha especie de egagrópilas de material non dixerido, normalmente negras e oblongas de 2 cm de longo.[5]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Cantil de nidificación de abellarucos en Modi'in, Israel

Os abellarucos son aves monógamas durante a estación reprodutora, e nas especies sedentarias, as parellas poden permanecer xuntas moitos anos. Os abellarucos migratorios poden encontrar novas parellas en cada tempada de apareamento. O cortexo que realizan é pouco espectacular, consistente nalgunhas chamadas e erguer as plumas da gorxa e ás. A excepción é a exhibición do Merops albicollis, no que na súa "exhibición de bolboreta" interveñen ambos os membros da parella que realizan un voo planado de exhibición con pequenos batidos de ás; despois pousan un fronte ao outro, elevando e pregando as ás mentres emiten chamadas.[5] A maioría dos membros da familia realizan un cortexo de alimentación no que os machos ofrecen presas á femia, e dita alimentación pode cubrir gran parte ou toda a enerxía que as femias precisan para producir ovos.[23]

Como case todos os Coraciiformes, os abellarucos aniñan en cavidades.[24] Os niños dos abellarucos son buratos escavados no substrato, xa sexa nas paredes de cantís ou directamente a nivel do chan. Ambos os sitios de nidación son vulnerables; os que están a nivel do chan son vulnerables a ser pisados ou a pequenos depredadores, e os construídos en cantís, que adoitan estar en ribeiras de ríos, son vulnerables a inundacións rápidas, que poden varrer dun golpe ducias ou centos de niños. Moitas especies poden aniñar tanto no chan coma en cantís, pero prefiren os cantís, mais o Merops boehmi sempre aniña a nivel do chan. Os buratos de nidación escávanos ambos os membros da parella, ás veces asistidos por axudantes. O solo ou a area do susbtrato é abrandado con peteiradas do seu agudo peteiro, e despois usan os pés para retirar o material solto. Suxeriuse que os depósitos de loess dos ríos que non se esborrallan ao escavalos son os preferidos polos abellarucos grandes.[25][26] Pode haber varios inicios infrutuosos nos que se empeza a escavar un niño e abandónase a metade do traballo; nas especies solitarias isto pode dar a impresión, polos moitos buratos que se obervan, de que viven en colonias cando non é así. O proceso de construción do niño pode durar vinte días, e duratne este tempo o peteiro do animal pode quedar romo ou acurtado. Xeralmente usan os niños nunha soa estación reprodutora e raramente o usan unha segunda vez, pero os que son abandonados polos abellarucos poden usalos outros paxaros, serpes e morcegos como refuxios ou lugares de reproducion.[27]

Non se usa ningún material para alfombrar a cavidade de reprodución.[28] Poñen un ovo branco por día ata que completan unha posta típica de cinco ovos.[5] Empezan a chocar os ovos en canto poñen o primeiro ovo e ambos os membros da parella comparten esa tarefa durante as horas diúrnas, pero pola noite só o fai a femia. Os ovos eclosionan en 20 días, e as crías nacen cegas, espidas e de cor rosa. Na maioría das especies, os ovos non eclosionan todos ao mesmo tempo, polo que se hai escaseza de alimentos só sobreviven os pitiños máis vellos.[5] Os adultos e novos defecan no niño, e as feces son esmagadas ao pisar polos paxaros no niño, o que fai que a cavidade de nidación sexa moi fedorenta.[28] Os pitos permanecen no niño durante uns 30 días.[5]

Pode nidificar cada parella por separado ou formar colonias pouco densas ou moi densas. As especies máis pequenas adoitan aniñar en solitario, mentres que as de mediano tamaño forman pequenas colonias, e as especies grandes e migratorias aniñan en grandes colonias que poden ter miles de aves. Nalgúns casos, as colonias poden conter máis dunha especie de abellaruco.[29] Nas especies que aniñan de forma gregaria, as parellas reprodutoras poden ser asistidas por ata cinco axudantes.[30] Estas aves poden alternar entre reproducirse elas mesmas ou ser axudantes doutras en anos sucesivos.[5]

Predadores e parasitos[editar | editar a fonte]

Merops orientalis dándose un baño de po para eliminar os parasitos.

Os niños dos abellarucos poden ser saqueados por ratas e serpes,[31] e os dultos son cazados por aves de presa como o Accipiter brevipes.[32] O Merops pusillus e o Merops bulocki son hóspedes reprodutores dos paxaros indicadores do mel Indicator indicator e Indicator minor, ambos os dous parasitos de crianza. Estas aves poñen ovos no niño do abellaruco, as crías de indicador do mel matan despois os pitiños de abellaruco e destrúen os ovos que queden. A chamada de petición de alimento do indicador do mel soa como dous pitos de abellaruco, o que lle asegura obter unha boa subministración de alimento dos abellarucos adultos.[31][33]

Os abellarucos poden ser infestados por varias moscas chuchadoras de sangue do xénero Carnus,[34] e por moscas mordedoras Ornithophila metallica.[31] Outros parasitos son piollos mastigadores do xénero Meromenopon, Brueeliaa e Meropoecus, algúns dos cales son parasitos especialistas dos abellarucos,[35][36] e a pulga Echidnophaga gallinacea. O estilo de nidificación en buratos implica que adoitan transportar unha maior carga de parasitos externos que as especies que non aniñan en buratos.[31] Os abellarucos poden tamén ser infectados por protozoos parasitos do sangue do xénero Haemoproteus como H. meropis.[37]

As larvas de moscas do xénero Fannia viven nos niños de polo menos os abellarucos comúns europeos, e aliméntanse das feces e restos de comida que hai no niño. A súa presenza e actividades de limpeza parecen ser beneficiosas para o desenvolvemento dos abellarucos.[38]

Status[editar | editar a fonte]

Merops nubicoides está sendo moi negativamente afectado pola persecución e perda de hábitat.

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) avalía a vulnerabilidade das especies en termos de poboación total e a velocidade de declive das poboacións. Ningún dos abellarucos está dentro dos criterios de vulnerablilidade da IUCN, polo que son avaliados como en situación de "menor preocupación".[39]

As especies de campo aberto, que comprenden a maioría dos abellarucos, na súa maioría expandiron a súa área de distribución a medida que se convertía máis terra en terreos agrícolas, pero algunhas especies de bosques tropicais sufriron un declive pola perda do seu hábitat, aínda que ningunha especie ou subespecie está en situación preocupante. Hai certa persecución humana dos abellarucos, na que os seus niños son bloqueados, dispárase aos adultos ou son atrapados con trampas pegañentas, ou as crías son capturadas como alimento. O que xeralmente é máis problemático é a destrución non intencionada dos niños. Isto pode ocorrer cando son pisados polo gando, como lle ocorre ao Merops muelleri en Kenya, ou pola perda dos bosques como a conversión masiva dos bosques nativos en plantacións de palmeira aceiteira en Malaisia.[5]

Un estudo feito sobre o Merops nubicoides en Zimbabwe demostrou que estaba afectado por interferencias deliberadas e a persecución e perda de bosques, e que os seus sitios de nidificación se perdían por unha mala xestión da auga que orixinaba danos nas ribeiras dos ríos, construción de presas e o lavado de areas auríferas. As colonias estánse concentrando nos parques nacionais e no val do Zambeze. O moi estudado abellaruco común europeo é capturado ou cazado a tiros durante as súas migracións aos países que beirean o Mediterráneo, e estímase que só en Chipre se matan uns 4.000 a 6.000 ao ano, pero cunha poboación global existente de entre 170.000 e 550.000 incluso as perdas a esa escala teñen un impacto pequeno.[5]

Na cultura[editar | editar a fonte]

Aristóteles aconsellou matar os abellarucos para protexer as colmeas de abellas.

Os abellarucos foron mencionados por autores antigos como Aristételes e Virxilio, e ambos aconsellaron matar os abellarucos. Aristóteles sabía que os abellarucos aniñaban no fondo de túneles de 2 m de longo e cal era o tamaño da súa posta de ovos. Dixo que os adultos que nidificaban eran alimentados polos seus propios fillos, baseándose na observación, comprobada modernamente nalgunhas especies, de que os paxaros axudan a aos nidificantes emparentados.[40] Na mitoloxía grega, Botres de Tebas foi mortalmente golpeado polo seu pai por profanar un sacrificio ritual dun carneiro ao deus Apolo ao probar o cerebro da vítima. O deus tivo piedade del e converteuno nun abelaruco.[41]

Os antigos exipcios crían que os abellarucos tiñan propiedades medicinais, e prescribían a aplicación de graxa de abellaruco para deter as picaduras de moscas, e trataban os ollos co fume de patas queimadas de abellaruco para curar doenzas femininas non especificadas.[40]

No hinduísmo a forma que adoptaba o paxaro durante o voo críase que semellaba un arco, no que o longo peteiro era a frecha. A isto débese un nome sánscrito da ave que significa "arco de Vishnu" e a súa asociación cos deuses arqueiros. Críase que os calumniadores se reencarnaban en abellarucos, debido ao veleno que metaforicamente levaban nas súas bocas.[40]

As representacións na arte clásica son raras para ser un paxaro tan rechamante. O único exemplo coñecido do Antigo Exipto é un relevo que probablemente é dun pequeno Merops orientalis, que se encontra nunha parede do templo mortuorio da raíña Hatshepsut, e un mural romano antigo representando abellarucos de cara azul na vila de Agripina. Os abellarucos aparecen en selos de correos de polo menos 38 países, os máis comúns son o abellaruco común europeo e os Merops nubicus e Merops nubicoides.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BUSCcatermos abellaruco, que dá como referencias: "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada." Chioglossa, 1 (1999): 121-138. Guía das aves de Galicia. A Coruña, Baía Edicións, 1991 Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005. "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. VV. AA. (2012). Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo.
  2. Rafinesque, Constantine Samuel (1815). Analyse de la nature: ou, Tableau de l'univers et des corps organisés (en French). Palermo: Self-published. p. 66. 
  3. Bock, Walter J. (1994). History and Nomenclature of Avian Family-Group Names. Bulletin of the American Museum of Natural History. Number 222. New York: American Museum of Natural History. pp. 190, 252. 
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 251. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 5,17 5,18 5,19 5,20 5,21 5,22 5,23 5,24 5,25 5,26 5,27 5,28 Fry, C. Hilary. del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A.; de Juana, Eduardo, eds. "Family Meropidae: Bee-eaters-". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 13 October 2016. (require subscrición (?)). 
  6. Fry, C. Hilary (2010) [1984]. The Bee-Eaters. Poyser Monograph. London: Poyser. p. 195. ISBN 978-1-4081-3686-7. 
  7. 7,0 7,1 Hackett, Shannon J.; Kimball, Rebecca T.; Reddy, Sushma; Bowie, Rauri C. K.; Braun, Edward L.; Braun, Michael J.; Chojnowski, Jena L.; Cox, W. Andrew; Han, Kin-Lan; Harshman, John; Huddleston, Christopher; Marks, Ben D; Miglia, Kathleen J.; Moore, William S.; Sheldon, Frederick H; Steadman, David W; Witt, Christopher C.; Yuri, Tamaki (2008). "A phylogenomic study of birds reveals their evolutionary history". Science 320 (5884): 1763 –1768. Bibcode:2008Sci...320.1763H. PMID 18583609. doi:10.1126/science.1157704. 
  8. Mayr, Gerald (2009). Paleogene Fossil Birds. Heidelberg: Springer. pp. 14. ISBN 978-3-540-89627-2. 
  9. 9,0 9,1 Prum, Richard O.; Berv, Jacob S.; Dornburg, Alex; Field, Daniel J.; Townsend, Jeffrey P.; Lemmon, Emily Moriarty; Lemmon, Alan R. (2015). "A comprehensive phylogeny of birds (Aves) using targeted next-generation DNA sequencing". Nature 526 (7574): 563 –573. Bibcode:2015Natur.526..569P. PMID 26444237. doi:10.1038/nature15697. 
  10. Peters, James Lee, ed. (1945). Check-list of Birds of the World. Volume 5. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. 229–238. 
  11. Fry, C. Hilary (1969). "The evolution and systematics of bee-eaters (Meropidae)". Ibis 111 (4): 557–592. doi:10.1111/j.1474-919X.1969.tb02567.x. 
  12. 12,0 12,1 Marks, Ben D.; Weckstein, Jason D.; Moyle, Robert G. (2007). "Molecular phylogenetics of the bee-eaters (Aves: Meropidae) based on nuclear and mitochondrial DNA sequence data" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 45 (1): 23–32. PMID 17716922. doi:10.1016/j.ympev.2007.07.004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de agosto de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  13. Fry, Hilary C.; de Juana, Eduardo; Boesman, Peter; Kirwan, Guy M. (2013). del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A.; de Juana, Eduardo, eds. "Asian Green Bee-eater (Merops orientalis)". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 20 October 2016. (require subscrición (?)). 
  14. del Hoyo, Josep; Collar, Nigel; Kirwan, Guy M. (2013). del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A.; de Juana, Eduardo, eds. "Arabian Green Bee-eater (Merops cyanophrys)". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 20 October 2016. (require subscrición (?)). 
  15. del Hoyo, Josep; Collar, Nigel; Kirwan, Guy M. (2013). del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A.; de Juana, Eduardo, eds. "African Green Bee-eater (Merops viridissimus)". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 20 October 2016. (require subscrición (?)). 
  16. Fry, C. Hilary (2010) [1984]. The Bee-Eaters. Poyser Monograph. London: Poyser. p. 29. ISBN 978-1-4081-3686-7. 
  17. Siefferman, Lynn; Wang, Yuan-Jyun; Wang, Yi-Ping; Yuan, Hsiao-Wei (2007). "Sexual dichromatism, dimorphism, and condition-dependent coloration in blue-tailed bee-eaters". Condor 109 (3): 577–584. doi:10.1650/8201.1. 
  18. Fry, C. Hilary; Boesman, P. (2013). del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A.; de Juana, Eduardo, eds. "White-throated-Bee-eater(Merops albicollis)". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 25 October 2016. (require subscrición (?)). 
  19. Hoare, Ben (2009). Animal migration: remarkable journeys in the wild. University of California Press. p. 148. ISBN 978-0-520-25823-5. 
  20. 20,0 20,1 Emlen, S. T.; Wrege, P. H. (1996). "Forced copulations and intra-specific parasitism: two costs of social living in the white-fronted bee-eater". Ethology 71 (1): 2–29. ISSN 0179-1613. doi:10.1111/j.1439-0310.1986.tb00566.x. 
  21. Hegner, Robert E.; Emlen, Stephen; Demong, Natalie J. (1982). "Spatial organization of the white-fronted bee-eater". Nature 298 (5871): 264–266. Bibcode:1982Natur.298..264H. doi:10.1038/298264a0. 
  22. Kastberger, Gerald; Sharma, D. K. (2000). "The predator-prey interaction between blue-bearded bee eaters (Nyctornis athertoni Jardine and Selby 1830) and giant honeybees (Apis dorsata Fabricius 1798)" (PDF). Apidologie 31: 727–736. doi:10.1051/apido:2000157. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  23. Avery, M. T.; Krebs, J. R.; Houston, A. I. (1988). "Economics of courtship-feeding in the European bee-eater (Merops apiaster)". Behavioral Ecology and Sociobiology 23 (2): 61–67. doi:10.1007/BF00299888. 
  24. Eberhard, Jessica R. (2002). "Cavity adoption and the evolution of coloniality in cavity-nesting birds". Condor 104 (2): 240–247. ISSN 0010-5422. doi:10.1650/0010-5422(2002)104[0240:CAATEO]2.0.CO;2. 
  25. Smalley, Ian; O'Hara-Dhand, Ken; McLaren, Sue; Svircev, Zorica; Nugent, Hugh (2013). "Loess and bee-eaters I: Ground properties affecting the nesting of European bee-eaters (Merops apiaster L.1758) in loess deposits". Quaternary International 296: 220–226. Bibcode:2013QuInt.296..220S. doi:10.1016/j.quaint.2012.09.005. 
  26. McLaren, Sue; Svircev, Zorica; O'Hara-Dhand, Ken; Heneberg, Petr; Smalley, Ian (2014). "Loess and Bee-Eaters II: The 'loess' of North Africa and the nesting behaviour of the Northern Carmine Bee-Eater (Merops nubicus Gmelin 1788)". Quaternary International. 334–335: 112–118. Bibcode:2014QuInt.334..112M. doi:10.1016/j.quaint.2014.01.040. 
  27. Casas-Crivillé, A.; Valera, F. (2005). "The European bee-eater (Merops apiaster) as an ecosystem engineer in arid environments". Journal of Arid Environments 60 (2): 227–238. doi:10.1016/j.jaridenv.2004.03.012. 
  28. 28,0 28,1 Fry, C. Hilary (2010) [1984]. The Bee-Eaters. Poyser Monograph. London: Poyser. p. 19. ISBN 978-1-4081-3686-7. 
  29. Kossenko, S. M.; Fry, C. Hilary (1998). "Competition and coexistence of the European Bee-eater Merops apiaster and the Blue-cheeked Bee-eater Merops persicus in Asia". Ibis 140 (1): 2–13. doi:10.1111/j.1474-919X.1998.tb04535.x. 
  30. Fry, C. Hilary; Fry, Kathie; Harris, Alan (1992). Kingfishers, Bee-eaters, and Rollers. London: Christopher Helm. p. 19. ISBN 978-0-7136-8028-7. 
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 Fry, C. Hilary (2010) [1984]. The Bee-Eaters. Poyser Monograph. London: Poyser. pp. 231–235. ISBN 978-1-4081-3686-7. 
  32. Christie, David A.; Ferguson-Lees, James (2010). Raptors of the World. London: Bloomsbury. p. 530. ISBN 978-0-7136-8026-3. 
  33. Spottiswoode, Claire N.; Koorevaar, Jeroen (2011). "A stab in the dark: chick killing by brood parasitic honeyguides". Royal society: Biology Letters 8 (2): 1–4. doi:10.1098/rsbl.2011.0739. 
  34. Valera, F.; Casas-Crivillé, A.; Hoi, H. (2003). "Interspecific parasite exchange in a mixed colony of birds". Journal of Parasitology 89 (2): 245–250. PMID 12760636. doi:10.1645/0022-3395(2003)089[0245:IPEIAM]2.0.CO;2. 
  35. El-Ahmed, A.; Gamal, el-D. N.; Shobrak, M.; Dik, B. (2012). "First records of the chewing lice (Phthiraptera) associated with European bee eater (Merops apiaster) in Saudi Arabia". Journal of the Egyptian Society of Parasitology 42 (3): 525–533. PMID 23469628. doi:10.12816/0006338. 
  36. Karáth, Kata; Fuisz, Tibor István; Vas, Zoltán (2013). "Louse (Insecta: Phthiraptera) infestations of European Bee-eaters (Merops apiaster Linnaeus, 1758) at Albertirsa, Hungary" (PDF). Ornis Hungarica 21 (2): 33–37. doi:10.2478/orhu-2014-0003. 
  37. Mohammad, Mohammad K.; AlNeaim, Taha M. (2000). "Blood parasites of two bee-eaters in Iraq". Bulletin of the Iraq Natural History Museum 9 (2): 71–77. 
  38. Krištofík, Ján; Darolová, Alžbeta; Hoi, Christine; Hoi, Herbert (2016). "Housekeeping by lodgers: the importance of bird nest fauna on offspring condition". Journal of Ornithology: 1 –8. doi:10.1007/s10336-016-1384-9. 
  39. "Bee-eaters". IUCN. 2016. Consultado o 13 October 2016. [Ligazón morta]
  40. 40,0 40,1 40,2 Cocker, Mark (2013). Birds and People. London: Jonathan Cape. pp. 322–323. ISBN 978-0-224-08174-0. 
  41. Irving, P. M. C. Forbes (1990). Metamorphosis in Greek Myths. Oxford Classical Monographs. Oxford: Clarendon Press. p. 108. ISBN 978-0-19-814730-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]