Merops (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Merops
Merops persicus
Merops persicus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Coraciiformes
Familia: Meropidae
Xénero: '' Merops ''
Linnaeus, 1758
Especies

Moitas, ver texto

Merops apiaster, o abellaruco común.

Merops é un amplo xenero de aves da familia Meropidae, que comprende os abellarucos ou abelleiros. Os membros desta familia de aves do Vello Mundo caracterízanse pola súa plumaxe de rechamante colorido, corpos delgados e xeralmente plumas da cola centrais alongadas.[1] Predominantemente comen insectos, especialmente abellas e avespas, que capturan no aire. En Galicia están presentes o Merops apiaster (abellaruco) e detectouse o errante menos común Merops persicus (ver Lista de aves de Galicia).

Todas as aves comedoras de abellas están clasificadas no xénero Merops e na subfamilia Meropinae agás tres especies asiáticas da subfamilia Nyctyornithinae (xéneros Nyctyornis e Meropogon).

As especies incluídas no xénero Merops son[2]:

  • Merops albicollis
  • Merops apiaster
  • Merops boehmi
  • Merops breweri
  • Merops bullocki
  • Merops bullockoides
  • Merops gularis
  • Merops hirundinaeus
  • Merops leschenaulti
  • Merops malimbicus
  • Merops mentalis
  • Merops muelleri
  • Merops nubicus
  • Merops nubicoides
  • Merops oreobates
  • Merops orientalis
  • Merops ornatus
  • Merops phillipinus
  • Merops persicus
  • Merops pusillus
  • Merops revoilii
  • Merops superciliosus
  • Merops variegatus
  • Merops viridis

Notas[editar | editar a fonte]

  1. C H Fry & Kathie Fry; illustrated by Alan Harris (2000). Kingfishers, Bee-eaters and Rollers. Princeton University Press. ISBN 0-691-04879-7. 
  2. Merops (xénero) en Biolib