Merops persicus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Abellaruco de cara azul
Blue cheeked bee eater.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Coraciiformes
Familia: Meropidae
Xénero: 'Merops'
Especie: M. persicus
Nome binomial
'Merops persicus'
Pallas, 1773

O Merops persicus é unha especie de aves da familia dos abellarucos, Meropidae. Cría no Norte de África e no Oriente Próximo desde o leste de Turquía a Casaquistán e India. Algúns exemplares desde o norte de África voan máis ao norte e poden aparecer como aves errantes principalmente en Italia e Grecia, e a especie tense detectado tamén en Galicia, polo que figura na Lista de aves de Galicia, na que se lle dá o nome de abellaruco de cara azul. Xeralmente é unha ave moi migratoria, que inverna na África tropical, aínda que algunhas poboacións crían e viven arredor do Sahel.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta especie, igual que outros abellarucos, ten unha plumaxe moi coloreada, e un peteiro fino. É predominantemente verde; a súa cara é azul na parte lateral cunha banda negra ocular, e unha gorxa amarela e castaña, e peteiro negro. Pode chegar a ter unha lonxitude de 31 cm, e as súas plumas alongadas centrais da cola engaden outros 7 cm máis á lonxitude. Os sexos son moi semellantes, mais as plumas longas da cola da femia son máis curtas.[2]

É unha ave que cría en áreas subtropicais semidesérticas con poucas árbores, xeralmente acacias. Inverna en bosques abertos ou pradeiras. Os abellarucos comen maiormente insectos, especialmente abellas, e avespas, que capturan no aire facendo saídas desde un pousadeiro aberto. Porén, esta especie probablemente captura máis libélulas que outras presas.

Os abellarucos desta especie poden facer o niño en solitario ou en colonias pouco densas de ata dez paxaros. Poden tamén facer niños en colonias xunto ao abellaruco común (Merops apiaster). Os niños están localizados en bancos areosos, terrapléns, penedos baixos ou nas ribeiras do mar Caspio. Constrúen un túnel relativamene longo de 1 a 3 m de lonxitude no fondo do cal poñen de catro a oito (comunmente seis ou sete) ovos esféricos brancos. Encárganse do coidado dos ovos tanto o macho coma a femia, aínda que a femia é a única que choca os ovos durante a noite. A incubación dura de 23 a 26 días.[2]

A súa chamada soa 'máis plana' e menos 'afrautada' que a do abellaruco común.

Thumamah, KSA 1992
Ovos de M. persicus.
M. persicus cunha libélula.
M. persicus.

Subspecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:[3]

A especie está moi relacionada con Merops philippinus do leste de Asia, e con Merops superciliosus de África, e foi tratada como a mesma especie (conespecífica).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Merops persicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Fry, Hilary (2001). "Family Meropidae (Bee-eaters)". En del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi. Handbook of the Birds of the World. Volume 6, Mousebirds to Hornbills. Barcelona: Lynx Edicions. p. 337. ISBN 978-84-87334-30-6. 
  3. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]